REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

16/04/19

As Baterías costeiras na Ría de Viveiro




CONFERENCIA SOBRE AS BATERÍAS COSTEIRAS DE 

VIVEIRO A CARGO DO HISTORIADOR XOSÉ MARÍA 

LEAL

A actividade, organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira 

maila a asociación Mariña Patrimonio, terá lugar o xoves 25 de 
abril en Viveiro.


O historiador Xosé María Leal Bóveda impartirá a conferencia

sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-

XVIII. O caso de Viveiro- Celeiro na sala da planta baixa da 

Biblioteca Municipal de Viveiro.


O acto, que comezará ás 20h.00, conta coa colaboración do 

Concello de Viveiro e ten como finalidade dar a coñecer as baterías 

costeiras de San Xoán e de Celeiro. Estes bens culturais, malia a 

súa importancia, son unas grandes descoñecidas do patrimonio de 

Viveiro e non contan na actualidade con ningún tipo de protección.

06/04/19

PRIMAVERA CULTURAL 2019




O  noso colectivo está a programar a “Primavera Cultural 2019”.

A primeira das actividades, o 25 de abril, estará organizada en 

colaboración coa asociación Mariña Patrimonio e consistirá nunha 

charla do profesor Xosé María Leal Bóveda que dará a coñecer os 

postos de vixilancia que existiron na Ría de Viveiro.


Tamén en abril, o 29, darán comenzó as actividades do Clube de 

Lectura que nace agora dentro deste colectivo. A obra escollida 

para esta ocasión é “Charamuscas” de Suso Lista. Nesta primeira 

sesión do Clube participará tamén o escritor que  no mes de 

decembro pasado, presentou a súa obra en Viveiro.

Xa en maio e dentro desta mesma programación, vai ser 

presentado o proxecto musical e artístico “A Comuna do Barruzo” 
por Ugia Pedreira e Abel Pérez.


O colectivo Pensamento e Sementeira concretará nos vindeiros 

días outras actividades que farán parte desta “Primavera Cultural 

2019”, como unha camiñada polo Rego dos Curuxos, no Viveiró 

(Muras) ou unha palestra arredor do activismo cultural na Mariña.


Pensamento e Sementeira está a organizar tamén actividades para 

conmemorar  no mes der outubro o 150 aniversario do nacemento 

do poeta Antonio Noriega Varela (1869-1947).

05/04/19

Nace un Clube de Lectura


O vindeiro luns 29 de abril manteremos a primeira das actividades do Clube de Lectura do noso Colectivo.

O libro que escollimos para dar comezo é "Charamuscas" de Suso Lista, un libro que xa foi presentado en Viveiro en decembro do pasado ano e do que o crítico Ramón Nicolás en La Voz de Galicia di que son:

"Historias erixidas con palabras cheas de salitre que agroman na fin da terra: ese lugar onde o mar e mais os barcos «forman parte dos nosos corpos e das nosas vidas». Relatos que valen para ese universo mais tamén para o mundo todo e que nos fan sentir felices por gozalas e valoralas".


Nesta primeira actividade do Clube de Lectura participará o autor do libro Suso Lista.

Así que xa o sabedes. De vos interesar participar esta actividade, poñédevos en contacto antes do 15 deste mes de abril co Colectivo (pensamentoesementeira@gmail.com) ou persoalmente coas persoas asociadas que van coordenar este Clube: Laura Fernández e Roberto Zueros.




01/02/19

Seguimos

Despois de celebrada a nosa Asemblea informamos a todas as persoas interesadas nas nosas actividades que o Colectivo está a constituir un Clube de Lectura en Viveiro.
As persoas interesadas en participa nesta nova actividade poden contactar cos coordenadores ( Roberto e Laura ) no seguinte enderezo electrónico:

pensamentoesementeira@gmail.com

Ademais desta nova actividade a Asemblea decidiu programar:

-Ciclos de cine
-Exposicións
-Mesas Informativas e Debates
-Camiñadas e excursións
-..e máis cousas das que xa vos iremos informando.


03/12/18

Así foi

Abella Albo gravou a actuación do Coro da Mariña. Aquí vola deixamos.
Grazas Xosé Antonio.