“PENDANCA E OSO,
un espectáculo aldaolado sobre o amor”
Das aventuras ou
desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas,
anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e
sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no
seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis
romántico e ó amor máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto
en canal e escarallándose. Iso é Pendanca e oso, unha fábula que conta e
canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade.
Xoves 12 de maio de 2016
20:30 horas
Teatro Pastor Díaz
Entrada: 5 euros
Organiza: Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA
Colabora: Concello de Viveiro