O noso colectivo xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o
venres 27 de febreiro, ás
20:30 horas, na
sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior.
A
modificación que está a sufrir o areal é motivo de preocupación para a
veciñanza. É por iso que PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza este debate
no que intervirán as seguintes persoas:
-Alexandre García, biólogo.
-Andrés Díaz Ferro, práctico do porto de Celeiro.
-J. Pino, capitán de pesca.
-Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo .
O acto será público , con entrada libre até completar o aforo da sala.