Choveu e o acto, convocado para celebrar diante da fachada principal do Teatro Pastor Diaz, tívose que celebrar a cuberto, na entrada do teatro. Alí falouse de Hernán Naval, de Roberto Vidal Bolaño e do Teatro. O amigo Abella Albo recolleu todo isto no vídeo que vos ofrecemos nesta páxina. O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA agradece esta colaboración de Abella e tamén a do Grupo de Metais do Conservatorio Profesional de Música e a do Concello de Viveiro.