Como se formou o Coro da Mariña?
Reproducimos aquí un texto publicado en otubro de 2015, cando a Asociación Veciñal O Cantal de Rinlo, contando coa colaboración da Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento, buscaban voces para este Coro:
"A compositora e cantora Ugia Pedreira
xunto co artista bretón Pierrot Rougier e sua picariña Lua Avel chegaron ao
característico pobo de Rinlo e ali falaronlles do desaparecido coro rinlego.
Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxaronnos e
animaronnos à idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e
mixto parar a comarca e occidente de Asturies.
Recollendo diversos pareceres puxeronse
maos a obra, e desde o bon facer e entender da As. O Cantal de Veciños de Rinlo
é agora que se abre a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña
que terá como local de xuntanza a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola
indiana.
Faise pois unha chamada pública a quenes
queiran animarse a cantar en grupo, xente com ou sen formación musical,
profesionais e amadores, xente de 14 a cento e pico de anos que queiran
compartir esta aventura artística carregada de paixon e esencia da zona, xente
com distintos gostos musicais. Persoas unidas polo gosto de cantar en colectivo
e criar un espazo conxunto para desfrutar da saúde que produce O Cantar. O Coro
da Mariña é un espazo heterogeneo, un espazo de diversidade para todos os
mariñaos e mariñanas que atencionará aos gostos eclécticos, as
capacidades de cada quen e as necesidades individuais.
A temática do coro terá como fio
conducto O mar, a sua poética e sua cultura, harmonias e melodias que
teñan o mar como fonte de inspiración. Cancións de todos os estilos
musicais que sexa do gosto dos integrantes. Desde pop-rock, música popular
daqui, do mundo... Cancións en calquer idioma que sexa aceptado polos
integrantes podendo dar lugar a traducción cando conveña. Repertorio
variado non suxeito exclusivamente a partitura; técnica, arranxos vocais
múltiples, atención á expresividade corporal, á interpretación, aos xogos
vocais ...serán dinámicas a vivir xuntos cantando. Calquer canción é en
principio óptima para ser arranxada a voces por Pierrot Rougier e
guiada pola técnica e experiencia escénica da Pedreira. Esta idea de coro
expansivo como as ondas, adicado ao Mar é única e orixinal pola matriz do seu
nascimento, dous artistas que queren viver na sua comarca desde o que son e
podem dar e aportar en transparencia á sua comunidade. Polo tanto,
causalmente aunanse como esencia e recordo a imaxe dos festivais de cantos de
mariñeiros que ten Bretagne (diferentes pobos bretóns tán “hermanados” com
diferentes lugares da Mariña) e que ten Galiza nas suas tabernas e nas suas
músicas portuarias, dando forma a un coro mariñeiro único desde o norte da Mariña,
mar por medio."