Este sábado celebrouse a reunión convocada polo noso colectivo para organizar a homenaxe a Miro Casabella. Asistiron representantes de asociacións culturais: Colectivo Cultural
OLLOMAO
( Barreiros), AVENTADOS, MARIÑAPATRIMONIO, O MUNDO DE GALEA, A. C. OS CASTROS (
Cangas ), LIGA CÉLTICA GALAICA, A.C. AMADO LAR ( Ferreira do Valadouro ), CASAHAMLET, S.L., CLUBE CULTURAL
ELSINORE, IRMANDADE SAN CAETANO
( Celeiro de Mariñaos) e o Colectivo Cultural
BURIL...e outros colectivos que non puideron estar na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro fixeron constar o seu apoio a esta inciativa.
Tamén participaron persoas a título individual como, Ponte Fores (
Foz ), Caxigueiro, Emilio Méndez
( Finca
Galea ), Manuel Lourenzo, Carlos López Otero (
Burela ), Evaristo Maseda, J. H. Martinez
Mosqueira, Arturo Mogo ou Celso Dourado.
Entre os acordos aos que se chegou suliñamos o de constituir unha
Comisión Organizadora da homenaxe a Miro Casabella, que se reunirá nos vindeiros días coa finalidade de facer propostas concretas para unha segunda reunión a celebrar no mes de febreiro.