Agradecendo o traballo feito polo noso asociado Abella Albo para gravar a actuación de Uxía e Narf o pasado 27 de marzo no Teatro Pastor Díaz, deixámosvos aquí un anaquiño deste fermoso concerto.
Que vos preste!
"ARREDOR DUNHA
ILLA, UN MOSTEIRO E UNHA VILA ASULAGADA: DE SAN MIGUEL DA COELLEIRA A
ESTABAÑÓN”
O vindeiro sábado 18 de abril, ás 19 horas, o noso colectivo viveirés organiza unha Tertulia aberta ao público que contará
coas intervencións de Manuel Gago e Manuel Miranda.
“Arredor dunha illa, un mosteiro e unha vila asulagada: de San Miguel da
Coelleira a Estabañón” é o título desta actividade que se desenvolverána sala da planta baixa da Biblioteca
Municipal de Viveiro e na que taménse proxectarán imáxes sobre os vestixios do
mosteiro de San Miguel e o sitio arqueolóxico de Estabañón.
Manuel Gago, xornalista cultural e profesor da
Universidade de Santiago de Compostela, especializado en deseño e desenvolvemento
de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural,
gastronomía e ciencia e Manuel Miranda, presidente do colectivo sociocultural
MariñaPatrimonio serán os encargados de descubrirnos aspectos destes dous
lugares tan descoñecidos paraagrande
maioría das persoas.
O colectivo
organizador lembra que a entrada a esta tertulia é libre até completar o aforo
da sala.
Uxía concibe escribindo palabras e músicas que saen
sempre do máis profundo e íntimo do seu ser, da alma. A súa carreira xa suma
case tres décadas, anos que a converteron nunha das voces máis populares e
valoradas en lingua galega.
Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, Uxía emprende un camiño en solitario
que responde a unha natural evolución da súa traxectoria. Naquel mesmo ano
publica "Entre cidades", e catro anos despois, "Estou Vivindo no
ceo", disco moi valorado pola crítica, que afianza a súa proxección internacional
e que a leva a cantar por motos países europeos, por América e África. .
A súa paixón pola mestizaxe consigue unir e reunir voces, instrumentos,
ritmos, sons... é un imán para o talento, e así o demostra como directora
artística na creación do Festival Internacional da Lusofonía "Cantos na
Maré", un espectáculo concibido como punto de encontro de artistas da área
lusófona no que o escenario transfórmase nunha fiestra multicultural coas
mellores voces de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Angola,
Mozambique, etc.
No seu disco “Meu Canto” (Fol Música 2011) Uxía sigue a estela dunha
cultura que viaxa e cambia o significado e a natureza das fronteiras. Nesta
ocasión a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi gravado este traballo, nos estudios
da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro, todo baixo a produción do
prestixioso músico Jaime Alem (produtor de María Bethânia), a direción musical
de Sérgio Tannuse a participación especial de Lenine que obtivo o 'Premio de la Música Independiente
2012' ao mellor disco en galego.
Tamén é productora do grupo tradicional Malvela, crítica de música na
Radio Galega e imparte conferencias sobre a Historia da Música Galega.
Nos últimos tempos coordinou e dirixiu varios discos e proxectos colectivos
como CoraSons (Kalandraka, 2013), Maria Fumaça e Xiqui Xoque, Fiú, Fiú
(Galaxia) na área infantil e 'Atlántic@s', un espectáculo galego que se
presentou no MICSUR (Mar del Plata) con Narf, Budiño e Rosa Cedron.
Editou o cd 'Andando a Tera', sobre poemas de Manuel María e 'Rosalía
Pequeniña' (Galaxia 2013) no que achega os versos da nosa porta máis universal
aos máis cativose cativas.
Despois de máis de vinte anos no mundo da música e formar parte de
diversas bandas de rock Fran Pérez, artista relacionado dende sempre co
mundo da cultura teatral e musical, creou no ano 2004 o concepto NARF. O
proxecto do polifacético músico rompeu as barreiras e converteuse nunha
das aventuras musicais máis interesantes da última década en Galicia.
Trátase dun artista inquedo, que investiga o ritmo e a harmonía.
O venres 27 de marzoPensamento e Sementeira organiza no Teatro Pastor Díaz, en colaboración co Concello de Viveiroun concerto que contará coa participación da
cantante Uxía Senlle e o compositor
Fran Pérez NARF,dous dos artistas do panorama actual galego máis influentes e que máis
pontes teñen forxado a través da música con creadores de outras partes do
mundo, en especial cos países de lingua portuguesa.
Tras anos de viaxes e experiencias de
intercambio con artistas de Mozambique, Angola, Brasil, Portugal, Cabo Verde,
Guinea Bissau, Arxentina, Chile, Uruguai... tanto Uxía como Fran Pérez
“NARF” foron construíndo os seus respectivos repertorios, xerando canción a
canción, un pequeno ámbito de convivencia entre mundos culturais que nalgúns
casos comparten a mesma orixe, e en todos a mesma paixón pola palabra cantada.
Este lugar propicio para o encontro é o territorio da Galiza Imaxinaria, un
espazo emocional sen fronteiras, con raíces profundas pero cos brazos abertos
ao mundo de hoxe, un territorio que pertence por dereito a todo aquel que o
queira transitar, e no que os rasgos de identidade presentes nas cancións,
lonxe de ser barreiras, son portas de entrada.
Porprimeira vez, UXÍA & NARF funden os seus
repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de
formato intimista, no que convidan a coñecer as "Baladas da Galiza imaxinaria". Todas e cada unha destas
cancións teñen unha historia detrás relacionada cunha viaxe, cun encontro e
cunha experiencia vivida a través da música, e farán as delicias daqueles que, con espírito inquedo e
aventureiro, as deixen entrar no seu corazón.
O concerto dará comezo ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. O colectivo
organizador porá á venda as entradas (5 euros) unha hora antes do comezo do
espectáculo.
Co documental “Shooting, Muhammad” de Francesco
Cannito e Luca Casani ( Italia, 2009)e
a curtametraxe “Shwesh,Suez” de Riyad Deis ( Palestina ,2009 ), remata o ciclo
de películas sobre Palestina que se proxectaron durante os tres primeiros meses
do ano no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro.
“Shooting Muhammad” conta
a historia dun refugiado palestino de 21 anos que, cada mañá, colle o autobús
para asistir á universidade israelí situada nun asentamento de Cisxordania. El
é o único estudante árabe da facultade e comparte aula con colonos
ultra-relixiosos.
A curta, “Shwesh, shwesh”
está ambientada nas zonas rurais de Palestina, en 1939, ao final da revolta
palestina contra o mandato británico. Un agricultor palestino e a súa familia
viven unha vida tradicional cando todo cambia porque un combatente da
resistencia decide agocharse nunha pequena granxa e trae ideas revolucionarias…
A sesión dará comezo ás
20 horas e a entrada é libre até completar o aforo da sala.
O vindeiro mércores 11 de
marzo remata o ciclo de “Cine árabe para o mundo” queo noso colectivo ,
en colaboración coa Fundación Araguaney-Ponte de culturas, programou dentro da súa programación cultural de inverno.
O documental “Shooting,
Muhammad” de Francesco Cannito e Luca Casani ( Italia, 2009)e a curtametraxe palestiniana “Shwesh,Suez” de Riyad Deis pecharán o ciclo
de películas sobre Palestina que se proxectaron durante os tres primeiros meses
do ano no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro.
A sesión dará comezo ás 20 horas no salón de actos do IES María Sarmiento.
PENSAMENTO E SEMENTEIRA convoca un debate arredor das posíbeis intervencións
no areal de Covas que terá lugar este venres
27 de febreiro, ás 20:30 horas
na sala da planta baixa da Biblioteca
Municipal, na Praza Maior.
Os cambios, acentuados
agora por efeito das últimas vagas de mar e as transformacións producidas nosúltimos anos no medio, que ocuparon todo o
sistema dunar, construíndo espigóns e canalizacións,deron lugar a escaseza de area e ao
desequilibrio da praia.
O porto de Celeiro diminuiu
drásticamente a enerxía das ondas do mar que rompen no areal provocando a perda
de area no sector occidental que é transportada lonxitudalmente de oeste a
este.
Estes cambios e as
posíbeis intervencións da Administración no areal preocupan á veciñanza e é por iso que o
colectivo organizador programou este debate ao que se convidou á Xefatura da
Demarcación de Costas de Lugo. Como os representates de Costas decidironnon intervir neste acto o colectivo
organizador decidiu solicitar á alcaldesa de Viveiro que informase das
propostas que a Demarcación lle ten presentado ao Concello.
No acto pois, ademais de
María Loureiro, que o fai en representación do Concello, intervirán as seguintes
persoas:
-Andrés Díaz Ferro,
capitán de pesca e Práctico do porto de Celeiro.
-Alexandre García,
especialista en bioloxía mariña e vogal do Litoral de ADEGA e
-J. Pino, capitán de
pesca
O acto contará, ademais,
coa proxección de vídeos e fotografías que ilustrarán sobre os cambios sufridos
polo areal de Covas.
O mércores 25e dentro do ciclo de cine #Palestina que
organiza o nosocolectivo en colaboración coa
Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, proxectaranse en Viveiro dúas películas
máis. Trátase do documental “Jenin, Jenin” e da curtametraxe “Lesh Sabreen ?”.
“Lesh sabreen?”, ( Muayad
Alayan, 2009 ) é unha curtametraxe sobre unha xove parella do barrio palestino
do oeste de Xerusalén que ten que se enfrentar a problemas económicos,
actitudes conservadoras e ás consecuencias da ocupación israelí.
“Jenin, Jenin”,( Muhammad Bakri, 2002 ), espertou unha
tormenta en Israel e até chegou ao Tribunal Supremo que tomou a decisión de
prohibir a súa estrea. A película trata dos feitos de jenin en abril de 2002,
cando o exército israelí invadiu o pobo de Cisxordania e o campo de refugiados
como parte da chamada “Operación Escudo Defensivo”.
As proxeccións darán
comezo ás 20 horas no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro.
O noso colectivo xa ten data para a celebración do debate arredor do estado actual do areal de Covas. Será o venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, na sala da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior.
A
modificación que está a sufrir o areal é motivo de preocupación para a
veciñanza. É por iso que PENSAMENTO E SEMENTEIRA organiza este debate
no que intervirán as seguintes persoas:
-Alexandre García, biólogo. -Andrés Díaz Ferro, práctico do porto de Celeiro. -J. Pino, capitán de pesca. -Tamén se cursou un convite para participar no debate á Demarcación de Costas de Lugo .
O acto será público , con entrada libre até completar o aforo da sala.
O documental “Esta é a
miña terra, Hebrón” (“This is my land Hebron”, Italia, 2010) de Giulia Amati e Stephen Natanson e a curta “Gaza-Londres”
de Dima Hamdam, (Reino Unido, 2009) serán as películas que se proxectarán en
Viveiro na segunda sesión do ciclo # PALESTINA o vindeiro mércores 11 de
febreiro. Esta mostra de cine, organizada polo noso Colectivo patrocinado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, vén
desenvolvéndose no salón de actos do IES
María Sarmiento de Viveiro, ás 20 horas, sendo a entrada libre até completar o
aforo.
O documental deGiulia Amati e Stephen Natanson presenta a
Hebrón, unha cidade de conflito e odio, un dos asentamentos israelís en
Cisxordania, o único corazón dunha cidade palestina. O centro da cidade é agora
o teatro dunha guerra entre veciños onde os principais obxectivos son
conquistar un metro máis de cidade, manter a raia ao inimigo ou simplemente
ficar no seu terreo.
Na curtametraxe de
Dima Hamdam, directora naturalizada xordana aínda que orixinaria dunha
familia palestina que foi expulsada de Gaza en 1948, coincidiendo con la fundación
del Estado de Israel, o protagonista Mahmoud está en Londres e a súa nai
en Gaza, coincidindo co ataque masivon de 2008 levado a cabo na Franxa .Desta terceira produción da
súa autoría a directora ten Dito que “explica a destrución e a morte que
conlevan os conflitos máis alá das noticias e das cifras”.
As asociacións: Queremos Galego, Colectivo Cultural Buril, de Burela;
Asociación socio-cultural A Pomba do Arco, de Foz; Colectivo Cultural Ollomao,
de Barreiros; Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo; Asociación
Arrincadeira, de Riotorto; e Observatorio da Mariña pola Igualdade organizan en Foz
o vindeiro sábado 31 de xaneiro, a partir das 17h na
sala Bahía de Foz, a FESTA POLO GALEGO con contacontos, chocolatada e concerto da Big Band de
Foz.
O Colectivo comeza a súa andaina neste 2015 programando un novo ciclo. Trátase de Mostra de cine#PALESTINA que achegamos a Viveiro grazas á Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e ao Festival Internacional de cine euroárabe Amal.
A primeira das 8 películas é o documental "Eu son Gaza" ( Xordania ) da directora Asma Beseiro que afonda na importancia histórica do período 2008-2009 co brutal ataque israelí sobre Gaza, ademais do seu impacto sobre Palestina.
A película, rodada en Gaza, é posterior aos ataques e mostra as historias persoais que non abordaron os medios de comunicación, deixando ver o impacto potencial a longo prazo, tanto social como psicolóxico.
Nesa mesma sesión proxectaremos tamén a curtametraxe "Os nenos de Ibdaa" (Palestina).
O ciclo dará comezo o día 28 de xaneiro, ás 20 horas.
A entrada é libre até completar o aforo.
PROGRAMA
Mércores 28 de xaneiro de 2015:
20 horas.
Salón de Actos do IES María Sarmiento
(VIVEIRO)
-"Eu son Gaza" (Documental)
-"Os
nenos de Ibdaa" (Curtametraxe)
Mércores 11 de febreiro de 2015:
20 horas
Salón de Actos do IES María Sarmiento
(VIVEIRO)
-"This is my Land Hebron" (Documental)
-"Gaza-Londres"
(Curtametraxe)
Mércores 25 de febreiro de 2015:
20 horas
Salón de Actos do IES María Sarmiento
(VIVEIRO)
-"Jenin, Jenin" (Documental)
-"Lesh
Sabreen?" (Curtamentraxe)
Mércores 11 de marzo de 2015:
20 horas
Salón de Actos do IES María Sarmiento
(VIVEIRO)
-"Shooting Muhammad" (Documental)
O pasado 14 de xaneiro as persoas asociadas tivemos a ocasión de reunírmonos na Asemblea de carácter ordinario para dar conta da nosa actividade durante o ano que vén de rematar e tamén para falar dos proxectos para este 2015.
Dentro duns días daremos comezo ás nosas actividades. A primeira delas consistirá nun novo ciclo de cine, onde proxectaremos 8 películas e que se desenvolverá durante o primeiro trimestre do 2015.
Tamén estamos a programar un debate arredor dos cambios nos areais da nosa costa. Entendemos que pode ser de interese tratar este asunto cando se está a falar da posibilidade de construir un novo espigón na praia de Covas.
Nos vindeiros días daremos a coñecer a programación do Colectivo para este primeiro trimestre do 2015.
Non queremos rematar o ano sen parabenizar a outros colectivos que tamén programan en Viveiro actividades ao longo de todo o ano. Desta volta o colectivo que escollemos para representar o activismo sociocultural en Viveiro é a asociación de mulleres "Fraga das Saímas" da parroquia viveiresa de Santo Adré de Boimente.
Parabéns para Flor Chao, a súa presidenta e para todas as persoas asociadas a este colectivo.
E como agasallo ás persoas que seguen o noso Blogue, ofrecémoslles esta peza do CD "Bolboreta" de Lydia Botana, quen por certo actuou hai uns días na VII Festa de Nadal que organizou "Fraga das Saímas".
Que vos preste!
Ciclo de Cine "DIRIXIDO POR..." Ignacio Vilar "Pradolongo" (2012) Mércores 17 de decembro de 2014 20:30 horas. Salón de Actos do I.E.S. María Sarmiento Entrada libre até completar o aforo.