Este mércores 30 de outubro remata o ciclo de cine euroárabe coa proxección da película que obtivo o premio Amal-2012 á mellor longametraxe documental. Dura 93 minutos e está dirixida por Jerôme le Maire.
"Le thé ou l´electricité" é a historia da modernización dunha pequena vila no corazón do Alto Atlas marroquino. No proceso enfróntanse dúas visións de futuro: mentras uns pensan que o progreso pasa pola construción dunha estrada, outros apostan pola chegada da electricidade. Axiña se decatarán do complicado que resultará chegar a un acordo.
Jerôme le Maire é un guionista e cameraman belga. É tamén o director do longo de ficción "Le Grand´ Tour" (seleccionado no Festival de Rotterdam e en Cannes ) e do documental "Où est l´amour dans a palmeraie?" nomeado nos European Academy Awards premios ARTE.