O mércores 8 de marzo termos en Viveiro a Sofía Espiñeira.
Sofía
Espiñeira nace en 1986 na vila de Mugardos, onde pasa toda a súa infancia e
adolescencia. Achégase á música dende pequena, cursando co clarinete como
instrumento a formación de Grado Elemental no Conservatorio Profesional de
Música de Ferrol entre os 10 e os 14 anos de idade. De seguido comeza a tocar a
guitarra e a cantar de xeito autodidacta, compoñendo os seus primeiros temas.
Nos anos posteriores cursa os estudos de
xornalismo na USC, rematándoos no 2009 na cidade de Rennes, Francia. É durante
esta etapa universitaria cando comeza a adentrarse no traballo corporal e
artístico, achegándose á danza contemporánea e ás técnicas circenses.
Finalizada a universidade realiza un ano de formación na Escola Navarra de Circo Oreka,
en Pamplona, a cal lle da as ferramentas para comezar a súa andanza profesional
nas artes escénicas. De volta a Galicia no outono do 2010 afíncase en Santiago
de Compostela, comezando a traballar con Roberto C. Mouriño na compañía de
teatro e títeres Titereficciós, coa que
continúa actualmente.
No 2010 establece contacto coa Asociación Circonove, onde
continúa o seu entrenamento e aprendizaxe circenses colaborando nalgún cabaré,
traballando coa bailarina e clown Alba Moreno Biurrun na compañía Resueltas
(2010-2012) e participando nas primeiras funcións do especNo 2015 nacen novos
proxectos vinculados á danza, ó teatro e á música. Unha proposta poético –
teatral a dúo coa poeta soriana Carmen López Roca: Huevos
fritos y vino tinto. Tamén
emerxe unha nova xuntanza a catro, a compañía Teatro ó
Cubo, xunto cos actores Alfredo Pérez Muiño, Roberto C.
Mouriño e o escritor Jose Luis Baños de Cos, cunha proposta de teatro musical
para público familiar: O faiado. No ámbito da danza, comeza a traballar como
bailarina nos concertos infantís de Estamos no verán, a novela – disco de Xoán Curiel e
Charo Pita.táculo Impreuna , de Pista Catro.
En Abril dese mesmo ano resulta gañadora do II Certame de canción de autor
do concello de Teo, o cal lle permite grabar o seu primeiro
disco, Alá onde agroman as herbas. Este traballo lle da pé a
comezar a súa andanza como cantautora, que se inicia co seu primeiro concerto
en decembro no festival Treme a terra, en Pontedeume e continúa a
desenvolverse neste ano 2016 coa súa xira de concertos en diferentes salas e
espazos culturais presentando o seu álbum.