REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

13/11/15

Se hai unha escultura para...



Se en Ferrol hai unha escultura para lembrar a Música Tradicional...



... e en Pontevedra un grupo escultórico con  Castelao...

...ou en Lugo podemos atopar a don Ánxel Fole...

...se na Praza de Mondoñedo senta Álvaro Cunqueiro...
...ou en Ribadeo o Marqués de Sargadelos baixa as escaleiras do seu Pazo...



Por que non podemos ter en Viveiro unha escultura que lembre o centenario das Irmandades da Fala e aos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte?

 


10/11/15

"Crónicas diplomáticas"




 Ciclo de Cine de Humor

mércores 11 de novembro
20 horas
Salón de actos do IES María Sarmiento

Este mércores 11 de novembro dá comezo o cilo de Cine de Humor. A película que proxectaremos é "Crónicas diplomáticas". De seguido deixamosvos unha reseña publicada en "Blog de cine" por Alberto Abuín:

“Crónicas diplomáticas”,  un discurso maxistral

‘Crónicas diplomáticas’ (‘Quai D’Orsay’, Bertrand Tavernier, 2013) móstranos por primera vez de forma moi clara o lado humorístico dun autor, con todas as súas letras, que normalmente conmociona ao espectador levándoo ao peor lado humano con xoias do calibre de ‘A morte en directo’ (‘La mort en direct’, 1980) e ‘Hoxe comeza todo’ (‘Ça commence aujourd'hui’, 1999) —relato sobre o ensino e a  educación tan terrible como necesario—, ou cantos ao jazz como a imprescindíbel ‘Arredor da medianoite’ (‘Round Midnight’, 1986).
Films todos eles diferentes entre sí, aínda que ben visible o estilo de Tavernier, coa cámara sempre á altura das personaxes, para coñecer as súas miserias e  poucas alegrías, e que con ‘Crónicas diplomáticas’ parece dar una vuelta de porca pasándose  ao lado da  comedia más frenética, cecais como bálsamo —o mellor que existe, o  único verdaderamente indestructíbel— ás  hostias que nos está a dar a vida a todos os niveiss. E ademais é unha  adaptación dun cómic.
Christophe Blain e Abel Lanzac son os autores do  cómic  e tamemén os guionistas nol film deTavernier, unha historia centrada no Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, situado nun lugar chamado Quai d’Orsay, utilizado case sempre para se referir ao  Ministerio, de aí o título orixinal do film. Un film que basa todo o seu relato arredor da construción dun  discurso que p  ministro Taillard —sensacional Thierry Lhermitte— deberá pronunciar na sede das Nacións Unidas.

A vida con humor

Un discurso, que como moitos outros na historia do cine, supón un dos puntos álxidos da película, neste caso, finalizando co mesmo. porén esta vez o importante non é o discurso en sí, senón a grande cantidade de contratempos que o ministro, axudado polo seu gabinete, no que entrou a traballar como encargado da “linguaxe” Arthur Vlamick —un poco anódino Raphaël Personnaz—, solventan na construción do citado discurso.
Tavernier declarou terse inspirado en clásicos da comedia como ‘Un, dous, tres’ (‘One, Two, Three’, Billy Wilder, 1961) para a súa película. O certo é que o  ritmo frenético do film recorda sobre todo a da obra mestra de Wilder, sen chegar a ser tan ferinte ideoloxicamente. Tavernier non se posiciona politicamente falando, prefiere mostrar as idas e vindas dun gabinete as 24 horas do día sometido a unha presión brutal debido a intereses internacionais.
Noutras  palabras, Travernier mostra, con sentido do humor, sen resultar nen cargante nen moralista, o desastroso mundo que se agocha detrás da figura dun ministro, de calquer ministro de asuntos exteriores. Cambadelas, puñaladas trapeiras, mentiras, ambición e envexas motivan a todo a equipa do ministro, unha vida frenética á que Vlamick debe adaptarse con igual de rapidez se non quer ser devorado no camiño. Todo elo mentras o famoso discurso va construíndose e tomando forma a través de borranchos, de retallos e sobre todo de subliñadoss cun rotulador amarelo específico, o colmo da obsesión do ministro.

Inculto, mais convencido

Onde sí pon o  dedo na chaga Tavernier  e o seu brillante equipa de guionistas é no retrato case inculto do ministro e algún dos seus seguidores. Con frases tan terríbeis como “os libros  escríbense sós”, ou “sei o  bon   que é un libro polo subliñado que está”, todo isto dito cunha mistura  de seriedade e  humor moi difícil de matizar —é o milagre que obra Lhermitte—, e as contínuas citas a clásicos, sen entendelos, transmite certo medo á hora de pensar nos nosos representantes.
Unha das cumes de ‘Crónicas diplomáticas’, e que vén ao caso co comentado é precisamente a reunión entre o ministro e Molly Hutchinson —a mítica Jane Birkin en o que case é un cameo—, onde a segunda  fica completamente estupefacta ante a rapidez de palabra do representante francés e a súa contínua cita de grandes frases, misturando mesmo algunhas para construir frases sen sentido, mais pronunciadas coa maior das conviccións.
E é aí onde a película de Tavernier se alza divertida e impiadosa —esos portazos que fan que voen os papeis é unha  metáfora sobre ls palabras perdidas o misturadas que non ten comparanza—. A mensaxe pode ser clara, confusa, non dicir absolutamente nada, ou ser a salvación eterna, o que verdadeiramente importa é a convicción e elocuencia coa que é ditado o representado. Moitos creeranno, sen saber nen entender que se ten construído a base de parvadas, mentiras ou tópicos. Tavernier, aos seus case 73 anos, ten aínda moita corda”.

ALBERTO ABUÍN ( Blog de cine) (www.blogdecine.com)


09/11/15

Máis de medio cento participamos na camiñada...


A primeira das actividades que o colectivo viveirés PENSAMENTO E SEMENTEIRA realizou dentro da programación de outono resultou todo un éxito. Máis de medio cento de camiñantes participaron na excursión polos acantilados de Loiba o pasado domingo. A rota estivo guiada por membros da Asociación Nordés de O Barqueiro.

05/11/15

O 11 do 11...comeza o ciclo de Cine de Humor



Si. O 11 do 11...mais non ás 11. Será unhas horas antes, ás 20 horas deste segundo mércores de novembro.
O ciclo continuará , tamén os mércores 18 e 25, con dúas películas máis.
Seguiremos informando.

29/10/15

Comeza a andaina...

O domingo día 8 de novembro iniciamos a programación de Outono.
Saímos desde Viveiro ( Oficina de Turismo ), ás 10 da mañá, nun autobús que nos levará até o areal de Esteiro ( O Barqueiro ).
Alí agárdannos os nosos guías, os membros da Asociación NORDÉS.
Voltamos desde Esteiro, ás 17:30 horas., no mesmo autobús, para Viveiro.



27/10/15

Camiñada polos acantilados de Loiba




O domingo 8 de novembro iniciamos as  actividades da Programación de Outono.

A primeira consistirá nunha
 Camiñada polos acantilados de Loiba.

Sairemos de Viveiro ás 10 da mañá nun autobús que  trasladará  ao grupo até o areal de Esteiro, en O Barqueiro
Desde alí, e guiados por membros da Asociación Nordés de O Barqueiro, comezaremos a camiñada polos acantilados de Loiba: os areais de O Picón, Ribeira Grande, Ribeira do Carro, as furnas... todo un percorrido por esta fermosa paraxe. E se cadra sentaremos no famoso "banco" para descansarmos da camiñada.
Se queres participar connosco nesta actividade podes porte en contacto co Colectivo e inscribirte no seguinte enderezo:

pensamentoesementeira@gmail.com 

CAMIÑADA POLOS ACANTILADOS DE LOIBA

domingo 8 de novembro de 2015

10 horas: Saída desde Viveiro ( En autobús )
10:30 horas: Comezo da Camiñada. ( Desde o areal de Esteiro, en OBarqueiro )
14 horas: Descanso para xantar.*
17:30 horas: Saída en autobús para Viveiro.
18 horas: Chegada a Viveiro

Esta actividade organizada polo Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA é libre e gratuita.
Conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Asociación NORDÉS ( O Barqueiro )
* As persoas que queiran xantar na praia de Esteiro terán que comunicalo antes do día 6.
    ( Custe do xantar: 12 euros )




A fotografía do "Banco máis famoso...ecétera" é de Dani Caxete



25/06/15

En defensa do noso Patrimonio






NOVO ESPOLIO NO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE ESTABAÑÓN -VIVEIRO


ADEGA, MariñaPatrimonio e Pensamento e Sementeira presentamos no Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil unha denuncia polo posible espolio na vila romana de Estabañón, situada na praia da Area do concello de Viveiro.
Unha vez máis, este importante sitio arqueolóxico foi vítima da acción irresponsable e ilegal dos “caza-tesouros” que, nesta ocasión, escavaron na zona en que o Servizo de Costas do Ministerio de Medio Ambiente realizou en 2007 unha cata arqueolóxica. Esta cata no seu momento foi ridiculamente protexida e na actualidade atópase totalmente desprotexida, tal e como temos xa denunciado noutras ocasións.
Sen dúbida, un xacemento importante coma este, sen ningún tipo de protección, con catas abertas e con material arqueolóxico á vista, constitúe un reclamo para os furtivos do Patrimonio.
Lamentablemente, os espoliadores, os temporais e as desafortunadas intervencións de Costas están afectando gravemente o xacemento de Estabañón.
Por iso, as asociacións denunciantes demandamos novamente á Dirección Xeral de Patrimonio Culturas que se adopten con urxencia as medidas necesarias que eviten a desaparición e o espolio deste ben patrimonial.

08/06/15

Buscando un logo ( III )

Aquí temos o logo dun peixe feito con símbolos


E nós seguimos recibindo propostas para o deseño do logo do Colectivo.
Poden enviarse a:
pensamentoesementeira@gmail.com

07/06/15

Buscamos un logo ( I I )

Se no logo da London Symphony Orchestra, ademais das siglas LSO hai un director/a con batuta...

que podería levar o noso logo?

05/06/15

Buscamos un logo ( I )

Se o logo do Gremio de Escritores Gastronómicos é este --unha culler na  pluma estilográfica-- como podería ser o do noso Colectivo?
Admítense propostas.



24/05/15

"Na outra banda do mar construen o navío..."


"Na outra banda do mar construen o navío:
o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construir a torre de cristal da miña infancia.
Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben
que no interior da quilla está a médula mesma
da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.
Que cando no remate ergan a vela, e na enxarcia
tremole vagorosamente no ar
será o meu corazón quen sinta o vento,
será o meu corazón".

ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

Calafates, caderna, quilla, galipote, enxarcia...
Grazas Fran Fra polas palabras coas que nos agasallaches no improvisado asteleiro da tertulia.
Grazas polo teu traballo e por ese grande entusiasmo co que construes os navíos.
Grazas, tamén ao Avilés polo fermoso poema.

Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA

23/05/15

A EXPOSICIÓN ESTARÁ ABERTA ATÉ O 30 DE MAIO


A exposición "AS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DO ARCO ÁRTABRO ATÉ RIBADEO" segue aberta na Sala de Usos Múltiples do Concello, na Praza Maior.
Pódese visitar até o 30 de maio en horario de mañá ( de 11 a 14 horas ), e tarde ( de 18 a 20 horas ).

19/05/15

TERTULIA ARREDOR DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA







O CARPINTEIRO DE RIBEIRA FRAN FRA INTERVIRÁ O SÁBADO 23 NUNHA TERTULIA EN VIVEIRO
Fran Fra, carpinteiro de ribeira en activo, intervirá o vindeiro sábado 23 de maio nunha tertulia programada dentro das actividades que, arredor do patrimonio marítimo e fluvial, organiza o noso colectivo.

A tertulia desenvolverase no mesmo local onde está aberta ao público a exposición "As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo", o local de usos multiples do Concello, na Praza Maior de Viveiro.

O sábado pasado abriuse esta mostra arredor do patrimonio marítimo e fluvial cunha charla que estivo a cargo do especialista Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Na tertulia deste sábado 23, que dará comezo ás 19 horas, proxectaranse vídeos sobre o traballo dos carpinteiros de ribeira.
A entrada é libre até completar o aforo.


14/05/15

Víctor Fernández falará sobre o patrimonio marítimo e fluvial



O sábado 16 de maio abrimos na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro a exposición "As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo". Esta mostra estará aberta até o 30 de maio. No acto intervirá Víctor Fernández González, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial..
A primeira das actividades dentro de destas xornadas arredor do noso patrimonio marítimo e fluvial dará comezo ás 19 horas. A entrada será libre até completar o aforo.

O galego, garantía de futuro


02/05/15

XORNADAS SOBRE PATRIMONIO MARÍTIMO E FLUVIAL

                                                                                         Pailebot "Sofía Moás"-Viveiro




VÍCTOR FERNÁNDEZ DA FGCMF E FRAN FRA CARPINTEIRO DE RIBEIRA INTERVIRÁN NUNHAS XORNADAS SOBRE O PATRIMONIO MARÍTIMO E FLUVIAL.

O noso Colectivo  programou para a segunda quincena de maio, en Viveiro, unhas xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial.
Esta nova actividade dará comezo  coa inauguración  da exposición Embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo” que terá lugar o sábado 16 de maio, ás 19 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro. Coincidindo co acto de inauguración desta mostra, que permanecerá aberta até o día 30, o colectivo viveirés convidou a Víctor Fernández Gonzalez, directivo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, para falar sobre o noso patrimonio marítimo.
Outro dos actos que se terán lugar dentro destas xornadas será  o sábado 23 de maio e consistirá nunha tertulia con Fran Fra,  o único carpinteiro de ribeira activo na nosa comarca

19/04/15

UNHA CONCURRIDA TERTULIA

O público asistente abarrotou a sala da planta baixa da Biblioteca Municipal para participar na interesante tertulia arredor de San Miguel da Coelleira e a vila asulagada de Estabañón. O aforo resultou insuficiente. Así estaba a sala antes de dar comezo ao acto.


O noso colectivo agradece a participación de todas as persoas que asistiron ao acto--algunhas delas de pé e na entrada da sala--e moi especialmente a dos dous convidados á tertulia: Manuel Miranda e Manuel Gago.