01/11/14
29/10/14
24/10/14
CONVIDÁMOLOS A "18 COMIDAS"...
Seguimos co ciclo e este mércores 29 de outubro convidámolos a "18 comidas", a película que J. Coira nos trae a Viveiro.
“18 comidas” trata dun músico da rúa que reencontra o amor da súa vida; dous borrachos almorzan cubatas con marisco; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; dous homes quérense mais agóchanse; una cociñeira soña con ser cantante… Todas estas historias cruzanse ao longo dun día de ficción en “18 comidas”.
Jorge Coira, nacido en Rábade (Lugo), comezou a súa carreira profesional a finais dos 90.
A súa formación, fundamentalmente autodidacta, complementouse coa asistencia a cursos e obradoiros con profesores como Michael Radford, Víctor Erice, Allan Starski, Béatrice Caufman, Robert Lovenheim, Víctor Duplá e Mariano Barroso, ademais de participar na primira edición do Berlinale Talent Campus.
A súa experiencia inclúe cine, televisión, vídeocreación e teatro.
No terreo do cine, tralos comezos en curtametraxes entre as que destacan Mofa e Befa en Gran Liquidación e O Matachín (esta última cun bo percorrido de festivais e premios internacionais), en 2004 estreou a súa primeira longametraxe: O Ano da Carracha.
En televisión, ademais do seu labor en publicidade y videoclips, o seu traballo centrouse na dirección de series, participando en series como Terra de Miranda, As Leis de Celavella, Padre Casares e, recentemente, Luci (unha das primeiras series españolas en ser vendida para a súa versión nos E.E.U.U.); así como a tv-movie Entre Bateas. E desde 2007, dirixe con frecuencia series de ámbito nacional como El Comisario, RIS, Piratas ou Pelotas.
Outro dos terreos nos que máis traballou é o documental, onde destacan os documentais de creación ¿Qué Culpa Tiene el Tomate? (estreado no MoMA en Nova York en 2009), ou Días de Reparto, ademais de traballos televisivos como Chunda Chunda.
Noite de curtas
O pasado mércores tivemos unha intensa noite de curtametraxes. O cineasta Xacio Baño sorprendeunos con cinco das súas obras. Bo comezo para o ciclo de cine "Dirixido por..." Na foto, feita pola nosa compañeira Ana Mejuto co seu teléfono móbil, pode apreciarse parte do público asistente. Arredor de cincuenta amadores e amadoras do cine que non se asustan cos derrubes do antigo Cine Orfeo--que botaron abaixo ese mesmo día--nen co peche dos Multicines A Mariña. ( E nós, tan cuidados@s que programabamos as sesións de cine para os mércores por ser este o día de descanso nas tres salas de A Misericordia! ).
Grazas Xacio pola túa contribución ao noso ciclo. Grazas pola túa "relación de acordes", pola túa visión estereoscópica, polos teus "anacos", por estar entre o lóstrego e o trono, por "ser e voltar". A túa avoa non leva razón. Sabemos que vai ser de ti. Grazas por te dedicares ao cinema.
17/10/14
XACIO BAÑO ABRE O CICLO DE CINE "DIRIXIDO POR..."
O mércores 22 de outubro Xacio Baño abre o ciclo de cine "Dirixido por...". Será ás 20.30 horas, no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro. A entrada, é libre até completar o aforo.
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA achegará a Viveiro directores e directoras de cine para que presenten a súa obra e participen nun coloquio posterior co público asistente.
O primeiro dos directores que intervirán é Xacio Baño.
Xacio naceu en Xove , en 1983. Estuda Cinematografía na
Universidade de León, especialidade en Montaxe. Despois de colaborar en todo
tipo de curtametraxes, documentais, formatos, etc., desempeñando sobre todo
tarefas de edición e postprodución, decide dar o paso á
dirección.
As obras de Xacio Baño obtiveron varios premios: ALCINE (Sección Oficial, por Anacos), Curtocircuito (Mellor Curtametraxe, por Estereoscopía), Festival de Cans, (Mellor Curtametraxe por Estereoscopía), Festival de Málaga, (Sección Oficial – Cortos por Estereoscopía), Toulouse Cinespaña, (Sección Oficial – Cortos por Estereoscopía)…
Máis
recentemente, o
prestixioso Festival Internacional de Cinema de Locarno, un dos eventos que califican
para os Oscar, contou con presenza galega. A curta de non ficción Ser e
voltar, de Xacio Baño—que tamén veremos en Viveiro--proxectouse no marco da
sección Pardo di Domani. A curta de Baño amosa as tentativas do propio director
de explicarlle aos seus avós en qué consiste o seu traballo no cinema.
Agardámosvos pois o mércores 22 no salón de actos do IES María Sarmiento para achegarnos ao cine da man do director Xacio Baño.
01/06/14
26/05/14
"Por ceibar a voz" no Teatro Pastor Diaz
Desde hai uns meses as asociacións
culturais da comarca vimos desenvolvendo actividades para homenaxear ao
músico Miro Casabella. O pasado 25 de abril foi a vila de Ribadeo a
que acolleu o primeiro dos concertos “Por ceibar a voz” e agora o nos Colectivo organiza en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, o segundo dos
concertos de homenaxe ao músico do Valadouro.
Será o vindeiro 7 de xuño, ás
oito e media da tarde e nel intervirán, ademais de Miro Casabellabella o cantautor
guardés Tino Baz, a Coral Polifónica Alborada, David Bellas e músicos do
Conservatorio Profesional de Viveiro.
18/05/14
Xa facemos parte da Federación de Cineclubes
A Asemblea da Federación de Cineclubes de Galiza celebrada a principios deste mes de maio admitiu a nosa solicitude para facer parte da Federación.
Así que agora, xa como membros activos desta Federación, programaremos máis actividades de Cineclube.
Terémosvos informados.
Así que agora, xa como membros activos desta Federación, programaremos máis actividades de Cineclube.
Terémosvos informados.
10/03/14
Venres 14 de marzo, ás 8 da tarde...
...e non ás 20:30 horas como tiñamos informado anteriormente.
A entrada é libre até completar o aforo.
A entrada é libre até completar o aforo.
06/03/14
"Por que se incrementa o recibo da luz? "
Continuando coa Programación de Inverno o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza o vindeiro 14 de marzo un acto informativo baixo o título"Por que se incrementa o recibo da luz? ".
O acto, que estará a cargo do economista Adrián Dios Vicente, ( Serra de Outes, 1989 ), Licenciado en Economía pla USC e Mestre en Desenvolvemento Económico e Innovación. autor dunha tese doutoral sobre o sistema eléctrico, terá lugar na Sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro o venres 14 de marzo ás 20:30 horas.
A entrada a este acto público é libre até completar o aforo da sala.
A entrada a este acto público é libre até completar o aforo da sala.
Por outra banda o colectivo viveirés informa que segue aberta a exposición
28/02/14
CASARES, LUCES E SOMBRAS
Casares, luces e sombras é o título da exposición de fotografías coa que nos agasalla Pepe Ventureira.
Estará aberta durante a primeira quincena de marzo na Sala da planta baixa da Biblioteca Municipal.
Estará aberta durante a primeira quincena de marzo na Sala da planta baixa da Biblioteca Municipal.
25/02/14
24/02/14
O Recital ( Resumo fotográfico )
Vén de rematar o Recital Viveiro con Rosalía. O acto iniciouse coa música do Grupo de Corda do Conservatorio, dirixido polo profesor Cabalar.
Seguiu unha pequena presentación onde se deu lectura ao Manifesto do Día de Rosalía.
O capitán Pino, non puido estar presente. A esa hora gobernaba o seu barco, mais a través do vídeo chegounos a poesía de Rosalía.
A nena máis aplaudida: Carme Chaves, alumna de Primaria no Colexio de Covas.
Marta Fra, monitora de natación, leu a Rosalía desde a Piscina Municipal.
A xornalista Mar García deleitounos con Campanas de Bastabales.
María do Mar ( Tecín soia a miña tea... ) e María Pal ( Sen niño ) , no ensaio xeral.
Daniel Noriega recitounos Roxiña cal sol dourado.
O adestrador de fútbol Guillerme Pigueiras, lendo no Campo do Cembedo.
Mar García, María Xosé Penso, Ánxel Vázquez e Paco Chao, entre o público.
14/02/14
UN RECITAL CON ACOMPAÑAMENTO MUSICAL
Como xa tiñamos anunciado o colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA conmemorará o Día de Rosalía en Viveiro, o luns 24 de febreiro, contando coa colaboración de persoas de distintas idades e profesións que recitarán poemas da escritora.
Intervirán: Daniel F. Noriega ( empresario ), María do Mar García ( empregada ), Paco Chao
( comerciante ), Delio Represas ( músico ), María Pal ( camareira ), Guillermo Pigueiras
( adestrador de fútbol ), Mª Ánxeles Lago ( xubilada ), Marta Fra ( monitora de natación ), Carme Chaves ( estudante de E.Primaria ), Mª Xosé Penso ( empregada do Concello ), Mar García ( xornalista ), Ánxel V. Iglesias ( comerciante ) e J. Pino ( capitán de pesca ).
( comerciante ), Delio Represas ( músico ), María Pal ( camareira ), Guillermo Pigueiras
( adestrador de fútbol ), Mª Ánxeles Lago ( xubilada ), Marta Fra ( monitora de natación ), Carme Chaves ( estudante de E.Primaria ), Mª Xosé Penso ( empregada do Concello ), Mar García ( xornalista ), Ánxel V. Iglesias ( comerciante ) e J. Pino ( capitán de pesca ).
O recital, que contará con acompañamento musical en directo e cunha proxección audio visual, dará comezo ás 20:30 horas, no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
11/02/14
O MAR DESCOBRE MÁIS RESTOS ...
Os últimos temporais están a descubrir novos restos arqueolóxicos na praia de Area. Apareceron un posíbel morteiro, novos muros ao sul da área onde se fixeron as catas arqueolóxicas, anacos de tellas e cerámica...
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA comunicou a existencia destes restos ao Servizos de Arqueoloxía da Xunta e á alcaldesa de Viveiro para que tomen as medidas oportunas e eviten o espolio do xacemento que está deficientemente protexido e totalmente abandonado.
03/02/14
VIVEIRO CON ROSALÍA
UNHA DUCIA DE VIVEIRESES RECITARÁN A ROSALÍA O DÍA
24 DE FEBREIRO
O colectivo PENSAMENTO E
SEMENTEIRA está a organizar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro que
consistirá na lectura pública de poemas no Conservatorio Profesional de Música
de Viveiro. Este recital estará protagonizado por unha ducia de veciñas e
veciños de Viveiro e vaise celebrar o luns 24 de febreiro coincidindo co Día de
Rosalía. O colectivo viveirés animou a unha ducia de conveciños, de distintas
profesións e procedencias a participar neste acto público. Así, neste recital
intervirán, empresarios, comerciantes, mariñeiros, músicos, xubilados,
empregadas da hostelaría, ou xornalistas.
O acto que dará comezo ás
oito e media da tarde, desenvolverase no salón do Conservatorio profesional de
Música de Viveiro e contará probabelmente con unha actuación musical.
31/01/14
DEBATE: ARREDOR DO DEPORTE
Dará comezo ás 6 da tarde na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior en el
intervirán:
-Omar
González ( Adestrador. Centro
Galego de Tecnificación Deportiva)
-Carlos
Gueimunde ( Concelleiro de
Deportes. Viveiro )
-Manuel Otero ( Xefe do Servizo de Deportes da Xunta
de Galiza )
-Francisco
Villanueva ( Presidente da
Federación Galega de Triatlón )
O
moderador será Matías Nicienza (
Radio Burela
Pretendemos
con este debate coñecer de primeira man as dificultades que teñen os equipos de
base, as escolas deportivas, os clubes de atletismo... á hora de acceder ás
subvencións das institucións, tamén avaliar a rede de infraestruturas
existentes no concello para practicar deporte... e todas as cuestións que o
público participante nesta actividade
propoña.
Xunta Directiva do
Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA
22/01/14
Trailer de "A FAZAÑA DA LIBERDADE"
O documental A fazaña da liberdade percorreu xa distintas vilas e cidades:
A Estrada, Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense... e mesmo proxectouse fóra do país, en Bilbo.Agora chega a Viveiro da man do seu director, Seném Outeiro, que estará connosco no salón do IES María Sarmiento o vindeiro mércores 29 de xaneiro para falar da película e da biografía de Alexandre Bóveda. O acto dará comezo ás 8 da tarde
( ollo á hora ! ) e a entrada é de balde, até completar o aforo.
Velaí vos deixamos o trailer.
Trailer "A Fazaña da Liberdade" from Filmika Galaika on Vimeo.
21/01/14
"A FAZAÑA DA LIBERDADE"
O mércores 29 de xaneiro, ás 20 horas e no salón de actos do IES María Sarmiento, iniciamos a nosa programación de Inverno coa proxección do documental "A fazaña da liberdade" do que hoxe vos deixamos esta ficha:
Ficha artística
Dirección: / Seném Outeiro
Dirección fotografía: / Berto Palacios
Guionista: / Seném Outeiro
Produción: / Roi Carballido
Dirección: / Seném Outeiro
Dirección fotografía: / Berto Palacios
Guionista: / Seném Outeiro
Produción: / Roi Carballido
Ficha técnica
Emisión ou proxección / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Filmika Galaika, S.L.
Emisión ou proxección / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Filmika Galaika, S.L.
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Coprodución
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2013
Idioma V.O.: galego
O periplo vital dun personaxe influínte, Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista. Contexto e testemuñas históricas aportados por Beiras, Vence, Pousa Antelo, Díaz Pardo, Justo Beramendi e a familia Bóveda, entre outros.
17/01/14
PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA DO COLECTIVO
Na asamblea extraordinaria do pasado 16 de xaneiro elixiuse a primeira Xunta Directiva do noso Colectivo da que fan parte as seguintes persoas asociadas:
-Ana Mejuto Esmorís,
Xulia Canoura Díaz, Francisco Rodríguez Balsa ( Vogais ); Xosé A. Goás Basanta
( Secretario), Mª do Mar Chaves Álvarez ( Vicepresidenta ) e Francisco Luís Rodríguez Guerreiro
( Presidente )
As asambleas tiveron
lugar no local social, ( R/ Irmáns Vilar Ponte, nº 40, baixo, dereita) , onde tamén
se van organizar nos vindeiros meses actividades que serán publicitadas neste
blogue e nos medios de comunicación.
Na primeira das
asambleas, a ordinaria, deuse conta da actividade desenvolvida desde a
constitución do Colectivo, en abril de 2013, até o remate do ano. Foron 9 meses
de intensa actividade, con 16 actos públicos polos que pasaron máis de mil
persoas. Toda esta actividade foi realizada sen contar con ningún tipo de
subvención e soportada polas cuotas das persoas asociadas.
Ademais de programar a actividade
para o 2014, os asistentes acordaron constituir un cineclube e solicitar a
integración na Federación de Cineclubes de Galiza.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)