O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA abre a súa programación cultural de outono coa proxección de cinco películas de cine euroárabe.
As películas que se proxectasrán dentro deste ciclo pertencen á Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, entidade que organiza o Festival de Cine Euroárabe Amal que é o único festival de cine euroárabe de Europa.
As proxeccións , subtituladas, terán lugar os mércores 9, 16, 23 e 30 de outubro, ás 8 e media da noite, no salón de actos do IES Mª Sarmiento de Viveiro e a entrada será libre até completar o aforo.
Abrirá o ciclo “Rabat” , unha película holandesa dirixida por Jim Taihuttu e Victor Ponten que conta con tres premios Amal ( 2012 ): á mellor longametraxe de fición, mellor dirección e mellor interpretación masculina.
“Bromas aparte”, ( Francia, Palestina ),“Le thé ou l´electricité”, ( Bélxica, Marrocos ) “Eid”,
( Palestina ) e “Esemble” (Francia ), dúas longametraxes e dúas curtas serán as películas que se proxectarán en Viveiro neste mes de outubro.
Nos vindeiros días o Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA dará a coñecer outras actividades da programación cultural deste outono.