Segue o calendario de actividades programado por SOMOS UNHA ÁREA-Viveiro. O vindeiro xoves día 9 de novembro teremos un concerto da Petit Band do Conservatorio Profesional de Música. Unha formación composta por dez músicos que dirixe o profesor Delio Represas Carrera.
Delio, iniciou a súa andaina musical dirixindo a Banda de Salceda de Caselas e a de O Rosal. Tamén dirixiu a de Santa Cruz de Ribadulla, a Coral Polifónica de Burela e a Banda Municipal de Viveiro. Foi, tamén, director da Orquestra do Festival do Landro e da Big Band do Conservatorio de Música de Viveiro.
O concerto Pola Sanidade Pública dará comezo ás oito da tarde no salón multiusos do Concello de Viveiro.
O noso Colectivo, que fai parte da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, chama á veciñanza a este acto, un máis dos que SOMOS UNHA ÁREA-Viveiro ten programado para manifestar que a nosa Comarca non quer o cambio de modelo do mapa sanitario encamiñado a centralizar as prestacións en Lugo.