O noso colectivo está a programar a “Primavera Cultural 2019”.
A primeira das actividades, o 25 de abril, estará
organizada en
colaboración coa asociación Mariña Patrimonio e consistirá nunha
charla do profesor Xosé María Leal Bóveda que dará a coñecer os
postos de
vixilancia que existiron na Ría de Viveiro.
Tamén en abril, o 29, darán comenzó as actividades
do Clube de
Lectura que nace agora dentro deste colectivo. A obra escollida
para esta ocasión é “Charamuscas” de Suso Lista. Nesta primeira
sesión do Clube
participará tamén o escritor que no mes
de
decembro pasado, presentou a súa obra en Viveiro.
Xa en maio e dentro desta mesma programación, vai
ser
presentado o proxecto musical e artístico “A Comuna do Barruzo”
por Ugia
Pedreira e Abel Pérez.
O colectivo Pensamento e Sementeira concretará nos
vindeiros
días outras actividades que farán parte desta “Primavera Cultural
2019”, como unha camiñada polo Rego dos Curuxos, no Viveiró
(Muras) ou unha
palestra arredor do activismo cultural na Mariña.
Pensamento e Sementeira está a organizar tamén
actividades para
conmemorar no mes der
outubro o 150 aniversario do nacemento
do poeta Antonio Noriega Varela
(1869-1947).