REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

29/04/19

A primeira das actividades da Primavera Cultural 2019

A sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, ateigada de veciñanza, foi o local onde se desenvolveu a primeira das actividades da Primavera Cultural 2019. O noso Colectivo organizou, xunto coa Asociación Mariña Patrimonio, a conferencia O sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII. O caso de Viveiro e Celeiro que foi impartida polo historiador Xosé M. Leal Bóveda.
O historiador, que hai anos imparteu aulas no Instituto Irmáns Vilar Ponte de Viveiro e que agora  traballa como investigador externo da USC, mantivo o interese das moitas persoas que seguiron este acto divulgativo  arredor do noso Patrimonio.
Desde o noso Colectivo damos as grazas a Xosé M. Leal e agardamos que agora o Concello de Viveiro tome nota e protexa os restos das Baterías de Celeiro e Covas tal e como propuxo a Asociación Mariña Patrimonio.