A RECLAMACIÓN DO CARRIL-BICI COMEZA EN VIVEIRO CUNHA BICICONCENTRACIÓN.
A SOLICITUDE DUNHA CICLOVÍA PARA VIVEIRO XA TEN LOGOTIPO.
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA dará comezo á campaña para reclamar un carril-bici o vindeiro sábado día 15 de xuño. Ese día, ás 12 da mañá, convoca unha primeira Biciconcetración no Paseo Marítimo, diante do Parque de Cantarrá. Alí darase lectura ao manifesto que será espallado entre a viciñanza para recoller sinaturas de apoio á proposta de deseño e construcción dunha infraestrutura para a circulación de bicicletas que conecte a Vila con distintas parroquias do concello.
O colectivo mantivo xa unha primeira reunión con asociacións de Viveiro e seguirá recollendo nos vindeiros días ideas e propostas para facer chegar ás Administracións Públicas—Concello, Xefatura de Costas e Grupo de Portos—a reclamación dunha primeira ciclovía para un concello onde tanto se ten investido en paseos marítimos e fluviais e que non conta nen con un só metro de carril-bici.
O Colectivo convoca ás persoas que participen neste primeiro acto para que acudan a esta biciconcentración coa súa bicicleta.