Trailer "A Fazaña da Liberdade" from Filmika Galaika on Vimeo.
22/01/14
Trailer de "A FAZAÑA DA LIBERDADE"
O documental A fazaña da liberdade percorreu xa distintas vilas e cidades:
A Estrada, Lugo, Ferrol, A Coruña, Ourense... e mesmo proxectouse fóra do país, en Bilbo.Agora chega a Viveiro da man do seu director, Seném Outeiro, que estará connosco no salón do IES María Sarmiento o vindeiro mércores 29 de xaneiro para falar da película e da biografía de Alexandre Bóveda. O acto dará comezo ás 8 da tarde
( ollo á hora ! ) e a entrada é de balde, até completar o aforo.
Velaí vos deixamos o trailer.
21/01/14
"A FAZAÑA DA LIBERDADE"
O mércores 29 de xaneiro, ás 20 horas e no salón de actos do IES María Sarmiento, iniciamos a nosa programación de Inverno coa proxección do documental "A fazaña da liberdade" do que hoxe vos deixamos esta ficha:
Ficha artística
Dirección: / Seném Outeiro
Dirección fotografía: / Berto Palacios
Guionista: / Seném Outeiro
Produción: / Roi Carballido
Dirección: / Seném Outeiro
Dirección fotografía: / Berto Palacios
Guionista: / Seném Outeiro
Produción: / Roi Carballido
Ficha técnica
Emisión ou proxección / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Filmika Galaika, S.L.
Emisión ou proxección / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Filmika Galaika, S.L.
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Coprodución
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2013
Idioma V.O.: galego
O periplo vital dun personaxe influínte, Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista. Contexto e testemuñas históricas aportados por Beiras, Vence, Pousa Antelo, Díaz Pardo, Justo Beramendi e a familia Bóveda, entre outros.
17/01/14
PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA DO COLECTIVO
Na asamblea extraordinaria do pasado 16 de xaneiro elixiuse a primeira Xunta Directiva do noso Colectivo da que fan parte as seguintes persoas asociadas:
-Ana Mejuto Esmorís,
Xulia Canoura Díaz, Francisco Rodríguez Balsa ( Vogais ); Xosé A. Goás Basanta
( Secretario), Mª do Mar Chaves Álvarez ( Vicepresidenta ) e Francisco Luís Rodríguez Guerreiro
( Presidente )
As asambleas tiveron
lugar no local social, ( R/ Irmáns Vilar Ponte, nº 40, baixo, dereita) , onde tamén
se van organizar nos vindeiros meses actividades que serán publicitadas neste
blogue e nos medios de comunicación.
Na primeira das
asambleas, a ordinaria, deuse conta da actividade desenvolvida desde a
constitución do Colectivo, en abril de 2013, até o remate do ano. Foron 9 meses
de intensa actividade, con 16 actos públicos polos que pasaron máis de mil
persoas. Toda esta actividade foi realizada sen contar con ningún tipo de
subvención e soportada polas cuotas das persoas asociadas.
Ademais de programar a actividade
para o 2014, os asistentes acordaron constituir un cineclube e solicitar a
integración na Federación de Cineclubes de Galiza.
15/01/14
ASEMBLEAS DO COLECTIVO
( Imaxe do público asistente á primeira actividade do Colectivo, e abril de 2013)
O xoves día 16 de xaneiro temos convocadas dúas Asembleas do colectivo que se van celebrar no noso local social , na rúa Irmáns Vilar Ponte, nº 40, baixo, dereita.
Os asuntos a tratar son os seguintes:
1.-Resume das actividades
desenvolvidas desde abril de 2013.
2.-Aprobación das contas
e balances do ano 2013.
3.-Aprobación dos
orzamentos de ingresos e gastos para o 2014.
4.-Aprobación da cota de
asociado/a para o 2014.
5.-Aprobación da
programación de actividades para 2014.
6.-Elección da Xunta
Directiva do Colectivo.
7.-Aprobación , se
proceder, dos estatutos para a constitución dun Cineclube e a integración na
Federación de Cineclubes de Galiza.
13/01/14
A nosa convocatoria atopou resposta
Este sábado celebrouse a reunión convocada polo noso colectivo para organizar a homenaxe a Miro Casabella. Asistiron representantes de asociacións culturais: Colectivo Cultural
OLLOMAO
( Barreiros), AVENTADOS, MARIÑAPATRIMONIO, O MUNDO DE GALEA, A. C. OS CASTROS (
Cangas ), LIGA CÉLTICA GALAICA, A.C. AMADO LAR ( Ferreira do Valadouro ), CASAHAMLET, S.L., CLUBE CULTURAL
ELSINORE, IRMANDADE SAN CAETANO
( Celeiro de Mariñaos) e o Colectivo Cultural
BURIL...e outros colectivos que non puideron estar na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro fixeron constar o seu apoio a esta inciativa.
Tamén participaron persoas a título individual como, Ponte Fores (
Foz ), Caxigueiro, Emilio Méndez
( Finca
Galea ), Manuel Lourenzo, Carlos López Otero (
Burela ), Evaristo Maseda, J. H. Martinez
Mosqueira, Arturo Mogo ou Celso Dourado.
Entre os acordos aos que se chegou suliñamos o de constituir unha
Comisión Organizadora da homenaxe a Miro Casabella, que se reunirá nos vindeiros días coa finalidade de facer propostas concretas para unha segunda reunión a celebrar no mes de febreiro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)