O vindeiro mércores 11 de
marzo remata o ciclo de “Cine árabe para o mundo” que o noso colectivo ,
en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de culturas, programou dentro da súa programación cultural de inverno.
O documental “Shooting,
Muhammad” de Francesco Cannito e Luca Casani ( Italia, 2009) e a curtametraxe palestiniana “Shwesh,Suez” de Riyad Deis pecharán o ciclo
de películas sobre Palestina que se proxectaron durante os tres primeiros meses
do ano no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro.
A sesión dará comezo ás 20 horas no salón de actos do IES María Sarmiento.
A entrada é libre ate completar o aforo.