REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

13/11/15

O COLECTIVO FAI PROPOSTAS



PeS PROPÓN INSTALAR UNHA ESCULTURA  PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA



PENSAMENTO E SEMENTEIRA vén de lle propor á  concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández-Noriega, que reúna aos colectivos socio-culturais e veciñais para programar entre todos a celebración durante o ano 2016 do centenario das Irmandades da Fala.

No escrito rexistrado hoxe no Concello polo colectivo recóllese que o vindeiro ano 2016 cúmprense os cen da fundación das Irmandades da Fala, entidade que destacou pola defensa e o uso do idioma galego  en todos os ámbitos e onde os irmáns viveireses Antón e Ramón Vilar Ponte tiveron un importante papel.
“Sendo coñecedores de que o Concello de Viveiro vai  contribuir  coa programación dalgún acto arredor deste centenario —sinala no seu escrito o colectivo— a  aconmemoración  non só debería reducirse   á tradicional conferencia divulgativa sobre as Irmandades e os irmáns Vilar Ponte”.

Así, PENSAMENTO E SEMENTEIRA proponlle á Concelleira de Cultura que a celebración  se prolongue ao longo de todo o  2016 e que nas actividades que se desenvolvan se implique á totalidade das asociacións socio-culturais e veciñais do Concello, para o que solicitan que desde o Concello se faga unha convocatoria a todo o tecido asociativo de Viveiro,

O  noso colectivo  adianta tres propostas que, de se celebrar a reunión, presentaría para o seu debate. A primeira delas consistiría en que a corporación municipal declarase o ano 2016 como “Ano das Irmandades da Fala”. Tamén propoñen que as actividades de todo tipo que organicen as asociacións durante o vindeiro ano leven como lema: “2016, ano das Irmandades da Fala”.

A última das suxestións de PeS consiste en que se estude a instalación, ao rematar o ano 2016, dunha  escultura  dedicada ás Irmandades da Fala e a Antón e Ramón Vilar Ponte , no lugar que se considere máis adecuado, e que podería ser  sufragado por suscrición popular e apoio de entidades públicas e privadas.

Viveiro 13 de novembro de 2015