A
profesora Mª do Carme García Negro iniciou a súa intervención no acto
informativo organizado polo noso Colectivo lembrando a súa colaboración coa
antiga agrupación cultural Sementeira, no ano 1976. Pasou despois a fornecernos
de datos que explican a importancia económica da actividade pesqueira na nosa
comarca e en Galiza. “Ás veces, os datos publicados polos economistas minimizan
o importante impacto que ten a
actividade pesqueira no noso país porque non teñen en conta ás mariscadoras,
nen aos empregados en terra, nen aos traballadores de piscifactorías…” Destacou
o medre económico rexistrado en Celeiro e en Burela “por riba—dixo—de calquer
lonxa galega” e destacou que o 65% do PIB galego está nos concellos costeiros
de Galiza. Para a investigadora os mariñeiros galegos souberon gardar o
recursos, demostraron que saben pescar e que ademais teñen capacidade
empresarial e organizativa”
A
interesantísima aportación da doutora García Negro provocou entre as persoas
asistentes un animado coloquio que serveu de peche a este acto informativo.