Co documental “Shooting, Muhammad” de Francesco
Cannito e Luca Casani ( Italia, 2009) e
a curtametraxe “Shwesh,Suez” de Riyad Deis ( Palestina ,2009 ), remata o ciclo
de películas sobre Palestina que se proxectaron durante os tres primeiros meses
do ano no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro.
“Shooting Muhammad” conta
a historia dun refugiado palestino de 21 anos que, cada mañá, colle o autobús
para asistir á universidade israelí situada nun asentamento de Cisxordania. El
é o único estudante árabe da facultade e comparte aula con colonos
ultra-relixiosos.
A curta, “Shwesh, shwesh”
está ambientada nas zonas rurais de Palestina, en 1939, ao final da revolta
palestina contra o mandato británico. Un agricultor palestino e a súa familia
viven unha vida tradicional cando todo cambia porque un combatente da
resistencia decide agocharse nunha pequena granxa e trae ideas revolucionarias…
A sesión dará comezo ás
20 horas e a entrada é libre até completar o aforo da sala.