REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

16/06/17

Visita guiada á Cova

                                                                                                        Foto: Pedro Michelena


A segunda parte da actividade que temos programada para o sábado 17 de xuño consiste nunha visita guiada á Cova de San Xoán Vello. Non é esta a primeira vez que o noso Colectivo organiza á visita a esta Cova. Na fotografía do amigo Pedro Michelena, feita na última das visitas--xuño do 2016--poden verse parte dos integrantes daquela "Camiñada polas Covas de Covas".

 Que houbo en San Xoán Vello? vai ser á pregunta á que tratarán de dar resposta Francisco Xavier Martinez Pérez, Manuel Miranda Ruíz e Roberto Pena Puentes. De seguro que despois de participar nesta Mesa Redonda todas as persoas asistentes á mesma saberemos algo máis do que até o de agora coñecíamos.

Sabemos, iso si que a antiga igrexa de Covas existiu neste lugar até o ano 1738. Tamén coñecemos a testemuña de Nicolás Taboada Leal...Este sábado 17 volveremos do Santo Vello con máis información e co desexo de que, tanto esta Cova, como a da Doncela--coñecida tamén como Forno dos Mouros ou Cova dos Encantos--sexan, canto antes, protexidas  e declaradas posíbeis xacementos arqueolóxicos.

E para rematar este comentario, dúas preguntas:
Nos anos 60, que se vería desde a Cova de San Xoán Vello e que hoxe non podemos ver?


                                                                                            Foto do Blogue "El Deseado"

Pois as vagonetas da Mina da Silvarosa circulando polo ar camiño da Ínsua.

E agora que veremos desde ese mesmo lugar?

                                                                                                             Fotografía: PeS

Se  o eucalipto que medra diante da Cova de San Xoán Vello nolo permite, a vila de Covas ( con moitas máis edificacións ).