O concerto didáctico co que onte nos agasallou SondeNós vai ficar durante moito tempo na memoria das persoas que enchimos o salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Alí, entre outras pezas soou O meu país, a "fantasía ou recreación--así a presentou o director Plácido Travieso--desde o respecto, desta fermosa melodía de Miro Casabella" co texto de Xoán Manuel Casado.
E, como se pode comprobar na fotografía, tivemos un dobre agasallo: o partillar este concerto co cantautor Miro Casabella.
Neste concerto, por indicación do director de SondeNós--profesor do Conservatorio de Viveiro--cambiamos a disposición do cenario. E a verdade todo ficou moito ben.
Grazas a SondeNós por este fermoso agasallo de Música e Lingua, por esta Identidade.