21/04/16
Un agasallo do fotógrafo Paco López
Hoxe o agasallo vén da man do fotógrafo Paco López.:"A fervenza de Xunqueira". Publicámola para vos animar a participar neste primeiro roteiro das "Camiñadas polas Terras de Viveiro". Sairemos o domingo 24 de abril, ás 10 da mañá, desde a esplanada de Verxeis. Faremos o primeiro tramo do paseo fluvial até o muiño das Aceas, unha breve paradiña no Mosteiro de Valdeflores e xa seguiremos pola beira do Fontecova até a capela da Sarna.
A volta será por Magazos, onde arredor das 14 horas xuntaranse--as persoas que se anoten--para dar conta duns petiscos...
Para se inscribir: neste nº 616 09 45 52 ou no noso correo:
pensamentoesementeira@gmail.com
16/04/16
O 24: o roteiro dos muiños do Fontevova
O noso colectivo abre o domingo 24 de
abril o programa “Camiñadas polas terras
de Viveiro” coa rota dos muiños do Fontecova.
A xornada dará comezo ás
10 da mañá na esplanada de Verxeis. As persoas participantes farán o primeiro
tramo do paseo fluvial do río Landro. A primeira parada será no muiño das Aceas
para deseguido continuar até o Convento de Valdeflores. A rota dos muiños seguindo o
regato Fontecova chegará até a capela da Sarna. A volta será por Fontecova até
a Ruanova, en Magazos, onde os
camiñantes repoñerán forzas cuns petiscos.
Para participar nesta
actividade, que terá un percorrido aproximado de 9 quilómetros, hai que se
anotar chamando ao 616 09 45 52, antes do venres 22.
O colectivo viveirés ten programado
catro camiñadas máis: “De Valcarría ao Pozo da Ferida”, “Subida ao monte
Castelo”, “Suegos e Punta Socastro” e o Roteiro “Polas Covas de Covas “( A de
San Xoán vello e a da Doncela ).
13/04/16
Camiñadas polas terras de Viveiro
O domingo 24 de abril damos comezo ás "Camiñadas polas terras de
Viveiro". Faremos o roteiro dos Muiños do río Fontecova saíndo desde
Verxeis . Pasaremos polo muiño das Aceas, Convento de Valdeflores,
Capela da Sarna...e faremos unha paradiña en Magazos con algunha
sorpresa.
Atención ao programa!
Atención ao programa!
08/04/16
Viveiro de poemas
O noso Colectivo está
a organizar un recital con poemas de Manuel María Fernández
Teixeiro, escritor ao que este ano se lle dedica o día das Letras. O acto, de formato
semellante ao realizado hai dous anos con poemas de Rosalía de Castro, contará
coa participación dunha ducia de persoas:
- X. M. Vázquez “Leman”, empresario da Hostelaría,
- Suso Fernández,
concelleiro de Facenda,
-Alba Fernández Jimenez, do colectivo ASPANANE,
- Andrés Díaz,
práctico de Porto en Celeiro,
-Patricia Álvarez, panadeira,
- Moncho Bermúdez,
músico,
- Flor Chao do colectivo Fraga das Saímas,
-Teresa Penabad, presidenta da
Coral ALBORADA,
- Adrián Ben, atleta,
- Xoel Eijo, estudante,
- Margaret Licklider,
lectora de inglés
- e Cristina L. Felipe, xornalista.
No recital que será de
entrada libre até completar o aforo do salón do Conservatorio Profesional de
Música de Música proxectaranse tamén vídeos e o acto pecharase coa actuación musical
dun Coro que estreará unha peza musicada do poeta da Terra Cha.
04/04/16
NON LLES PUXERON O SANTO...
Pois non, non lles puxeron o santo... mais a xentiña ficou "santificada" con esta camiñada pola contorna de Santo Estevo.
Fermosa paraxe, xantar con sorpresa na sobremesa e traxecto de volta con canciós e moito humor. Agradecementos :
A Ramón, que fixo de guía;
a Marqués, pola sobremesa queimada;
a Luisa polo humor co que nos agasallou no autobús ,na viaxe de volta;
a todas as persoas que participaron na camiñada.
E a seguir. Axiña daremos conta dunha nova programación de Camiñadas.
( Se queredes ver as fotografías de Pedro Michelena, o enlace é este:
https://www.flickr.com/photos/34708679@N04/albums/72157660990959635
Fermosa paraxe, xantar con sorpresa na sobremesa e traxecto de volta con canciós e moito humor. Agradecementos :
A Ramón, que fixo de guía;
a Marqués, pola sobremesa queimada;
a Luisa polo humor co que nos agasallou no autobús ,na viaxe de volta;
a todas as persoas que participaron na camiñada.
E a seguir. Axiña daremos conta dunha nova programación de Camiñadas.
( Se queredes ver as fotografías de Pedro Michelena, o enlace é este:
https://www.flickr.com/photos/34708679@N04/albums/72157660990959635
30/03/16
Camiñata pola contorna de Santo Estevo do Ermo
Camiñata pola contorna de Santo Estevo do Ermo
domingo 3 de abril de 2016
-9 horas: saída desde a O. de Turismo de Viveiro, en autobús. (Servizo gratuíto)
-10 horas: Barreiros. Comezo da camiñata. ( 9 quilómetros)
Guiada por membros da A. Cultural Irmandade Santo Estevo
-14.30 horas: Xantar en Barreiros ( 10 euros ) ( Hai que se anotar previamente )
-18 horas: Regreso a Viveiro
INSCRICIÓNS:
Teléfono nº: 616 094 552
pensamentoesementeira@gmail.com
Organiza:
Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA
Colabora:
Concello de Viveiro
26/03/16
Aberta a inscrición
Temos aberta a inscrición para a actividade que inicia a nosa programación de Primavera o domingo 3 de abril.
Trátase dunha Camiñada pola contorna de Santo Estevo do Ermo que vai estar guiada por membros da Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo.
Para nos desprazar até a localidade de Barreiros teremos un autobús de 50 prazas, gratuíto.
Tamén se poderá participar nun xantar colectivo, en Barreiros, que vai ter un custe de 10 euros.
O número de teléfono para as inscricións é o do Colectivo: 616 094 552.
Pode pasar como na última "Camiñada...". Houbo xente que ficou sen praza no autobús.É por iso polo que, se tendes pensado participar, antotádevos canto antes.
A fermosa fotografía é de Sole Felloza
Trátase dunha Camiñada pola contorna de Santo Estevo do Ermo que vai estar guiada por membros da Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo.
Para nos desprazar até a localidade de Barreiros teremos un autobús de 50 prazas, gratuíto.
Tamén se poderá participar nun xantar colectivo, en Barreiros, que vai ter un custe de 10 euros.
O número de teléfono para as inscricións é o do Colectivo: 616 094 552.
Pode pasar como na última "Camiñada...". Houbo xente que ficou sen praza no autobús.É por iso polo que, se tendes pensado participar, antotádevos canto antes.
A fermosa fotografía é de Sole Felloza
19/03/16
Abrimos a nova programación nunha fervenza
Así é. Nunha fervenza e en Santo Estevo do Ermo (Barreiros) abrimos este ano a Programación PRIMAVERA 16.
Á excursión, aberta e
gratuita, será o domingo 3 de abril. Un autobús, que sairá desde a oficina de
turismo de Viveiro o primeiro domingo de
abril ás 9 da mañá, achegará ás persoas participantes a Barreiros. Desde esta
localidade mariñana os excursionistas percorreremos a pé e guiados por membros da
asociación cultural Irmandade Santo Estevo a fermosa paraxe da fonte de Augas
Santas e visitaremos os restos da ermida, a fervenza e a fonte de Santa Rosa.
Ao rematarmos o percorrido
a pé, que supón arredor dos 9 quilómetros, as persoas participantes poderemos
xantar en Barreiros para voltar arredor
das 6 da tarde a Viveiro.
O noso colectivo programará
ademais varias sesións de cineclube en abril; en maio o espectáculo“PENDANCA E OSO”, de Lucía Aldao e María Lado
e tamén estmos a organizar un recital cos versos de Manuel María que
protagonizarán unha ducia de veciños de Viveiro para celebrar así o día das
Letras deste ano.
A Xunta Directiva
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)