Os últimos temporais están a descubrir novos restos arqueolóxicos na praia de Area. Apareceron un posíbel morteiro, novos muros ao sul da área onde se fixeron as catas arqueolóxicas, anacos de tellas e cerámica...
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA comunicou a existencia destes restos ao Servizos de Arqueoloxía da Xunta e á alcaldesa de Viveiro para que tomen as medidas oportunas e eviten o espolio do xacemento que está deficientemente protexido e totalmente abandonado.
UNHA DUCIA DE VIVEIRESES RECITARÁN A ROSALÍA O DÍA
24 DE FEBREIRO
O colectivo PENSAMENTO E
SEMENTEIRA está a organizar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro que
consistirá na lectura pública de poemas no Conservatorio Profesional de Música
de Viveiro. Este recital estará protagonizado por unha ducia de veciñas e
veciños de Viveiro e vaise celebrar o luns 24 de febreiro coincidindo co Día de
Rosalía. O colectivo viveirés animou a unha ducia de conveciños, de distintas
profesións e procedencias a participar neste acto público. Así, neste recital
intervirán, empresarios, comerciantes, mariñeiros, músicos, xubilados,
empregadas da hostelaría, ou xornalistas.
O acto que dará comezo ás
oito e media da tarde, desenvolverase no salón do Conservatorio profesional de
Música de Viveiro e contará probabelmente con unha actuación musical.
O sábado 1 de febreiro de 2014 temos organizado un debate “ARREDOR DO DEPORTE”.
Dará comezo ás 6 da tarde na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior en el
intervirán:
-Omar
González( Adestrador. Centro
Galego de Tecnificación Deportiva)
-Carlos
Gueimunde( Concelleiro de
Deportes. Viveiro )
-Manuel Otero( Xefe do Servizo de Deportes da Xunta
de Galiza )
-Francisco
Villanueva( Presidente da
Federación Galega de Triatlón )
O
moderador será Matías Nicienza (
Radio Burela
Pretendemos
con este debate coñecer de primeira man as dificultades que teñen os equipos de
base, as escolas deportivas, os clubes de atletismo... á hora de acceder ás
subvencións das institucións, tamén avaliar a rede de infraestruturas
existentes no concello para practicar deporte... e todas as cuestións que o
público participante nesta actividade
propoña.
O documental A fazaña da liberdade percorreu xa distintas vilas e cidades:
A Estrada, Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense... e mesmo proxectouse fóra do país, en Bilbo.Agora chega a Viveiro da man do seu director, Seném Outeiro, que estará connosco no salón do IES María Sarmiento o vindeiro mércores 29 de xaneiro para falar da película e da biografía de Alexandre Bóveda. O acto dará comezo ás 8 da tarde
( ollo á hora ! ) e a entrada é de balde, até completar o aforo.
Velaí vos deixamos o trailer.
O mércores 29 de xaneiro, ás 20 horas e no salón de actos do IES María Sarmiento, iniciamos a nosa programación de Inverno coa proxección do documental "A fazaña da liberdade" do que hoxe vos deixamos esta ficha:
Titulo orixinal: A fazaña da liberdade Tipo: Documental Xénero: Biográfico Coprodución Duración: 90' Orixe: Galicia Ano: 2013 Idioma V.O.: galego O periplo vital dun personaxe influínte, Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista. Contexto e testemuñas históricas aportados por Beiras, Vence, Pousa Antelo, Díaz Pardo, Justo Beramendi e a familia Bóveda, entre outros.
Na asamblea
extraordinaria do pasado 16 de xaneiro elixiuse a primeira Xunta Directiva do
noso Colectivo da que fan parte as seguintes persoas asociadas:
-Ana Mejuto Esmorís,
Xulia Canoura Díaz, Francisco Rodríguez Balsa ( Vogais ); Xosé A. Goás Basanta
( Secretario), Mª do Mar Chaves Álvarez ( Vicepresidenta ) e Francisco Luís Rodríguez Guerreiro
( Presidente )
As asambleas tiveron
lugar no local social, ( R/ Irmáns Vilar Ponte, nº 40, baixo, dereita) , onde tamén
se van organizar nos vindeiros meses actividades que serán publicitadas neste
blogue e nos medios de comunicación.
Na primeira das
asambleas, a ordinaria, deuse conta da actividade desenvolvida desde a
constitución do Colectivo, en abril de 2013, até o remate do ano. Foron 9 meses
de intensa actividade, con 16 actos públicos polos que pasaron máis de mil
persoas. Toda esta actividade foi realizada sen contar con ningún tipo de
subvención e soportada polas cuotas das persoas asociadas.
Ademais de programar a actividade
para o 2014, os asistentes acordaron constituir un cineclube e solicitar a
integración na Federación de Cineclubes de Galiza.
( Imaxe do público asistente á primeira actividade do Colectivo, e abril de 2013)
O xoves día 16 de xaneiro temos convocadas dúas Asembleas do colectivo que se van celebrar no noso local social , na rúa Irmáns Vilar Ponte, nº 40, baixo, dereita.
Os asuntos a tratar son os seguintes:
1.-Resume das actividades
desenvolvidas desde abril de 2013.
2.-Aprobación das contas
e balances do ano 2013.
3.-Aprobación dos
orzamentos de ingresos e gastos para o 2014.
4.-Aprobación da cota de
asociado/a para o 2014.
5.-Aprobación da
programación de actividades para 2014.
6.-Elección da Xunta
Directiva do Colectivo.
7.-Aprobación , se
proceder, dos estatutos para a constitución dun Cineclube e a integración na
Federación de Cineclubes de Galiza.
Agardamos a participación de todas as persoas asociadas.
Este sábado celebrouse a reunión convocada polo noso colectivo para organizar a homenaxe a Miro Casabella. Asistiron representantes de asociacións culturais: Colectivo Cultural
OLLOMAO
( Barreiros), AVENTADOS, MARIÑAPATRIMONIO, O MUNDO DE GALEA, A. C. OS CASTROS (
Cangas ), LIGA CÉLTICA GALAICA, A.C. AMADO LAR ( Ferreira do Valadouro ), CASAHAMLET, S.L., CLUBE CULTURAL
ELSINORE, IRMANDADE SAN CAETANO
( Celeiro de Mariñaos) e o Colectivo Cultural
BURIL...e outros colectivos que non puideron estar na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro fixeron constar o seu apoio a esta inciativa.
Tamén participaron persoas a título individual como, Ponte Fores (
Foz ), Caxigueiro, Emilio Méndez
( Finca
Galea ), Manuel Lourenzo, Carlos López Otero (
Burela ), Evaristo Maseda, J. H. Martinez
Mosqueira, Arturo Mogo ou Celso Dourado.
Entre os acordos aos que se chegou suliñamos o de constituir unha
Comisión Organizadora da homenaxe a Miro Casabella, que se reunirá nos vindeiros días coa finalidade de facer propostas concretas para unha segunda reunión a celebrar no mes de febreiro.
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA
vai propor ás asociacións culturais e ás institucións da Mariña a celebración
dunha homenaxe ao músico Miro Casabella. Consideramos que o
percorrido artístico do compositor e cantante do Valadouro, comprometido desde
os anos sesenta coa cultura e co idioma galego, ben merece a gratitude dos
mariñaos.
Coa finalidade de organizar esta homenaxe o noso colectivo convocará nos vindeiros días ás asociacións culturais e veciñais; aos
músicos, artistas plásticos e escritores
e a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar no
Valadouro o sábado 11 de xaneiro. Tamén
solicitará apoio económico aos Concellos e á Deputación xa que, de contar
coa cooperación destas institucións, poderían participar músicos cos que Miro
Casabella tivo relación ao longo da súa traxectoria artística.
Así nos surprendeu David Bellas.
Hoxe colgamos aquí os tres pequenos vídeos realizados polo amigo Abella.
Agradecementos a David Bellas, a Sara Otero e á actriz Lara Noriega.
Foron catro "Xoves Músicais", moi variados e con calidade.
Volveremos con máis "xoves musicais" no 2014.
O colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA pecha a súa programación de outono con esta representación teatral. Comezamos a nosa actividade de outono o pasado mes de outubro coas proxeccións das películas do festival Amal-2012, seguimos cos "Xoves Musicais" do mes de novembro, informamos sobre a importancia económica da actividade pesqueira en Galiza coa interesante intervención da doutora Mª do Carme García Negro, abrimos a exposición "Represaliados" do pintor Celso Dourado coas músicas de Vadim Yukhnevich e o sábado 7 de decembro programamos a obra de Alfonso D. Rodíguez Castelao que estará a cargo do grupo "Ollomao" e diirixida por Comba Campoy e Ramón Casas. Tamén temos que dicer que seguimos a medrar e xa somos máis asociados, que estamos a preparar un local social no casco vello de Viveiro, que andamos ás voltas coa programación do 2014, ( con máis cine, máis debates )... Terémosvos informados. Mentras tanto, ollo á data: o 7 de decembro..."Os vellos non deben de namorarse".
Este sábado 30 de novembro abrimos en Viveiro a exposición "REPRESALIADOS" ( Na lembranza do comandante Moreno ), do pintor Celso Dourado. O acto de inauguración terá lugar ás 19 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior e nel, ademais do pintor intervirá o músico bielorruso Vadim Yukhnevich. A mostra estará aberta ao público na primeira quincena do mes de decembro, de 19 a 20:30 horas.
A
profesora Mª do Carme García Negro iniciou a súa intervención no acto
informativo organizado polo noso Colectivo lembrando a súa colaboración coa
antiga agrupación cultural Sementeira, no ano 1976. Pasou despois a fornecernos
de datos que explican a importancia económica da actividade pesqueira na nosa
comarca e en Galiza. “Ás veces, os datos publicados polos economistas minimizan
o importante impacto que ten a
actividade pesqueira no noso país porque non teñen en conta ás mariscadoras,
nen aos empregados en terra, nen aos traballadores de piscifactorías…” Destacou
o medre económico rexistrado en Celeiro e en Burela “por riba—dixo—de calquer
lonxa galega” e destacou que o 65% do PIB galego está nos concellos costeiros
de Galiza. Para a investigadora os mariñeiros galegos souberon gardar o
recursos, demostraron que saben pescar e que ademais teñen capacidade
empresarial e organizativa”
A
interesantísima aportación da doutora García Negro provocou entre as persoas
asistentes un animado coloquio que serveu de peche a este acto informativo.
A economista Mª do Carme García Negro, profesora da USC e investigadora, intervirá nun acto informativo convocado polo noso Colectivo e que terá lugar este venres, 29 de novembro, ás 20:30 horas, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
David Bellas pecha este xoves 28 o ciclo XOVES MUSICAIS que se veu celebrando todos os xoves de novembro no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. A actuación dará comezo ás 20:30 horas e a entrada é libre até completar o aforo do local.
"Unha marabilla". Esas foron as dúas palabras que empregou o presentador do acto cando, ao rematar este terceiro "xoves musical", despidiu ás persoas que encheron o salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro.
E desta marabilla, deixámosvos aquí unhas pequenas mostras.