REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

29/03/20

Mais a primavera non sabía


Era l’11 marzo del 2020, le strade erano vuote, i negozi chiusi, la gente non usciva più.
Ma la primavera non sapeva nulla.
Ed i fiori continuavano a sbocciare
Ed il sole a splendere
E tornavano le rondini
E il cielo si colorava di rosa e di blu
La mattina si impastava il pane e si infornavano i ciambelloni
Diventava buio sempre più tardi e la mattina le luci entravano presto dalle finestre socchiuse
Era l’11 marzo 2020 i ragazzi studiavano connessi a discord
E nel pomeriggio immancabile l’appuntamento a tressette
Fu l’anno in cui si poteva uscire solo per fare la spesa
Dopo poco chiusero tutto
Anche gli uffici
L’esercito iniziava a presidiare le uscite e i confini
Perché non c’era più spazio per tutti negli ospedali
E la gente si ammalava
Ma la primavera non lo sapeva e le gemme continuavano ad uscire
Era l’11 marzo del 2020 tutti furono messi in quarantena obbligatoria
I nonni le famiglie e anche i giovani
Allora la paura diventò reale
E le giornate sembravano tutte uguali
Ma la primavera non lo sapeva e le rose tornarono a fiorire
Si riscoprì il piacere di mangiare tutti insieme
Di scrivere lasciando libera l’immaginazione
Di leggere volando con la fantasia
Ci fu chi imparò una nuova lingua
Chi si mise a studiare e chi riprese l’ultimo esame che mancava alla tesi
Chi capì di amare davvero separato dalla
vita
Chi smise di scendere a patti con l’ignoranza
Chi chiuse l’ufficio e aprì un’osteria con solo otto coperti
Chi lasciò la fidanzata per urlare al mondo l’amore per il suo migliore amico
Ci fu chi diventò dottore per aiutare chiunque un domani ne avesse avuto bisogno
Fu l’anno in cui si capì l’importanza della salute e degli affetti veri
L’anno in cui il mondo sembrò fermarsi
E l’economia andare a picco
Ma la primavera non lo sapeva e i fiori lasciarono il posto ai frutti
E poi arrivò il giorno della liberazione
Eravamo alla tv e il primo ministro disse a reti unificate che l’emergenza era finita
E che il virus aveva perso
Che gli italiani tutti insieme avevano vinto
E allora uscimmo per strada
Con le lacrime agli occhi
Senza mascherine e guanti
Abbracciando il nostro vicino
Come fosse nostro fratello
E fu allora che arrivò l’estate
Perché la primavera non lo sapeva
Ed aveva continuato ad esserci
Nonostante tutto
Nonostante il virus
Nonostante la paura
Nonostante la morte
Perché la primavera non lo sapeva
Ed insegnò a tutti
La forza della vita.

                                                                             Irene Vella

02/02/20


O 19 de abril do 2013 iniciaba o noso Colectivo a súa andaina. O 

acto, A crise económica e as estafas financieiras, a cargo do 

economista Bernardo Valdés desenvolveuse no salón  do 

Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.




Hoxe, sete anos após vimos de reunirmonos o pasado 30 de 

xaneiro na Asemblea Ordinaria no noso local social da rúa Irmáns 

Vilar Ponte. Aínda sen pechar a programación para este 2020 e 

agardando tempos mellores lembrámoslles ás asociadas que non 

tiveran satisfeito a cuota anual (15 euros) que poden facer este 

ingreso na conta bancaria do Colectivo.

16/01/20

Xaneiro: Merlín e familia






Principiamos este ano 2020 no noso Clube de Lectura propondo como libro do mes o "Merlín e familia" de Ávaro Cunqueiro.

02/01/20

Parabéns


Parabéns.
Desde hoxe e á primeira hora da mañá, o  café con Nós DIARIO.

10/12/19

Decembro: Afirma Pereira


Continuamos coa nosa actividade, estes últimos tempos centrada nas reunións mensuais do Clube de Lectura. Remataremos pois,  o ano con esta obra de Tabucchi . Entre as persoas que participan nesta actividade haberá que elixa o texto en portugués, quen o faga en español e mesmo quen se atreva co  Sostiene Pereira en italiano.



06/11/19

Novembro: Capitaes da Areia


"De um início atribulado a uma carreira de sucessos, assim se resume a crônica de Capitaes da Areia..." a obra do escritor Jorge Amado escollida polo noso Clube de Lectura para este mes de novembro.

A nosa actividade como colectivo redúcese nestes últimos meses ás reunións do Clube de Lectura. Mentres agardamos que nos ingresen unha pequena axuda económica da Deputación de Lugo polas actividades desenvolvidas no 2018 e tamén pola resolución  desa mesma institución da subvención solicitada para este 2019 que aínda hoxe--a poucos días de rematar o ano-- non se publicou.

E mentras tanto "sob a lua, nun vello trapiche abandonado, as crianças dormem..."



18/10/19

Outubro: "Randea do alento"



Seguimos no noso Clube de Lectura seleccionando un libro cada mes. Desta vez o escollido é Randea do alento, da escritora Herta Müller, unha escritora que  en 2009 recibiu o Premio Nobel de Literatura, a xuízo do xurado "pola súa capacidade para describir coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, a paisaxe dos seres desposuídos".

07/09/19

Setembro: viaxamos a Comala



O noso Clube de Lectura viaxa neste mes de setembro a Comala.
Temos  poucas prazas libres mais, se quixerdes, aínda podedes participar.


18/08/19

Bichos de Miguel Torga



O noso Clube de Lectura non descansa en agosto.
A obra que estamos a ler este mes é Bichos, de Miguel Torga.
A anterior, Acceso no autorizado, de Belén Gopegui achegounos ao mundo das redes hackeadas e ás tramas de corrupción.
E para setembro, Pedro Páramo, de Rulfo.

19/06/19

Un relato de Kike Ferrari para comentar no Clube de Lectura



O vindeiro mércores 26 de xuño manteremos unha nova reunión do noso Clube de Lectura. Desta vez a obra que nos xunta é o relato Que de lejos parecen moscas do arxentino Kike Ferrari,  unha "novela negra explosiva que se ten convertido nun fenómeno de culto".



A exposición "ARTE NATURAL EFÍMERA", adiada




O noso Colectivo tiña programada facendo parte das actividades desta Primavera Cultural 2019 unha segunda exposición de fotografía.
Tratábase de “Arte Natural Efímera” de Suso Lista, “unha colección de fotografías nas que o vento, o mar, a chuvia e a luz son—dicíase no texto da súa presentación—os auténticos artistas, debuxando na área da Praia de Osmos unas formas que seguen patróns universais mais que, ao igual que as pegadas dactilares, son únicas e diferentes”.
Esta segunda exposición iba estar aberta do 19 ao 27 de xuño, mais vímonos na obriga de adiala xa que a sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, que algún día contou cun sinxelo sistema de iluminación das obras expostas—imprescindíbeis á hora de expór fotografía ou pintura— non existe  na actualidade.
O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA que vén de clausurar a exposición A Cidade de  Pepe Ventureira— aberta ao público  cunha pobrísima  iluminación e polo cal xa pedimos desculpas ao autor das fotografías—vese pois na obriga de adiar  calquer tipo de mostra neste local mentres non se dote dun sistema de iluminación apropiado.

10/06/19

"A CIDADE", exposición do fotógrafo Pepe Ventureira



O noso colectivo organiza neste mes de xuño, dentro da programación Primavera Cultural 2019, dúas exposicións de fotografía.
A primeira, A cidade, do fotógrafo Pepe Ventureira, estará aberta na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro desde o día 11 até o 18. Poderá visitarse os días laborabeis de 17:30 a 20:30 horas e o sábado e domingo de 12 a 14 horas.

Máis información sobre o fotógrafo e a súa obra nesta páxina:

https://www.pepeventureira.photography/


20/05/19

Luns 27 de maio: reunión do Clube de Lectura




CLUBE DE LECTURA
 Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA
Viveiro


Data da vindeira reunión: luns 27 de maio de 2019.
Local: Cafetaría “La Plata” ( R/ Pastor Díaz)
Hora: 19 horas.
Libro: “Cándido” de Voltaire



07/05/19

"Cándido" de Voltaire



 O "Cándido" de Voltaire é o libro que escolleron as persoas que fan parte do noso Clube de Lectura.
A reunión será o luns 27 de maio.



Cándido é a obra máis universal de Voltaire (...) impresionado polo terremoto de Lisboa de 1775, Voltaire indígnase contra os filósofos que queren demostrar que todo é para ben e que vivimos no mellor dos munoos posibles. A súa indignación fermentou en escepticismo e ironía. (Josep Ramoneda, Leccións de Literatura Universal) . Cándido no medio dun torbeliño de personaxes e aventuras, atopa a súa unidade na ridiculización do sistema filosófico de Leibnitz. (..,) o refrán do conto «todo é óptimo no mellor dos mundos posibles)) é unha distorsión que acentúa aínda máis a pregunta de cándido: ``se este é o mellor dos mundos posibles, ¿cómo serán daquela os demais?´´ (...) Cándido é un torbeliño de aventuras, un tolo correr que plasma na súa veloz evocación o absurdo dun mundo cheo de violencia, de arbitrariedade, de inxustiza (Elena Diego, Introducción a Cándido). Voltaire acometerá a reconstrucción dun discurso ortodoxamente irónico no seu relato máis sonado Cándido ou o optimismo (...). O optimismo reside no feito de atopar acertadamente o espacio onde establecernos. Resolver onde existir eríxese como clave para saber como existir (...). O personaxe, que cre provir dun paraíso, inserirase vagarosamente nun antiparaíso, onde o lector, bastante distanciado polos mecanismos irónicos de Voltaire, sabe que os valores representados por Cándido son só valores para o Cándido Cándido (Javier del Prado, historia da Literatura Francesa).