Se cadra este non é o mellor momento para botarmos a andar. As
persoas que facemos parte da xunta xestora deste novo colectivo socio-cultural
somos conscientes do que nos agarda. A Xunta
mantén a supresión das axudas ao
asociacionismo cultural e seguen os brutais recortes que estamos a sufrir os
que non somos responsabeis da crise. Todo isto supón unha involución que lembra a situación dos anos setenta, no
franquismo, cando, nas peores condicións que se podían imaxinar, a aportación desinteresada
dalgunhas persoas serviu para criar asociacións culturais que deron a coñecer o
noso teatro, a historia, a literatura, o cine, a música…
As liña de actuación do colectivo PENSAMENTO
E SEMENTEIRA serán a defensa e promoción da nosa lingua e cultura, a recuperación da historia , o coñecemento e valorización
do noso patrimonio, a difusión doutras realidades do Estado, do mundo árabe,
latinoamérica…Para iso organizaremos debates, charlas informativas,
proxeccións, viaxes…
A nosa primeira actividade será un acto informativo sobre a
a actual situación finacieira
(desfiuzamentos, estafas bancarias…) que terá lugar nos vindeiros días e que
servirá de acto de presentación pública deste novo colectivo.
A Xunta Xestora