19/11/15
Mércores 25 : "Tempos Modernos"
O mércores 25 remata o ciclo de Cine de Humor con "Tempos Modernos".
Título orixinal: Modern Times
Ano: 1936
Dirección: Charles Chaplin.
Intérpretes: Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley J. Sandford, Hank Mann.
Duración: 87 min.
Será, no salón de actos do IES María Sarmiento, ás 20 horas.
17/11/15
Mércores 18: "Mon oncle" de J. Tati
O noso colectivo continúa coas proxeccións de cine. Este mércores 18 de novembro poderemos ver en Viveiro a segunda das películas
do Ciclo de Cine de Humor.
Trátase de “Mon oncle” ( “O meu tío” ) de J. Tati , da que o crítico M. A Palomo ten escrito:"A obra de Tati permanece como un
monumento luminoso á que poucos souberon achegarse. (...) nesta obra
inolvidábel arremete contra a sociedade de consumo e contra o mecanicismo que
afoga ao individuo. Así fai presente o absurdo da realidade cotidiana nun
prodixio de fantasía que encerra ás súas persoaxes en secuencias
deslumbrantes".
A proxección será no salón de actos do IES María Sarmiento e dará comezo ás 20 horas.
A entrada é libre até
completar o aforo da sala.
13/11/15
O COLECTIVO FAI PROPOSTAS
PeS PROPÓN INSTALAR UNHA ESCULTURA PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DAS IRMANDADES DA
FALA
No escrito rexistrado
hoxe no Concello polo colectivo recóllese que o vindeiro ano 2016 cúmprense os
cen da fundación das Irmandades da Fala, entidade que destacou pola defensa e o
uso do idioma galego en todos os ámbitos
e onde os irmáns viveireses Antón e Ramón Vilar Ponte tiveron un importante
papel.
“Sendo coñecedores de que o
Concello de Viveiro vai contribuir coa programación dalgún acto arredor deste
centenario —sinala no seu escrito o colectivo— a aconmemoración non só debería reducirse á tradicional conferencia divulgativa sobre
as Irmandades e os irmáns Vilar Ponte”.
Así, PENSAMENTO E
SEMENTEIRA proponlle á Concelleira de Cultura que a celebración
se prolongue ao longo de todo o
2016 e que nas actividades que se desenvolvan se implique á totalidade
das asociacións socio-culturais e veciñais do Concello, para o que solicitan
que desde o Concello se faga unha convocatoria a todo o tecido asociativo de
Viveiro,
O noso colectivo adianta tres propostas que, de se celebrar a reunión,
presentaría para o seu debate. A primeira delas consistiría en que a
corporación municipal declarase o ano 2016 como “Ano das Irmandades da Fala”.
Tamén propoñen que as actividades de todo tipo que organicen as asociacións
durante o vindeiro ano leven como lema: “2016, ano das Irmandades da Fala”.
A última
das suxestións de PeS consiste en que se estude a instalación, ao rematar o ano
2016, dunha escultura dedicada ás Irmandades da Fala e a Antón e
Ramón Vilar Ponte , no lugar que se considere máis adecuado, e que podería ser sufragado por suscrición popular e apoio de
entidades públicas e privadas.
Viveiro
13 de novembro de 2015
Se hai unha escultura para...
Se en Ferrol hai unha escultura para lembrar a Música Tradicional...
... e en Pontevedra un grupo escultórico con Castelao...
...ou en Lugo podemos atopar a don Ánxel Fole...
...se na Praza de Mondoñedo senta Álvaro Cunqueiro...
...ou en Ribadeo o Marqués de Sargadelos baixa as escaleiras do seu Pazo...
Por que non podemos ter en Viveiro unha escultura que lembre o centenario das Irmandades da Fala e aos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte?
12/11/15
10/11/15
"Crónicas diplomáticas"
Ciclo de Cine de Humor
mércores 11 de novembro
20 horas
Salón de actos do IES María Sarmiento
Este mércores 11 de novembro dá comezo o cilo de Cine de Humor. A película que proxectaremos é "Crónicas diplomáticas". De seguido deixamosvos unha reseña publicada en "Blog de cine" por Alberto Abuín:
“Crónicas diplomáticas”, un discurso maxistral
‘Crónicas diplomáticas’ (‘Quai D’Orsay’, Bertrand Tavernier, 2013) móstranos por primera vez de forma moi clara o lado humorístico dun autor, con todas as súas letras, que normalmente conmociona ao espectador levándoo ao peor lado humano con xoias do calibre de ‘A morte en directo’ (‘La mort en direct’, 1980) e ‘Hoxe comeza todo’ (‘Ça commence aujourd'hui’, 1999) —relato sobre o ensino e a educación tan terrible como necesario—, ou cantos ao jazz como a imprescindíbel ‘Arredor da medianoite’ (‘Round Midnight’, 1986).
Films todos eles diferentes entre sí, aínda que ben visible o estilo de Tavernier, coa cámara sempre á altura das personaxes, para coñecer as súas miserias e poucas alegrías, e que con ‘Crónicas diplomáticas’ parece dar una vuelta de porca pasándose ao lado da comedia más frenética, cecais como bálsamo —o mellor que existe, o único verdaderamente indestructíbel— ás hostias que nos está a dar a vida a todos os niveiss. E ademais é unha adaptación dun cómic.
Christophe Blain e Abel Lanzac son os autores do cómic e tamemén os guionistas nol film deTavernier, unha historia centrada no Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, situado nun lugar chamado Quai d’Orsay, utilizado case sempre para se referir ao Ministerio, de aí o título orixinal do film. Un film que basa todo o seu relato arredor da construción dun discurso que p ministro Taillard —sensacional Thierry Lhermitte— deberá pronunciar na sede das Nacións Unidas.
A vida con humor
Un discurso, que como moitos outros na historia do cine, supón un dos puntos álxidos da película, neste caso, finalizando co mesmo. porén esta vez o importante non é o discurso en sí, senón a grande cantidade de contratempos que o ministro, axudado polo seu gabinete, no que entrou a traballar como encargado da “linguaxe” Arthur Vlamick —un poco anódino Raphaël Personnaz—, solventan na construción do citado discurso.Tavernier declarou terse inspirado en clásicos da comedia como ‘Un, dous, tres’ (‘One, Two, Three’, Billy Wilder, 1961) para a súa película. O certo é que o ritmo frenético do film recorda sobre todo a da obra mestra de Wilder, sen chegar a ser tan ferinte ideoloxicamente. Tavernier non se posiciona politicamente falando, prefiere mostrar as idas e vindas dun gabinete as 24 horas do día sometido a unha presión brutal debido a intereses internacionais.
Noutras palabras, Travernier mostra, con sentido do humor, sen resultar nen cargante nen moralista, o desastroso mundo que se agocha detrás da figura dun ministro, de calquer ministro de asuntos exteriores. Cambadelas, puñaladas trapeiras, mentiras, ambición e envexas motivan a todo a equipa do ministro, unha vida frenética á que Vlamick debe adaptarse con igual de rapidez se non quer ser devorado no camiño. Todo elo mentras o famoso discurso va construíndose e tomando forma a través de borranchos, de retallos e sobre todo de subliñadoss cun rotulador amarelo específico, o colmo da obsesión do ministro.
Inculto, mais convencido
Onde sí pon o dedo na chaga Tavernier e o seu brillante equipa de guionistas é no retrato case inculto do ministro e algún dos seus seguidores. Con frases tan terríbeis como “os libros escríbense sós”, ou “sei o bon que é un libro polo subliñado que está”, todo isto dito cunha mistura de seriedade e humor moi difícil de matizar —é o milagre que obra Lhermitte—, e as contínuas citas a clásicos, sen entendelos, transmite certo medo á hora de pensar nos nosos representantes.Unha das cumes de ‘Crónicas diplomáticas’, e que vén ao caso co comentado é precisamente a reunión entre o ministro e Molly Hutchinson —a mítica Jane Birkin en o que case é un cameo—, onde a segunda fica completamente estupefacta ante a rapidez de palabra do representante francés e a súa contínua cita de grandes frases, misturando mesmo algunhas para construir frases sen sentido, mais pronunciadas coa maior das conviccións.
E é aí onde a película de Tavernier se alza divertida e impiadosa —esos portazos que fan que voen os papeis é unha metáfora sobre ls palabras perdidas o misturadas que non ten comparanza—. A mensaxe pode ser clara, confusa, non dicir absolutamente nada, ou ser a salvación eterna, o que verdadeiramente importa é a convicción e elocuencia coa que é ditado o representado. Moitos creeranno, sen saber nen entender que se ten construído a base de parvadas, mentiras ou tópicos. Tavernier, aos seus case 73 anos, ten aínda moita corda”.
ALBERTO ABUÍN ( Blog de cine) (www.blogdecine.com)
09/11/15
Máis de medio cento participamos na camiñada...
A primeira das actividades que o colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA realizou dentro da programación de outono resultou todo un éxito. Máis de medio cento de camiñantes participaron na excursión polos acantilados de Loiba o pasado domingo. A rota estivo guiada por membros da Asociación Nordés de O Barqueiro.
05/11/15
O 11 do 11...comeza o ciclo de Cine de Humor
Si. O 11 do 11...mais non ás 11. Será unhas horas antes, ás 20 horas deste segundo mércores de novembro.
O ciclo continuará , tamén os mércores 18 e 25, con dúas películas máis.
Seguiremos informando.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)