O vindeiro xoves 27 o arqueólogo e escritor Felipe Senén pechará
as Xornadas sobre Lingua e Cultura que
se veñen celebrando ao longo deste mes
de novembro dentro da programación do
noso Colectivo.
Fundador e presidente de "Amigos dos Museos de Galicia". Realizou cen proxectos e realizacións para a valoración do patrimonio cultural da provincia da Coruña. É conferenciante sobre temas de arte e etnografía por toda Europa e América. É autor de múltiples publicacións sobre simboloxía, arte e arqueoloxía.
O relatorio de Felipe Senén titulado “Cultura galega: o estado da cuestión” dará comezo ás 20:30 horas, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior. A entrada é libre até completar o aforo do local.