24/05/15
"Na outra banda do mar construen o navío..."
"Na outra banda do mar construen o navío:
o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construir a torre de cristal da miña infancia.
Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben
que no interior da quilla está a médula mesma
da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.
Que cando no remate ergan a vela, e na enxarcia
tremole vagorosamente no ar
será o meu corazón quen sinta o vento,
será o meu corazón".
ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
Calafates, caderna, quilla, galipote, enxarcia...
Grazas Fran Fra polas palabras coas que nos agasallaches no improvisado asteleiro da tertulia.
Grazas polo teu traballo e por ese grande entusiasmo co que construes os navíos.
Grazas, tamén ao Avilés polo fermoso poema.
Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA
23/05/15
A EXPOSICIÓN ESTARÁ ABERTA ATÉ O 30 DE MAIO
A exposición "AS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DO ARCO ÁRTABRO ATÉ RIBADEO" segue aberta na Sala de Usos Múltiples do Concello, na Praza Maior.
Pódese visitar até o 30 de maio en horario de mañá ( de 11 a 14 horas ), e tarde ( de 18 a 20 horas ).
19/05/15
TERTULIA ARREDOR DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA
O CARPINTEIRO
DE RIBEIRA FRAN FRA INTERVIRÁ O SÁBADO 23 NUNHA TERTULIA EN VIVEIRO
Fran Fra, carpinteiro de ribeira en activo,
intervirá o vindeiro sábado 23 de maio nunha tertulia programada dentro
das actividades que, arredor do patrimonio marítimo e fluvial, organiza o noso
colectivo.
A tertulia desenvolverase no mesmo local onde está aberta ao público a exposición "As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo", o local de usos multiples do Concello, na Praza Maior de Viveiro.
O sábado pasado abriuse esta mostra arredor do patrimonio marítimo e fluvial cunha charla que estivo a cargo do especialista Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Na tertulia deste sábado 23, que dará comezo ás
19 horas, proxectaranse vídeos sobre o traballo dos carpinteiros de
ribeira.
A entrada é libre até completar o aforo.14/05/15
Víctor Fernández falará sobre o patrimonio marítimo e fluvial
O sábado 16 de maio abrimos na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro a exposición "As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo". Esta mostra estará aberta até o 30 de maio. No acto intervirá Víctor Fernández González, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial..
A primeira das actividades dentro de destas xornadas arredor do noso patrimonio marítimo e fluvial dará comezo ás 19 horas. A entrada será libre até completar o aforo.
02/05/15
XORNADAS SOBRE PATRIMONIO MARÍTIMO E FLUVIAL
Pailebot "Sofía Moás"-Viveiro
VÍCTOR FERNÁNDEZ DA FGCMF E FRAN FRA CARPINTEIRO
DE RIBEIRA INTERVIRÁN NUNHAS XORNADAS SOBRE O PATRIMONIO MARÍTIMO E FLUVIAL.
O noso Colectivo programou para a segunda quincena de maio, en Viveiro, unhas
xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial.
Esta nova actividade dará
comezo coa inauguración da exposición “Embarcacións
tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo” que terá lugar o sábado
16 de maio, ás 19 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro.
Coincidindo co acto de inauguración desta mostra, que permanecerá aberta até o
día 30, o colectivo viveirés convidou a Víctor Fernández Gonzalez, directivo da
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, para falar sobre o noso
patrimonio marítimo.
Outro dos actos que se terán lugar dentro destas xornadas será o sábado 23 de maio e consistirá nunha
tertulia con Fran Fra, o único
carpinteiro de ribeira activo na nosa comarca
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)