REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

26/04/16

Doce veciños, unha peza de David Catá e un Coro...




DOCE  VECIÑOS, UNHA PEZA DE DAVID CATÁ E UN CORO NO RECITAL “VIVEIRO DE POEMAS”




O noso colectivo  organiza o vindeiro xoves 5 de maio un recital onde unha ducia de veciños e veciñas de Viveiro recitarán poemas de Manuel María. O acto contará tamén coa estrea dunha peza da autoría de David Catá.  A composición  que leva por título “Sete pétalos de rosa. ( Homenaxe a Manuel María)”  será  interpretada  ao piano polo autor  acompañado polo violín do profesor J. Cabalar.

Patricia Álvarez (panadeira), Adrían Ben (atleta), Moncho Bermúdez (músico), Flor Chao ( do colectivo “Fraga das Saímas”), Andrés Díaz (Práctico de Porto), Xoel Eijo (estudante), Alba Fernández  ( do colectivo Aspanane), Suso Fernández (concelleiro de Educación), Margaret Licklider (lectora de inglés), Cristina L. Felipe (xornalista), Teresa Penabad (presidenta da  Coral “Alborada” ) e Xosé M. Vázquez “Leman” ( hosteleiro), recitarán 12 poemas de Manuel María.

O acto iniciarase coa lectura de “Manuel María en Viveiro”, un texto  que recolle as colaboracións do poeta nos actos culturais da Vila ; proxectaranse vídeos realizados por Abella Albo e escoitarase a interpretación de “O carro” por parte do Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dirixido polo profesor Álvarez Neira.

23 muíños !



                                                                                                              Foto: PeS


Segundo recollemos no interesante traballo da autoría de Henrique Fernández Llano " A rede fluvial de Viveiro e os muíños roldeiros e de maíca", no río Fotecova,desde Bustelo até as Aceas de Xunqueira "había 23 muíños sendo a maior aglomeración destes a partir de Cabandela e até Valdeflores". Mantiña daquela Llano--estamos a falar dos anos setenta do século pasado--que algúns aínda  seguían en funcionamento "dándolle un tipismo único no seu xénero a todo o conxunto deste río, o máis característico sen dúbida de toda a comarca e, que baña coas súas excelentes augas, paraxes tan importantes e históricos como son entre outros, o Pazo de Bustelo ou dos Cabaleiros, San Martiño da Carreira, con ermida en honor a este Santo e logo xa case ao final do seu percorrido, o Convento de Valdeflores".


                                Ermida de san Martiño da Carreira                                                        Foto: PeS




Algúns camiñantes seguen a nos enviar fotos que tiraron nesta Rota dos Muíños do Fontecova.
Aquí volas deixamos. Grazas pola súa colaboración.

Fotos de Rafa Rivera Gueimunde e Conchi

                                                                                           Foto: Rafa Rivera



                                                                                                                                                                                          Foto: Rafa Rivera    

                                                                                      Foto: Conchi

                                                                                      Foto: Conchi






 

25/04/16

Pola beira do Fontecova até a Capela da Sarna

                                                                                                   Foto: Mariano Quintela


Aquí vos deixamos algunhas das moitas fotografías que fixo Mariano Quintela da camiñada pola beira do Fontecova.


                                                                                                   Fotos: Mariano Quintela

Aproveitando estas Camiñadas polas Terras de Viveiro o noso colectivo quer facer varias reivindicacións:

Aí vai a primeira:

É hora xa de recuperar algún dos muiños do Fontecova. Podería rehabilitarse para funcionar como aula de interpretación da Natureza.



                                                                                                   Fotos: Mariano Quintela

Segunda reclamación:

Que se limpe o camiño de acceso á Capela da Sarna.

                                                                                                                        Foto: PeS

E unha pregunta:

E si no canto de enterrar tantos cartiños no mar, os de Costas recuperasen este muiño e desfixesen tal falcatruada?


                                                                                                                   Foto: PeS

Cando no mes de xuño rematemos as "Camiñadas...", faremos chegar a quen corresponda as reivindicacións que  decidamos entre todas as persoas que estamos a participar nestas actividades.
Que vos parece?


21/04/16

Un agasallo do fotógrafo Paco López


Hoxe o agasallo vén da man do fotógrafo Paco López.:"A fervenza de Xunqueira". Publicámola para vos animar a participar neste primeiro roteiro das "Camiñadas polas Terras de Viveiro". Sairemos o domingo 24 de abril, ás 10 da mañá, desde a esplanada de Verxeis. Faremos o primeiro tramo do paseo fluvial até o muiño das Aceas, unha breve paradiña no Mosteiro de Valdeflores e xa seguiremos pola beira do Fontecova até a capela da Sarna.
A volta será por Magazos, onde arredor das 14 horas xuntaranse--as persoas que se anoten--para dar conta duns petiscos...
Para se inscribir: neste nº 616 09 45 52 ou no noso correo:
pensamentoesementeira@gmail.com

16/04/16

O 24: o roteiro dos muiños do Fontevova



O noso colectivo  abre o domingo 24 de abril o  programa “Camiñadas polas terras de Viveiro” coa rota dos muiños do Fontecova.
A xornada dará comezo ás 10 da mañá na esplanada de Verxeis. As persoas participantes farán o primeiro tramo do paseo fluvial do río Landro. A primeira parada será no muiño das Aceas para deseguido continuar até o Convento  de Valdeflores. A rota dos muiños seguindo o regato Fontecova chegará até a capela da Sarna. A volta será por Fontecova até a Ruanova, en Magazos, onde  os camiñantes repoñerán forzas cuns petiscos.
Para  participar nesta actividade, que terá un percorrido aproximado de 9 quilómetros, hai que se anotar chamando ao 616 09 45 52, antes do venres 22. 

O colectivo viveirés  ten programado  catro camiñadas máis: “De Valcarría ao Pozo da Ferida”, “Subida ao monte Castelo”, “Suegos e Punta Socastro” e o Roteiro “Polas Covas de Covas “( A de San Xoán vello e a da Doncela ).


13/04/16

Camiñadas polas terras de Viveiro

O domingo 24 de abril damos comezo ás "Camiñadas polas terras de Viveiro". Faremos o roteiro dos Muiños do río Fontecova saíndo desde Verxeis . Pasaremos polo muiño das Aceas, Convento de Valdeflores, Capela da Sarna...e faremos unha paradiña en Magazos con algunha sorpresa.
Atención ao programa!

08/04/16

Viveiro de poemas







O  noso Colectivo  está a organizar un recital con poemas de Manuel María Fernández Teixeiro, escritor ao que este ano se lle dedica o día das Letras. O acto, de formato semellante ao realizado hai dous anos con poemas de Rosalía de Castro, contará coa participación dunha ducia de persoas: 
- X. M. Vázquez “Leman”, empresario da Hostelaría,
- Suso Fernández, concelleiro de Facenda, 
-Alba Fernández Jimenez, do colectivo ASPANANE,
- Andrés Díaz, práctico de Porto en Celeiro,
-Patricia Álvarez, panadeira,
- Moncho Bermúdez, músico,
- Flor Chao do colectivo Fraga das Saímas,
-Teresa Penabad, presidenta da Coral ALBORADA,
- Adrián Ben, atleta,
- Xoel Eijo, estudante,
- Margaret Licklider, lectora de inglés
- e Cristina L. Felipe, xornalista.

No recital que será de entrada libre até completar o aforo do salón do Conservatorio Profesional de Música de Música proxectaranse tamén vídeos e  o acto pecharase coa actuación musical dun Coro que estreará unha peza musicada do poeta da Terra Cha.


04/04/16

NON LLES PUXERON O SANTO...

Pois non, non lles puxeron o santo... mais a xentiña ficou "santificada" con esta camiñada pola contorna de Santo Estevo.
Fermosa paraxe, xantar con sorpresa na sobremesa e traxecto de volta con canciós e moito humor. Agradecementos :
A Ramón, que fixo de guía;
a Marqués, pola sobremesa queimada;
a Luisa polo humor co que nos agasallou no autobús ,na viaxe de volta;
a todas as persoas que participaron na camiñada.
E a seguir.  Axiña daremos conta dunha nova programación de Camiñadas.

( Se queredes ver as fotografías de Pedro Michelena, o enlace é este:

https://www.flickr.com/photos/34708679@N04/albums/72157660990959635