REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

13/02/17

O 8 de marzo:concerto de Sofía Espinheira




O mércores 8 de marzo termos en Viveiro a Sofía Espiñeira.
Sofía Espiñeira nace en 1986 na vila de Mugardos, onde pasa toda a súa infancia e adolescencia. Achégase á música dende pequena, cursando co clarinete como instrumento a formación de Grado Elemental no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol entre os 10 e os 14 anos de idade. De seguido comeza a tocar a guitarra e a cantar de xeito autodidacta, compoñendo os seus primeiros temas.
Nos anos posteriores cursa os estudos de xornalismo na USC, rematándoos no 2009 na cidade de Rennes, Francia. É durante esta etapa universitaria cando comeza a adentrarse no traballo corporal e artístico, achegándose á danza contemporánea e ás técnicas circenses. Finalizada a universidade realiza un ano de formación na Escola Navarra de Circo Oreka, en Pamplona, a cal lle da as ferramentas para comezar a súa andanza profesional nas artes escénicas. De volta a Galicia no outono do 2010 afíncase en Santiago de Compostela, comezando a traballar con Roberto C. Mouriño na compañía de teatro e títeres Titereficciós, coa que continúa actualmente.
No 2010 establece contacto coa Asociación Circonove, onde continúa o seu entrenamento e aprendizaxe circenses colaborando nalgún cabaré, traballando coa bailarina e clown Alba Moreno Biurrun na compañía Resueltas (2010-2012) e participando nas primeiras funcións do especNo 2015 nacen novos proxectos vinculados á danza, ó teatro e á música. Unha proposta poético – teatral a dúo coa poeta soriana Carmen López Roca:  Huevos fritos y vino tinto. Tamén emerxe unha nova xuntanza a catro, a compañía Teatro ó Cubo, xunto cos actores Alfredo Pérez Muiño, Roberto C. Mouriño e o escritor Jose Luis Baños de Cos, cunha proposta de teatro musical para público familiar: O faiado. No ámbito da danza, comeza a traballar como bailarina nos concertos infantís de Estamos no verán, a novela – disco de Xoán Curiel e Charo Pita.táculo Impreuna , de Pista Catro.
En Abril dese mesmo ano resulta gañadora do II Certame de canción de autor do concello de Teo, o cal lle permite grabar o seu primeiro disco, Alá onde agroman as herbas. Este traballo lle da pé a comezar a súa andanza como cantautora, que se inicia co seu primeiro concerto en decembro no festival Treme a terra, en Pontedeume e continúa a desenvolverse neste ano 2016 coa súa xira de concertos en diferentes salas e espazos culturais presentando o seu álbum.





06/02/17

Acto informativo



A primeira das nosas actividades deste 2017, a charla informativa arredor das cláusulas chan, tivo moita acollida. Agradecemos a Patricio Viveiro, avogado e asesor da asociación Con Lupa Contra a letra pequena,  a súa participación.
Nos vindeiros días informaremos sobre as novas actividades do Colectivo.