A editorial Embora organizou en decembro do pasado ano, en Ferrol, a presentación de Tres balas. Hai uns días o clube de lectura da libraría Bahía, en Foz, programou unha das súas sesións para conversar co autor arredor desta novela curta e agora a libraría Porta da Vila organiza esta presentación en Viveiro.
O autor, Manuel López, Manolo de Lar, nado en 1956 en Catarou, na parroquia viveiresa de Galdo, impresor e tamén autor do libro Camiños de escuma e vento (2013), achega agora aos seus conveciños a súa primeira ficción novelada.
O libro de Manuel López conta con ilustracións doutro viveirés, Xosé L. Neira Brochs.
29/05/17
28/05/17
O meu país é verde, neboento...
O concerto didáctico co que onte nos agasallou SondeNós vai ficar durante moito tempo na memoria das persoas que enchimos o salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Alí, entre outras pezas soou O meu país, a "fantasía ou recreación--así a presentou o director Plácido Travieso--desde o respecto, desta fermosa melodía de Miro Casabella" co texto de Xoán Manuel Casado.
E, como se pode comprobar na fotografía, tivemos un dobre agasallo: o partillar este concerto co cantautor Miro Casabella.
Neste concerto, por indicación do director de SondeNós--profesor do Conservatorio de Viveiro--cambiamos a disposición do cenario. E a verdade todo ficou moito ben.
Grazas a SondeNós por este fermoso agasallo de Música e Lingua, por esta Identidade.
17/05/17
Concerto didáctico con SondeNós
O sábado 27 de maio temos programado un concerto didáctico co grupo vocal SondeNós.
www.sondenos.com
15/05/17
11/05/17
LUCUS ENSEMBLE
Lucus
Ensemble nace en Lugo no ano 2014. Despois de coincidir
en diversos concertos benéficos, un grupo de músicos con amplia experiencia
pensan na posibilidade de crear unha formación estable na capital lucense para
o desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para un ensemble mixto
vento-corda-percusión baixo a dirección musical de Alejandro Troya. Éste farase
cargo tamén, xunto con outros membros da agrupación, de ultimar as adaptacións e arranxos
necesarios do programa, sendo ésta unha das características identificativas do
grupo, xa que todo o repertorio está arranxado por e para o Ensemble. Conta cun
plantel fixo de once músicos:
- Oboe Mateo
Bande
- Frauta Cristina Díaz
- Clarinete Miguel A.
Díaz
- Clarinete Adrián
Balboa
- Clarinete
baixo Santiago
Noriega
- Saxofón Alejandro
Troya
- Trompa Moisés
López
- Fagote Xosé
Fernández
- Violonchelo Cristina
Nogueira
- Contrabaixo Araceli Martínez
- Percusión Carlos
Vázquez
05/05/17
LUCUS ENSEMBLE en Concerto
Este ano celebraremos o Día das Letras co concerto de LUCUS ENSEMBLE o domingo 14 de maio. Será no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, ás 12:30 horas. A entrada, libre até completar o aforo do local.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)