Despois de celebrada a nosa Asemblea informamos a todas as persoas interesadas nas nosas actividades que o Colectivo está a constituir un Clube de Lectura en Viveiro.
As persoas interesadas en participa nesta nova actividade poden contactar cos coordenadores ( Roberto e Laura ) no seguinte enderezo electrónico:
pensamentoesementeira@gmail.com
Ademais desta nova actividade a Asemblea decidiu programar:
-Ciclos de cine
-Exposicións
-Mesas Informativas e Debates
-Camiñadas e excursións
-..e máis cousas das que xa vos iremos informando.
01/02/19
24/12/18
16/12/18
03/12/18
27/11/18
..e David Bellas como músico convidado
Este xoves 29 de novembro, no segundo xoves musical deste Outono Cultural 2018, actuará o Coro da Mariña e tamén David Bellas que colabora como músico convidado neste concerto.
Será ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz.
Será ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz.
25/11/18
Pierrot Rougier e Ugia Pedreira codirixen O Coro da Mariña
Como se formou o Coro da Mariña?
Reproducimos aquí un texto publicado en otubro de 2015, cando a Asociación Veciñal O Cantal de Rinlo, contando coa colaboración da Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento, buscaban voces para este Coro:
"A compositora e cantora Ugia Pedreira
xunto co artista bretón Pierrot Rougier e sua picariña Lua Avel chegaron ao
característico pobo de Rinlo e ali falaronlles do desaparecido coro rinlego.
Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxaronnos e
animaronnos à idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e
mixto parar a comarca e occidente de Asturies.
Recollendo diversos pareceres puxeronse
maos a obra, e desde o bon facer e entender da As. O Cantal de Veciños de Rinlo
é agora que se abre a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña
que terá como local de xuntanza a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola
indiana.
Faise pois unha chamada pública a quenes
queiran animarse a cantar en grupo, xente com ou sen formación musical,
profesionais e amadores, xente de 14 a cento e pico de anos que queiran
compartir esta aventura artística carregada de paixon e esencia da zona, xente
com distintos gostos musicais. Persoas unidas polo gosto de cantar en colectivo
e criar un espazo conxunto para desfrutar da saúde que produce O Cantar. O Coro
da Mariña é un espazo heterogeneo, un espazo de diversidade para todos os
mariñaos e mariñanas que atencionará aos gostos eclécticos, as
capacidades de cada quen e as necesidades individuais.
A temática do coro terá como fio
conducto O mar, a sua poética e sua cultura, harmonias e melodias que
teñan o mar como fonte de inspiración. Cancións de todos os estilos
musicais que sexa do gosto dos integrantes. Desde pop-rock, música popular
daqui, do mundo... Cancións en calquer idioma que sexa aceptado polos
integrantes podendo dar lugar a traducción cando conveña. Repertorio
variado non suxeito exclusivamente a partitura; técnica, arranxos vocais
múltiples, atención á expresividade corporal, á interpretación, aos xogos
vocais ...serán dinámicas a vivir xuntos cantando. Calquer canción é en
principio óptima para ser arranxada a voces por Pierrot Rougier e
guiada pola técnica e experiencia escénica da Pedreira. Esta idea de coro
expansivo como as ondas, adicado ao Mar é única e orixinal pola matriz do seu
nascimento, dous artistas que queren viver na sua comarca desde o que son e
podem dar e aportar en transparencia á sua comunidade. Polo tanto,
causalmente aunanse como esencia e recordo a imaxe dos festivais de cantos de
mariñeiros que ten Bretagne (diferentes pobos bretóns tán “hermanados” com
diferentes lugares da Mariña) e que ten Galiza nas suas tabernas e nas suas
músicas portuarias, dando forma a un coro mariñeiro único desde o norte da Mariña,
mar por medio."
23/11/18
Arredor do Coro da Mariña
Para coñecer algo máis do Coro da Mariña que vai actuar o vindeiro xoves 29 de novembro no Teatro Pastor Díaz, facendo parte do Outono Cultural 2018 programado polo noso Colectivo, reproducimos unha parte da entrevista realizada por Ramón González Rey no xornaldamarina.com, o 30 de maio pasado, a Ugia Pedreira, co-directora desta formación musical
"A artista de Vilaronte dirixe o Coro da Mariña, que reúne 30 vocalistas desde Viveiro ata Vegadeo"
Natural da aldea focega de Vilaronte, Ugía Pedreira é unha das vocalistas e autoras máis personais da música popular galega coa súa achega a Chouteira, Nordestinas ou Marful. A artista voltou á comarca coa súa familia e desde hai dous anos dirixe o Coro da Mariña, que xunta 30 cantantes desde Viveiro ata Vegadeo.
P. Como xurdiu o Coro da Mariña?
R. Regresei á Mariña co meu compañeiro, o músico Pierrot Rougier, e coa nosa nena Lua Awel. Vivimos durante una temporada en Rinlo e alí coñecín a belísima escola vella. Unha veciña, Laura, faloume do abandonado reloxio Canseco e de como xurdiu este edificio emblemático de Rinlo. Daquela soubemos que no pobo houbera un coro e foi como un sinal: por que non montar unha formación representativa da costa luguesa e occidente astur, que compartimos a mesma “nube gris” e o mesmo horizonte con prados que caen no mar.
Hai integrantes de case todos os puntos da bisbarra e do Occidente astur.
Si. Contamos cunhas 30 persoas e vén xente desde Viveiro, Cervo, Foz, Vilaronte,Barreiros, San Miguel de Reinante, Lugo, Ribadeo, Vegadeo e tamén de Rinlo. Hai persoas de 40 anos e outras que teñen 80, con diferentes niveis culturais e oficios variados. Hai ex profesores de instituto, unha percebeira, unha enfermeira, unha agricultora, o dono dunha funeraria, unha costureira.
CORO ABERTO
Está aberta a participación a quen queira entrar?
Está aberto a calquera persoa de calquera idade á que lle guste o canto e que sexa o suficientemente paciente e respectuosa para pertencer a un colectivo que ama cantar en xuntanza. O noso arranxista, Pierre, está moi pendiente da capacidade que ten o individuo cara a música e arranxa as voces segundo as súas habilidades. O coro baséase na xestualidade e expresión natural dos integrantes do grupo, poñemos en valor a diferenza como parte da súa forza. A enerxía que produce ten máis que ver co rock que coa polifónica de vila.
REPERTORIO
O repertorio do coro é variado, pero de temática mariñeira.
Cantamos desde ‘Llévame hasta el mar‘ do falecido Manolo Tena ata ‘Serpientes de mar‘ de Silvio Rodríguez. Tamén unha peza dos Beach Boys, a canción cantábrica ‘Chalaneiro’, unha versión galega de ‘Viento del norte‘, de Nando Agüeros, que cantou esta mesma interpretación no ‘Luar’, ‘Alfonsina y el mar‘…
Como activista da música, como ve a súa saúde na Mariña?
En todas as terras do mundo hai unha música popular que identifica o territorio. Aquí, a música tradicional de pandeireta ou gaita non foi raíña. Pero si hai interesante pouso de repertorio de ida e volta americano, de música portuaria, ao ser zona de transición tamén ese feedback coa tonada asturiana adaptada ao modo galego, composición de autores descoñecidos, música dos bailes, rondallas… Hoxe cos medios de comunicación de masas, todo vén dado e pagado e hai que saber buscar apara atopar de improviso a naturalidade da música. Creo que se abandona o rural. Faltan proxectos enraizados no rural enfocados no ben común, que creen comunidade e habiliten espazos de xuntanza.
16/11/18
O 29 de novembro, outro XOVES MUSICAL
Seguimos coas actividades deste Outono Cultural.
E despois da actuación das mulleres de Batuko Tabanka agora toca anotar outra data na axenda: xoves 29 de novembro. O Coro da Mariña, dirixido por Pierrot Rougier e Ugia Pedreira, no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
E despois da actuación das mulleres de Batuko Tabanka agora toca anotar outra data na axenda: xoves 29 de novembro. O Coro da Mariña, dirixido por Pierrot Rougier e Ugia Pedreira, no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
11/11/18
A batucar !
"O ritmo
das “batukadeiras”, ten un pasado ligado á música tradicional que facían os
escravos en Cabo Verde. Antes batendo no peito, e agora batendo nunha saca de
coiro colocada entre as pernas que recibe o nome de “batuko”.
A integración destes ritmos africanos coa música galega fusiónanse dunha
maneira natural, xa que sorprendentemente descubrimos que os seus ritmos
ternarios eran moi parecidos aos da xotas galegas,
e as cancións lembraban ás
que cantan as pandeireteiras galegas no tocante a que existe unha “sacadora” á
que se lle suma o resto de compañeiras repetindo a mesma frase..."
09/11/18
05/11/18
30/10/18
29/10/18
15/10/18
10/10/18
TERTULIA CON...o pintor Xoán Guerreiro
O pintor Xoán Guerreiro abre a noso Outono Cultural 2018 participando nunha das tertulias programadas por PENSAMENTO E SEMENTEIRA.
O xoves 18 de outubro, ás 20:30 horas, na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
05/10/18
Outono Cultural 2018
TERTULIAS,
MÚSICA E CINE NA PROGRAMACIÓN DE
OUTONO DE PENSAMENTO E SEMENTEIRA
O noso Colectivo fai público o programa Outono Cultural 2018
que dará comezo o
xoves 18 de outubro na planta baixa da
Biblioteca Municipal de Viveiro onde se desenvolverá a primeira
das Tertulias programadas. Abrirá estas
actividades o pintor Xoán
Guerreiro ao que lle seguirá, na seguinte sesión
destas tertulias xa
no mes de novembro ,a música Ugía Pedreira.
Tamén o colectivo volve a programar neste outono os Xoves
musicais. Serán no mes de novembro
, no Teatro Pastor Días e
neles actuarán o grupo caboverdiano Batuko Tabanko e o Coro da
Mariña.
Completará esta programación de outono, que conta
coa axuda
económica da Deputación de Lugo, a proxección de dúas películas
de temática social: Hippocrate, de Thomas Liti, un achegamento á
condición laboral da
medicina e Pride, de Mattew Warchus, unha
historia de dúas
comunidades diferentes que se xuntan por unha
causa común.
Nos vindeiros días iremos concretando polo miúdo
esta
programación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)