O 19 de abril do 2013 iniciaba o noso Colectivo a
súa andaina. O
acto, A crise económica e
as estafas financieiras, a cargo do
economista Bernardo Valdés
desenvolveuse no salón do
Conservatorio
Profesional de Música de Viveiro.
Hoxe, sete anos após vimos de reunirmonos o pasado
30 de
xaneiro na Asemblea Ordinaria no noso local social da rúa Irmáns
Vilar
Ponte. Aínda sen pechar a programación para este 2020 e
agardando tempos mellores
lembrámoslles ás asociadas que non
tiveran satisfeito a cuota anual (15 euros) que
poden facer este
ingreso na conta bancaria do Colectivo.