A sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, ateigada de veciñanza, foi o local onde se desenvolveu a primeira das actividades da Primavera Cultural 2019. O noso Colectivo organizou, xunto coa Asociación Mariña Patrimonio, a conferencia O sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII. O caso de Viveiro e Celeiro que foi impartida polo historiador Xosé M. Leal Bóveda.
O historiador, que hai anos imparteu aulas no Instituto Irmáns Vilar Ponte de Viveiro e que agora traballa como investigador externo da USC, mantivo o interese das moitas persoas que seguiron este acto divulgativo arredor do noso Patrimonio.
Desde o noso Colectivo damos as grazas a Xosé M. Leal e agardamos que agora o Concello de Viveiro tome nota e protexa os restos das Baterías de Celeiro e Covas tal e como propuxo a Asociación Mariña Patrimonio.
29/04/19
26/04/19
16/04/19
As Baterías costeiras na Ría de Viveiro
CONFERENCIA
SOBRE AS BATERÍAS COSTEIRAS DE
VIVEIRO A CARGO DO HISTORIADOR XOSÉ MARÍA
LEAL
A actividade, organizada polo colectivo Pensamento e
Sementeira
e maila a asociación Mariña Patrimonio, terá lugar o xoves 25 de
abril en Viveiro.
O historiador Xosé María Leal Bóveda impartirá a
conferencia O
sistema defensivo litoral
no Cantábrico galego. Séculos XVII-
XVIII. O caso de Viveiro- Celeiro na
sala da planta baixa da
Biblioteca Municipal de Viveiro.
O acto, que
comezará ás 20h.00, conta coa colaboración do
Concello de Viveiro e ten como
finalidade dar a coñecer as baterías
costeiras de San Xoán e de Celeiro. Estes
bens culturais, malia a
súa importancia, son unas grandes descoñecidas do
patrimonio de
Viveiro e non contan na actualidade con ningún tipo de
protección.
06/04/19
PRIMAVERA CULTURAL 2019
O noso colectivo está a programar a “Primavera Cultural 2019”.
A primeira das actividades, o 25 de abril, estará
organizada en
colaboración coa asociación Mariña Patrimonio e consistirá nunha
charla do profesor Xosé María Leal Bóveda que dará a coñecer os
postos de
vixilancia que existiron na Ría de Viveiro.
Tamén en abril, o 29, darán comenzó as actividades
do Clube de
Lectura que nace agora dentro deste colectivo. A obra escollida
para esta ocasión é “Charamuscas” de Suso Lista. Nesta primeira
sesión do Clube
participará tamén o escritor que no mes
de
decembro pasado, presentou a súa obra en Viveiro.
Xa en maio e dentro desta mesma programación, vai
ser
presentado o proxecto musical e artístico “A Comuna do Barruzo”
por Ugia
Pedreira e Abel Pérez.
O colectivo Pensamento e Sementeira concretará nos
vindeiros
días outras actividades que farán parte desta “Primavera Cultural
2019”, como unha camiñada polo Rego dos Curuxos, no Viveiró
(Muras) ou unha
palestra arredor do activismo cultural na Mariña.
Pensamento e Sementeira está a organizar tamén
actividades para
conmemorar no mes der
outubro o 150 aniversario do nacemento
do poeta Antonio Noriega Varela
(1869-1947).
05/04/19
Nace un Clube de Lectura
O vindeiro luns 29 de abril manteremos a primeira das actividades do Clube de Lectura do noso Colectivo.
O libro que escollimos para dar comezo é "Charamuscas" de Suso Lista, un libro que xa foi presentado en Viveiro en decembro do pasado ano e do que o crítico Ramón Nicolás en La Voz de Galicia di que son:
"Historias erixidas con palabras cheas de salitre que agroman na fin da terra: ese lugar onde o mar e mais os barcos «forman parte dos nosos corpos e das nosas vidas». Relatos que valen para ese universo mais tamén para o mundo todo e que nos fan sentir felices por gozalas e valoralas".
Nesta primeira actividade do Clube de Lectura participará o autor do libro Suso Lista.
Así que xa o sabedes. De vos interesar participar esta actividade, poñédevos en contacto antes do 15 deste mes de abril co Colectivo (pensamentoesementeira@gmail.com) ou persoalmente coas persoas asociadas que van coordenar este Clube: Laura Fernández e Roberto Zueros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)