REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

26/04/16

Doce veciños, unha peza de David Catá e un Coro...




DOCE  VECIÑOS, UNHA PEZA DE DAVID CATÁ E UN CORO NO RECITAL “VIVEIRO DE POEMAS”




O noso colectivo  organiza o vindeiro xoves 5 de maio un recital onde unha ducia de veciños e veciñas de Viveiro recitarán poemas de Manuel María. O acto contará tamén coa estrea dunha peza da autoría de David Catá.  A composición  que leva por título “Sete pétalos de rosa. ( Homenaxe a Manuel María)”  será  interpretada  ao piano polo autor  acompañado polo violín do profesor J. Cabalar.

Patricia Álvarez (panadeira), Adrían Ben (atleta), Moncho Bermúdez (músico), Flor Chao ( do colectivo “Fraga das Saímas”), Andrés Díaz (Práctico de Porto), Xoel Eijo (estudante), Alba Fernández  ( do colectivo Aspanane), Suso Fernández (concelleiro de Educación), Margaret Licklider (lectora de inglés), Cristina L. Felipe (xornalista), Teresa Penabad (presidenta da  Coral “Alborada” ) e Xosé M. Vázquez “Leman” ( hosteleiro), recitarán 12 poemas de Manuel María.

O acto iniciarase coa lectura de “Manuel María en Viveiro”, un texto  que recolle as colaboracións do poeta nos actos culturais da Vila ; proxectaranse vídeos realizados por Abella Albo e escoitarase a interpretación de “O carro” por parte do Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dirixido polo profesor Álvarez Neira.