REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

25/11/18

Pierrot Rougier e Ugia Pedreira codirixen O Coro da Mariña


Como se formou o Coro da Mariña?

Reproducimos aquí un texto publicado en otubro de 2015, cando a Asociación Veciñal O Cantal de Rinlo, contando coa colaboración da Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento, buscaban voces para este Coro:


"A compositora e cantora Ugia Pedreira xunto co artista bretón Pierrot Rougier e sua picariña Lua Avel chegaron ao característico pobo de Rinlo e ali falaronlles do desaparecido coro rinlego. Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxaronnos e animaronnos à idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e mixto parar a comarca e occidente de Asturies.        
Recollendo diversos pareceres puxeronse maos a obra, e desde o bon facer e entender da As. O Cantal de Veciños de Rinlo é agora que se abre  a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña que terá como local de xuntanza  a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola indiana.  
Faise pois unha chamada pública a quenes queiran animarse a cantar en grupo, xente com ou sen formación musical, profesionais e amadores, xente de 14 a cento e pico de anos que queiran compartir esta aventura artística carregada de paixon e esencia da zona, xente com distintos gostos musicais. Persoas unidas polo gosto de cantar en colectivo e criar un espazo conxunto para desfrutar da saúde que produce O Cantar. O Coro da Mariña é un espazo heterogeneo, un espazo de diversidade para todos os  mariñaos e mariñanas que atencionará aos gostos eclécticos, as capacidades de cada quen e as necesidades individuais. 

A temática do coro terá como fio conducto O mar, a sua poética e  sua cultura, harmonias e melodias que  teñan o mar como fonte de inspiración. Cancións de todos os estilos musicais que sexa do gosto dos integrantes. Desde pop-rock, música popular daqui, do mundo... Cancións en calquer idioma que sexa aceptado polos integrantes podendo dar lugar a traducción cando conveña.  Repertorio variado non suxeito exclusivamente a partitura; técnica, arranxos vocais múltiples, atención á expresividade corporal, á interpretación,  aos xogos vocais ...serán dinámicas a vivir xuntos cantando.  Calquer canción é en principio óptima  para ser arranxada a voces  por Pierrot Rougier e guiada pola técnica e experiencia escénica da Pedreira. Esta idea de coro expansivo como as ondas, adicado ao Mar é única e orixinal pola matriz do seu nascimento, dous artistas que queren viver na sua comarca desde o que son e podem dar e aportar en transparencia á sua comunidade.  Polo tanto, causalmente aunanse como esencia e recordo a imaxe dos festivais de cantos de mariñeiros que ten Bretagne (diferentes pobos bretóns tán “hermanados” com diferentes lugares da Mariña) e que ten Galiza nas suas tabernas e nas suas músicas portuarias, dando forma a un coro mariñeiro único desde o norte da Mariña, mar por medio."