REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

20/05/19

Luns 27 de maio: reunión do Clube de Lectura




CLUBE DE LECTURA
 Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA
Viveiro


Data da vindeira reunión: luns 27 de maio de 2019.
Local: Cafetaría “La Plata” ( R/ Pastor Díaz)
Hora: 19 horas.
Libro: “Cándido” de Voltaire



07/05/19

"Cándido" de Voltaire



 O "Cándido" de Voltaire é o libro que escolleron as persoas que fan parte do noso Clube de Lectura.
A reunión será o luns 27 de maio.



Cándido é a obra máis universal de Voltaire (...) impresionado polo terremoto de Lisboa de 1775, Voltaire indígnase contra os filósofos que queren demostrar que todo é para ben e que vivimos no mellor dos munoos posibles. A súa indignación fermentou en escepticismo e ironía. (Josep Ramoneda, Leccións de Literatura Universal) . Cándido no medio dun torbeliño de personaxes e aventuras, atopa a súa unidade na ridiculización do sistema filosófico de Leibnitz. (..,) o refrán do conto «todo é óptimo no mellor dos mundos posibles)) é unha distorsión que acentúa aínda máis a pregunta de cándido: ``se este é o mellor dos mundos posibles, ¿cómo serán daquela os demais?´´ (...) Cándido é un torbeliño de aventuras, un tolo correr que plasma na súa veloz evocación o absurdo dun mundo cheo de violencia, de arbitrariedade, de inxustiza (Elena Diego, Introducción a Cándido). Voltaire acometerá a reconstrucción dun discurso ortodoxamente irónico no seu relato máis sonado Cándido ou o optimismo (...). O optimismo reside no feito de atopar acertadamente o espacio onde establecernos. Resolver onde existir eríxese como clave para saber como existir (...). O personaxe, que cre provir dun paraíso, inserirase vagarosamente nun antiparaíso, onde o lector, bastante distanciado polos mecanismos irónicos de Voltaire, sabe que os valores representados por Cándido son só valores para o Cándido Cándido (Javier del Prado, historia da Literatura Francesa).

03/05/19

A Comuna do Barruzo




Luns 6 de maio de 2019
19:30 horas
Salón de usos múltiples do Concello de Viveiro


A COMUNA DEL BARRUZO.
Primeiro disco -libro en galego-asturiano para nenas, nenos e adultos que ainda o son.

Dirección artística e composicións:Ugia Pedreira
Producción musical, grabación, mistura e composicións:  Pierrot Rougier.
Ilustracións:Mónica Justo.
Colaboradores: Rosa Cedrón ( cello), Quim Farinha (violinos), Chus Diaz (sitar), Marina Oural (declamación)

Idea orixen e productora executiva: Mialmaproduciois Creativas.
Editorial:Noente Paradise (aCentral Folque)
Maquetación: Ricardo Cabanelas.
Masterización: Estudios Abrigueiro.


Este disco libro situase e inspirase no territorio Eo-Navia no Occidente asturiano, lugar onde moran os habitantes da Comuna del Barruzo e os seres que a protexen. O disco libro consta de 10 cancións escritas en galegoasturiano , unhas,  de poetas da zona como Héctor Acebo, Quique Roxíos, Belén Rico e Arturo Alvarez e as outras autorias son do bretón amigo da Comuna Nicolás Kervazo, de Ugia Pedreira e Pierrot Rougier, estes últimos cantores e compositores das músicas. Unha obra concebida entre as cosmovisións de bretons, galegas e astures. É a COMUNA DEL BARRUZO unha oda á ruralidade como fonte auténtica fonte de recursos para a supervivencia, unha alabanza á natureza e polo tanto o seu máximo respeto e coidado, unha apoloxía dos contrastes e diferencias. É a confirmación da riqueza de imaxinario, hipoteses, patrimonio material e inmaterial que xera unha zona de tránsito, de fronteira como o territorio entre estos dous rios, Eo-Navia. Este libro disco aporta un traballo de alta calidade para abrir unidades didácticas pedagoxicas no ensino do galego-asturiano e para constatar a importancia que ten a Arte achegada ao territorio como columna vertebral duma comunidade que se respeta, que se coida e se desenvolve nel.

Cada cantiga vai identificada con un Ser Máxico que protexe a quen mora na Comuna del Barruzo e son responsabeis de manter unha serie de valores necesarios para a boa convivencia.
A Nena Pisquela _ A Isla dos Ventos_ Nayundes_ Irmá Florita_ A toba_ Natura_ O ser das Ervas_ O dicotín_ Gargallú_ A Encantada.

Os valores da Comuna del Barruzo rexense por estes baremos: a ecologia como hàbito/ a creatividade como saude / a curiosidade e a variación son motores da intelixencia / a non exclusión de ningún ser dentro das linaxes / o aproveitamento do natural sen manipulación / o soños como información valiosa de futuro/ o xogo como pilar de relacionamento / a proximidade de recursos materiais e inmaterias como sustentabilidade/ aceptación de todas as emocións como informativas para mellorar a sua xestión / emponderamento da imaxinación e consentimento dos páxaros na cabeza / tolerancia co aburrimento para verse desde fora e dentro / o cambio como poder transformador / a improvisación como compañeira de camiños

   Os ritmos das canciois van desde pop-rock a orquestaciois máis clásicas de musica de cámara, a concepciois mais étnicas, detalles de folk galegoastur, bretón, gaélico, da India, sons que recordan debuxos de Miyasaki, tedes un reegee, ou rag-time, todas as músicas creadas para ser bailabeis carregadas de detalles, de reminiscencias do pop-rock internacional. A Comuna del Barruzo aposta pola expresión do movemento como manifestación de vida e polo tanto de  aprendizaxe.
   A modo pedagóxico cada letra leva indicado a variedade instrumental que se interpreta para traballar a sua identificación na escola, na casa onde quixerades, creandose asi paisaxes sonoras diferentes adaptados a temática e ao Ser máxico, atoparedes desde cromorno antigo, guitarras diferentes, sitar, cello, flautas, mandolinas, panderetas, caixon, pandeiros, violinos, silvos, carraca, sintetizadores, samples…
   As letras e poemas apelan a determinados pontos da comarca en contexto co contexto social mundial, seguen unha liña de humor e firmeza “sen infantilizar” o discurso e incentivando á pregunta e cuestionamento como camiño posibel.


Facebook, youtube , cachín clip: