O CARPINTEIRO
DE RIBEIRA FRAN FRA INTERVIRÁ O SÁBADO 23 NUNHA TERTULIA EN VIVEIRO
Fran Fra, carpinteiro de ribeira en activo,
intervirá o vindeiro sábado 23 de maio nunha tertulia programada dentro
das actividades que, arredor do patrimonio marítimo e fluvial, organiza o noso
colectivo.
A tertulia desenvolverase no mesmo local onde está aberta ao público a exposición "As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo", o local de usos multiples do Concello, na Praza Maior de Viveiro.
O sábado pasado abriuse esta mostra arredor do patrimonio marítimo e fluvial cunha charla que estivo a cargo do especialista Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Na tertulia deste sábado 23, que dará comezo ás
19 horas, proxectaranse vídeos sobre o traballo dos carpinteiros de
ribeira.
A entrada é libre até completar o aforo.