O público asistente abarrotou a sala da planta baixa da Biblioteca Municipal para participar na interesante tertulia arredor de San Miguel da Coelleira e a vila asulagada de Estabañón. O aforo resultou insuficiente. Así estaba a sala antes de dar comezo ao acto.
O noso colectivo agradece a participación de todas as persoas que asistiron ao acto--algunhas delas de pé e na entrada da sala--e moi especialmente a dos dous convidados á tertulia: Manuel Miranda e Manuel Gago.
19/04/15
10/04/15
O SÁBADO 18 DE ABRIL TEMOS TERTULIA
TERTULIA CON IMAXES DOS VESTIXIOS DO MOSTEIRO DE
SAN MIGUEL E DE ESTABAÑÓN
O vindeiro sábado 18 de abril os mariñaos imos ter
a oportunidade de coñecer máis datos
arredor do mosteiro de San Miguel da
Coelleira e tamén da vila asulagada de Estabañón. Serán Manuel Gago, xornalista
cultural e profesor da USC, xunto co presidente da asociación sociocultural
MariñaPatrimonio, Manuel Miranda, os protagonistas da tertulia convocada polo noso
colectivo que se desenvolverá , desde as sete da tarde, na sala da planta
baixa da Biblioteca Municipal de
Viveiro.
Recentemente Manuel
Miranda ten se preocupado sobre o futuro
dos restos en Area-Faro e fixo pública a situación de precariedade na que se
atopa este sitio arqueolóxico polo que, para o colectivo organizador desta
tertulia, é a persoa indicada para informar arredor da historia da vila asulagada de Estabañón.
Manuel Gago, despois da
súa última visita á Coelleira, escribiu
que esta illa “é unha das grandes fábricas de lendas de Galiza” sobre a
que teñen escrito varios eruditos locais. Moitos mariñaos coñecen a lenda que fala do seu mosteiro templario. Aínda que
entre o primeiro documento que se conserva
do 1095 e os que volven aparecer, xa no XV, hai “un lapso misterioso de
trescentos anos—di Gago—nos que non hain
nin rastro da historia do Monteiro de San Miguel”.
Na útima visita que
Manuel Gago e Manuel Miranda de MariñaPatrimonio fixeron á Coelleira puideron
comprobar que o mosteiro,“lonxe de ser un mito, existe, e segue en certo xeito
en pé, mergullado en fieitos"
A proxección das imaxes
sobre os vestixios do mosteiro de San Miguel e tamén as dos restos descubertos
polas últimas vagas de mar en Area, servirán para completar esta tertulia á que
o colectivo organizador convida a participar.
06/04/15
LEMBRANDO A ACTUACIÓNDE UXÍA E NARF
Agradecendo o traballo feito polo noso asociado Abella Albo para gravar a actuación de Uxía e Narf o pasado 27 de marzo no Teatro Pastor Díaz, deixámosvos aquí un anaquiño deste fermoso concerto.
Que vos preste!
Tertulia con M. Gago e M. Miranda
"ARREDOR DUNHA
ILLA, UN MOSTEIRO E UNHA VILA ASULAGADA: DE SAN MIGUEL DA COELLEIRA A
ESTABAÑÓN”
O vindeiro sábado 18 de abril, ás 19 horas, o noso colectivo viveirés organiza unha Tertulia aberta ao público que contará
coas intervencións de Manuel Gago e Manuel Miranda.
“Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da
Coelleira a Estabañón” é o título desta actividade que se desenvolverá na sala da planta baixa da Biblioteca
Municipal de Viveiro e na que tamén se proxectarán imáxes sobre os vestixios do
mosteiro de San Miguel e o sitio arqueolóxico de Estabañón.
Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da
Universidade de Santiago de Compostela, especializado en deseño e desenvolvemento
de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural,
gastronomía e ciencia e Manuel Miranda, presidente do colectivo sociocultural
MariñaPatrimonio serán os encargados de descubrirnos aspectos destes dous
lugares tan descoñecidos para agrande
maioría das persoas.
O colectivo
organizador lembra que a entrada a esta tertulia é libre até completar o aforo
da sala.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)