29/10/18
15/10/18
10/10/18
TERTULIA CON...o pintor Xoán Guerreiro
O pintor Xoán Guerreiro abre a noso Outono Cultural 2018 participando nunha das tertulias programadas por PENSAMENTO E SEMENTEIRA.
O xoves 18 de outubro, ás 20:30 horas, na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
05/10/18
Outono Cultural 2018
TERTULIAS,
MÚSICA E CINE NA PROGRAMACIÓN DE
OUTONO DE PENSAMENTO E SEMENTEIRA
O noso Colectivo fai público o programa Outono Cultural 2018
que dará comezo o
xoves 18 de outubro na planta baixa da
Biblioteca Municipal de Viveiro onde se desenvolverá a primeira
das Tertulias programadas. Abrirá estas
actividades o pintor Xoán
Guerreiro ao que lle seguirá, na seguinte sesión
destas tertulias xa
no mes de novembro ,a música Ugía Pedreira.
Tamén o colectivo volve a programar neste outono os Xoves
musicais. Serán no mes de novembro
, no Teatro Pastor Días e
neles actuarán o grupo caboverdiano Batuko Tabanko e o Coro da
Mariña.
Completará esta programación de outono, que conta
coa axuda
económica da Deputación de Lugo, a proxección de dúas películas
de temática social: Hippocrate, de Thomas Liti, un achegamento á
condición laboral da
medicina e Pride, de Mattew Warchus, unha
historia de dúas
comunidades diferentes que se xuntan por unha
causa común.
Nos vindeiros días iremos concretando polo miúdo
esta
programación.
12/06/18
O DIARIO GALEGO chegou a Viveiro
O DIARIO GALEGO chegou a Viveiro da man de Mónica Pazos, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística e Xoán Costa, presidente do consello de administración de Sermos Galiza.
O acto foi presentado por Xulia Canoura, do noso Colectivo e desenvolveuse na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
PENSAMENTO E SEMENTEIRA agradece a asistencia a este acto da veciñanza de Viveiro que se achegou até a Praza Maior de Viveiro para coñecer de primeira man a nova cabeceira en papel que--se todo vai ben--sairá en 2019.
11/06/18
05/06/18
Ti contas
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza o vindeiro martes
día 12 de xuño a presentación pública do DIARIO GALEGO, cabeceira
diaria en papel que sairá en 2019.
O acto terá lugar na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro ás 20:30
horas e nel intervirán, ademáis da presentadora Xulia Canoura, do
Colectivo organizador, Mónica Pazos, secretaria da Mesa pola Normalización
Lingüística e Xoán Costa, Presidente do Consello de Administración de Sermos
Galiza.
25/02/18
O 1 de marzo, en Burela
O 1 de marzo voltamos ás rúas de Burela para seguer defendendo a Área Sanitaria da Mariña. O noso Colectivo, que fai parte da Plataforma convocante da manifestación, quer contribuir unha vez máis con esta causa. Somos un colectivo sociocultural que non pode ficar calado mentras se debate a posíbel supresión da Área Sanitaria da Mariña. E somos un Colectivo que desenvolve as súas actividades en Viveiro, un concello que ficaría seriamente prexudicado de se levar adiante a reforma da Lei que se está a debater no Parlamento de Galiza.
Viveiro, ademais, está a aportar moita veciñanza a estas mobilizacións. Foron, como xa se ten informado, cinco autobuses de Viveiro os que se desprazaron á última manifestación en Compostela o que da idea do traballo feito na nosa localidade polos membros de Somos unha Área-Viveiro que programaron varias actividades de todo tipo--asembleas, concertos musicais, presenza en probas deportivas, bailes reivindicativos...--para manter á veciñanza informada en todo momento.
E agora que se convoca unha nova mobilización--outra volta en Burela--facemos un chamamento á nosa veciñanza: temos que voltar a Burela, o día 1 de marzo, ás 20 horas e alí manifestar o noso desacordo co que se pretende: a eliminación da Área Sanitaria da Mariña.
Así que xa o sabedes, animade aos vosos familiares, ás amizades, aos conveciños para voltar a Burela o xoves. Alí nos veremos.
01/02/18
Agora toca Compostela
Despois da intensa campaña informativa desenvolvida pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública--organización da que o noso Colectivo fai parte-- e das actividades desenvolvidas en Viveiro convocadas por Somos Unha Área-Viveiro agora toca viaxar a Compostela para nos manifestar.
Así que, a encher os autobuses!. Porque SOMOS UNHA ÁREA.
10/01/18
De San Cibrao a Burela
Como xa sabedes, o noso Colectivo fai parte da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña e tamén estamos participando nas actividades que organiza Somos unha Área-Viveiro. Agora toca rematar este percorrido de Viveiro a Burela participando na terceira das etapa da Caravana pola Sanidade Pública que sairá do Centro Sanitario de San Cibrao para chegar a Burela. Alí xuntarémonos cos autos que veñen de Foz e Ferreira. Tomade nota, pois.
Sábado 13, ás 11 horas, desde o C. Sanitario de San Cibrao
Sábado 13, ás 11 horas, desde o C. Sanitario de San Cibrao
02/01/18
O xoves 25 de xaneiro: Asembleas Xerais
O xoves 25 de xaneiro o noso Colectivo celebrará dúas Asembleas Xerais: unha, a Ordinaria, onde faremos un resume da nosa actividade ao longo do pasado 2017 e programaremos as vindeiras actividades para este 2018 e outra, a Extraordinaria, onde renovaremos a Xunta Directiva.
Serán no noso local social, na rúa Irmáns Vilar Ponte, 40, baixo, dreita e darán comezo ás 20 horas.
15/12/17
Caravana pola Sanidade, desde Xove
A segunda etapa da Caravana en defensa da Sanidade Pública sairá da Praza do Concello de Xove ás 11 da mañá e rematará no Centro de Saúde de San Cibrao.
A Plataforma da Mariña animámosvos a participar.
Ás 10.45 horas en Xove!#SomosUnhaÁrea
12/12/17
28/11/17
Vémonos na Fontenova
O xoves 30 de novembro é o día da Concentración na defensa da Sanidade Pública.
Son varios, e de todo tipo, os colectivos que apoian esta reclamación: deportivos, educativos,sindicais, de comerciantes...E o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA tamén está aí. E fai un chamamento non só dirixido ás persoas asociadas. A convocatoria de SOMOS UNHA ÁREA-Viveiro é para toda a veciñanza.
Así que xa sabedes o xoves 30 de novembro, ás 8 e media da tarde, estaremos na Vila, na Praza da Fontenova. E se a veciñanza responde, habémola encher.
21/11/17
Bailando tamén nos movemos...
E seguimos movéndonos pola Sanidade Pública. Esta vez a xente de SOMOS UNHA ÁREA-VIVEIRO organiza un baile no Salón do Conservatorio Profesional de Música. Dous grupos, LABRAX e AUGA MARIÑA serán os animadores desta actividade reivindicativa. O baile dará comezo ás 19:30 horas do sábado 25 de novembro.
O noso Colectivo, que apoia as reclamacións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, chama á veciñanza a botar un pé nesta nova xornada polas melloras da Sanidade Pública.
Así que, bailando, tamén nos movemos.
07/11/17
Concerto da Petit Band
Segue o calendario de actividades programado por SOMOS UNHA ÁREA-Viveiro. O vindeiro xoves día 9 de novembro teremos un concerto da Petit Band do Conservatorio Profesional de Música. Unha formación composta por dez músicos que dirixe o profesor Delio Represas Carrera.
Delio, iniciou a súa andaina musical dirixindo a Banda de Salceda de Caselas e a de O Rosal. Tamén dirixiu a de Santa Cruz de Ribadulla, a Coral Polifónica de Burela e a Banda Municipal de Viveiro. Foi, tamén, director da Orquestra do Festival do Landro e da Big Band do Conservatorio de Música de Viveiro.
O concerto Pola Sanidade Pública dará comezo ás oito da tarde no salón multiusos do Concello de Viveiro.
O noso Colectivo, que fai parte da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, chama á veciñanza a este acto, un máis dos que SOMOS UNHA ÁREA-Viveiro ten programado para manifestar que a nosa Comarca non quer o cambio de modelo do mapa sanitario encamiñado a centralizar as prestacións en Lugo.
01/11/17
Somos unha Área
A Asemblea Informativa do día 30 de outubro serviu para que os colectivos con vida activa en Viveiro se achegaran até o Salón de Usos Múltiples do Concello e participaran nesta reunión que organizou SOMOS UNHA ÁREA-VIVEIRO.
Neste acto aberto a Colectivos e veciñanza en xeral participaron, convidados polos organizadores, dous membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, Adolfo Corral e Monserrat Porteiro, que informaron sobre as situación actual pola que está a pasar o Hospital da Costa e os centros de Atención Primaria.
As máis de 200 persoas asistentes, que encheron o local do Concello, deron a súa aprobación ao calendario de actividades reivindicativas que SOMOS UNHA ÁREA-VIVEIRO lles propuxo.
( Fotografías de SOMOS UNHA ÁREA-VIVEIRO)
Así, a primeira destas actividades para apoiar as reclamacións que está a facer a Plataforma vai ter, o domingo 5 de novembro, como protagonistas aos atletas que o Clube Deportivo EGOVARROS convoca para celebrar a XIX Carreira Popular Concello de Viveiro, Memorial Julián Bernal. Neste acto os deportistas participantes han facer un pequeno percorrido, ao inicio da proba, portando a faixa que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña está a mostrar nas manifestacións concentracións e actos en moitos dos concellos da comarca.
O noso Colectivo vai apoiar todos estas actividades e anima ás asociacións que aínda non se adheriron á Plataforma a que o fagan canto antes. As melloras na Sanidade Pública que estamos a reclamar son cousa de toda a xente.
26/10/17
Sumando apoios
O noso Colectivo
súmase a esta covocatoria e anima a todo o movimento asociativo de Viveiro para
que participe nesta Asemblea do luns día 30 de outubro.
Asociacións de Comerciantes, clubes deportivos, colectivos culturais e veciñais, Comunidades de Montes, Cofradías...,todos e todas apoiando as reivindicacións da Plataforma. #somosUnAreaSanitaria
Asociacións de Comerciantes, clubes deportivos, colectivos culturais e veciñais, Comunidades de Montes, Cofradías...,todos e todas apoiando as reivindicacións da Plataforma. #somosUnAreaSanitaria
19/10/17
Onde a veciñanza é a protagonista
Foi en 2015 cando o noso colectivo organizou un debate arredor da deterioración do areal de Covas. O debate tivo lugar o 27 de febreiro na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal e nel participaron, moderados polo Presidente do noso Colectivo, o biólogo Alexandre García, o Práctico do Porto Andrés Díaz, o capitán de Pesca J. Pino e o arquitecto do Concello de Viveiro, Santiago Meitín.
Despois deste primeiro debate, a veciñanza constituiu o Colectivo SALVAR A PRAIA DE COVAS que organizou moitas actividades denunciando a situación e reclamando solucións para o areal: asembleas veciñais, unha cadea humana no areal, exposicións de pintura de artistas locais, petición aos Magos de Oriente, reunións cos responsábeis de Portos e Concello de Viveiro...A veciñanza concretou as súas reclamacións no trasvase de area, no reforzo do muro de paseo marítimo e na iniciación dun estudo de Dinámica de Litoral.
Agora,por fín, e despois de moitos anos de desleixo deste areal, a veciñanza conseguiu que Portos de Galiza rexenerara a praia trasvasando 30.000 metros cúbicos de area da parte oriental, na zona do Cembedo, á zona máis afectada pola falta de area, desde Os Castelos até a primeira das pérgolas do Paseo.
Desde PENSAMENTO E SEMENTEIRA, parabenizamos á veciñanza e nomeadamente ao colectivo SALVAR A PRAIA DE COVAS pola súa constante e orixinal campaña durante estes dous últimos anos. Aínda fica moito por conseguir, mais por algo se empeza.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)