REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

19/06/19

Un relato de Kike Ferrari para comentar no Clube de Lectura



O vindeiro mércores 26 de xuño manteremos unha nova reunión do noso Clube de Lectura. Desta vez a obra que nos xunta é o relato Que de lejos parecen moscas do arxentino Kike Ferrari,  unha "novela negra explosiva que se ten convertido nun fenómeno de culto".



A exposición "ARTE NATURAL EFÍMERA", adiada




O noso Colectivo tiña programada facendo parte das actividades desta Primavera Cultural 2019 unha segunda exposición de fotografía.
Tratábase de “Arte Natural Efímera” de Suso Lista, “unha colección de fotografías nas que o vento, o mar, a chuvia e a luz son—dicíase no texto da súa presentación—os auténticos artistas, debuxando na área da Praia de Osmos unas formas que seguen patróns universais mais que, ao igual que as pegadas dactilares, son únicas e diferentes”.
Esta segunda exposición iba estar aberta do 19 ao 27 de xuño, mais vímonos na obriga de adiala xa que a sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, que algún día contou cun sinxelo sistema de iluminación das obras expostas—imprescindíbeis á hora de expór fotografía ou pintura— non existe  na actualidade.
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA que vén de clausurar a exposición A Cidade de  Pepe Ventureira— aberta ao público  cunha pobrísima  iluminación e polo cal xa pedimos desculpas ao autor das fotografías—vese pois na obriga de adiar  calquer tipo de mostra neste local mentres non se dote dun sistema de iluminación apropiado.

10/06/19

"A CIDADE", exposición do fotógrafo Pepe Ventureira



O noso colectivo organiza neste mes de xuño, dentro da programación Primavera Cultural 2019, dúas exposicións de fotografía.
A primeira, A cidade, do fotógrafo Pepe Ventureira, estará aberta na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro desde o día 11 até o 18. Poderá visitarse os días laborabeis de 17:30 a 20:30 horas e o sábado e domingo de 12 a 14 horas.

Máis información sobre o fotógrafo e a súa obra nesta páxina:

https://www.pepeventureira.photography/