O noso
Colectivo tiña programada facendo parte das actividades desta Primavera Cultural 2019 unha segunda
exposición de fotografía.
Tratábase de
“Arte Natural Efímera” de Suso Lista, “unha colección de fotografías nas que o
vento, o mar, a chuvia e a luz son—dicíase no texto da súa presentación—os auténticos
artistas, debuxando na área da Praia de Osmos unas formas que seguen patróns
universais mais que, ao igual que as pegadas dactilares, son únicas e
diferentes”.
Esta segunda
exposición iba estar aberta do 19 ao 27 de xuño, mais vímonos na obriga de
adiala xa que a sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, que algún día
contou cun sinxelo sistema de iluminación das obras expostas—imprescindíbeis á
hora de expór fotografía ou pintura— non existe na actualidade.
O Colectivo
PENSAMENTO E SEMENTEIRA que vén de clausurar a exposición A Cidade de Pepe Ventureira—
aberta ao público cunha pobrísima iluminación e polo cal xa pedimos desculpas ao
autor das fotografías—vese pois na obriga de adiar calquer tipo de mostra neste local mentres
non se dote dun sistema de iluminación apropiado.