PeS PROPÓN INSTALAR UNHA ESCULTURA PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DAS IRMANDADES DA
FALA
PENSAMENTO E SEMENTEIRA vén de lle propor á concelleira de Cultura de Viveiro, Lara
Fernández-Noriega, que reúna aos colectivos socio-culturais e veciñais para
programar entre todos a celebración durante o ano 2016 do centenario das
Irmandades da Fala.
No escrito rexistrado
hoxe no Concello polo colectivo recóllese que o vindeiro ano 2016 cúmprense os
cen da fundación das Irmandades da Fala, entidade que destacou pola defensa e o
uso do idioma galegoen todos os ámbitos
e onde os irmáns viveireses Antón e Ramón Vilar Ponte tiveron un importante
papel.
“Sendo coñecedores de que o
Concello de Viveiro vai contribuircoa programación dalgún acto arredor deste
centenario —sinala no seu escrito o colectivo— a aconmemoración non só debería reducirse á tradicional conferencia divulgativa sobre
as Irmandades e os irmáns Vilar Ponte”.
Así, PENSAMENTO E
SEMENTEIRA proponlle á Concelleira de Cultura que a celebraciónse prolongue ao longo de todo o2016 e que nas actividades que se desenvolvan se implique á totalidade
das asociacións socio-culturais e veciñais do Concello, para o que solicitan
que desde o Concello se faga unha convocatoria a todo o tecido asociativo de
Viveiro,
O noso colectivo adianta tres propostas que, de se celebrar a reunión,
presentaría para o seu debate. A primeira delas consistiría en que a
corporación municipal declarase o ano 2016 como “Ano das Irmandades da Fala”.
Tamén propoñen que as actividades de todo tipo que organicen as asociacións
durante o vindeiro ano leven como lema: “2016, ano das Irmandades da Fala”.
A última
das suxestións de PeS consiste en que se estude a instalación, ao rematar o ano
2016, dunhaesculturadedicada ás Irmandades da Fala e a Antón e
Ramón Vilar Ponte , no lugar que se considere máis adecuado, e que podería ser sufragado por suscrición popular e apoio de
entidades públicas e privadas.
mércores 11 de novembro 20 horas Salón de actos do IES María Sarmiento
Este mércores 11 de novembro dá comezo o cilo de Cine de Humor. A película que proxectaremos é "Crónicas diplomáticas". De seguido deixamosvos unha reseña publicada en "Blog de cine" por Alberto Abuín: “Crónicas diplomáticas”, un discurso maxistral
‘Crónicas diplomáticas’ (‘Quai D’Orsay’, Bertrand
Tavernier, 2013) móstranos por primera vez de forma moi clara o lado
humorístico dun autor, con todas as súas letras, que normalmente conmociona ao
espectador levándoo ao peor lado humano con xoias do calibre de ‘A
morte en directo’ (‘La mort en direct’, 1980) e ‘Hoxe comeza
todo’ (‘Ça commence aujourd'hui’, 1999) —relato sobre o ensino e
aeducación tan terrible como
necesario—, ou cantos ao jazz como a
imprescindíbel ‘Arredor da medianoite’ (‘Round Midnight’,
1986).
Films todos eles diferentes entre sí, aínda que ben visible o estilo de
Tavernier, coa cámara sempre á altura das personaxes, para coñecer as súas
miserias epoucas alegrías, e que con
‘Crónicas diplomáticas’ parece dar una vuelta de porca pasándoseao lado dacomedia más frenética, cecais como bálsamo —o mellor que existe, o único verdaderamente indestructíbel— ás hostias que nos está a dar a vida a todos os
niveiss. E ademais é unha adaptación dun
cómic. Christophe Blain
e Abel Lanzac son os autores do cómice tamemén os guionistas nol film deTavernier,
unha historia centrada no Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, situado nun
lugar chamado Quai d’Orsay, utilizado case sempre para se
referir ao Ministerio, de aí o título
orixinal do film. Un film que basa todo o seu relato arredor da construción dun
discurso que p ministro Taillard —sensacional Thierry
Lhermitte— deberá pronunciar na sede das Nacións Unidas.
A vida con humor
Un discurso, que como moitos outros na historia do cine, supón un dos puntos
álxidos da película, neste caso, finalizando co mesmo. porén esta vez o
importante non é o discurso en sí, senón a grande cantidade de contratempos que
o ministro, axudado polo seu gabinete, no que entrou a traballar como encargado
da “linguaxe” Arthur Vlamick —un poco anódino Raphaël Personnaz—,
solventan na construción do citado discurso.
Tavernier declarou terse inspirado en clásicos da comedia como ‘Un,
dous, tres’ (‘One, Two, Three’, Billy Wilder, 1961) para a súa
película. O certo é que oritmo
frenético do film recorda sobre todo a da obra mestra de Wilder, sen chegar a
ser tan ferinte ideoloxicamente. Tavernier non se posiciona politicamente falando,
prefiere mostrar as idas e vindas dun gabinete as 24 horas do día sometido a unha
presión brutal debido a intereses internacionais.
Noutras palabras, Travernier mostra,
con sentido do humor, sen resultar nen cargante nen moralista, o desastroso
mundo que se agocha detrás da figura dun ministro, de calquer ministro de
asuntos exteriores. Cambadelas, puñaladas trapeiras, mentiras, ambición e
envexas motivan a todo a equipa do ministro, unha vida frenética á que Vlamick
debe adaptarse con igual de rapidez se non quer ser devorado no camiño. Todo
elo mentras o famoso discurso va construíndose e tomando forma a través de borranchos,
de retallos e sobre todo de subliñadoss cun rotulador amarelo específico, o
colmo da obsesión do ministro.
Inculto, mais convencido
Onde sí pon o dedo na chaga Tavernier
e o seu brillante equipa de guionistas é
no retrato case inculto do ministro e algún dos seus seguidores. Con frases tan
terríbeis como “os librosescríbense sós”,
ou “sei obonque é un libro polo subliñado que está”,
todo isto dito cunha mistura de seriedade
ehumor moi difícil de matizar —é o
milagre que obra Lhermitte—, e as contínuas citas a clásicos, sen entendelos,
transmite certo medo á hora de pensar nos nosos representantes.
Unha das cumes de ‘Crónicas diplomáticas’, e que vén ao
caso co comentado é precisamente a reunión entre o ministro e Molly Hutchinson
—a mítica Jane Birkin en o que case é un cameo—, onde a segunda fica completamente
estupefacta ante a rapidez de palabra do representante francés e a súa contínua
cita de grandes frases, misturando mesmo algunhas para construir frases sen
sentido, mais pronunciadas coa maior das conviccións.
E é aí onde a película de Tavernier se alza divertida e impiadosa —esos
portazos que fan que voen os papeis é unha metáfora sobre ls palabras perdidas o misturadas
que non ten comparanza—. A mensaxe pode ser clara, confusa, non dicir
absolutamente nada, ou ser a salvación eterna, o que verdadeiramente importa é
a convicción e elocuencia coa que é ditado o representado. Moitos creeranno, sen
saber nen entender que se ten construído a base de parvadas, mentiras ou
tópicos. Tavernier, aos seus case 73 anos, ten aínda moita corda”.
ALBERTO ABUÍN ( Blog de cine) (www.blogdecine.com)
A
primeira das actividades que o colectivo viveirés PENSAMENTO E
SEMENTEIRA realizou dentro da programación de outono resultou todo un
éxito. Máis de medio cento de camiñantes participaron na excursión polos
acantilados de Loiba o pasado domingo. A rota estivo guiada por membros
da Asociación Nordés de O Barqueiro.
Si. O 11 do 11...mais non ás 11. Será unhas horas antes, ás 20 horas deste segundo mércores de novembro.
O ciclo continuará , tamén os mércores 18 e 25, con dúas películas máis.
Seguiremos informando.
O domingo día 8 de novembro iniciamos a programación de Outono.
Saímos desde Viveiro ( Oficina de Turismo ), ás 10 da mañá, nun autobús que nos levará até o areal de Esteiro ( O Barqueiro ).
Alí agárdannos os nosos guías, os membros da Asociación NORDÉS.
Voltamos desde Esteiro, ás 17:30 horas., no mesmo autobús, para Viveiro.
O domingo 8 de novembro iniciamos as actividades da Programación de Outono.
A primeira consistirá nunha
Camiñada polos acantilados de Loiba.
Sairemos de Viveiro ás 10 da mañá nun autobús que trasladará ao grupo até o areal de Esteiro, en O Barqueiro
Desde alí, e guiados por membros da Asociación Nordés de O Barqueiro, comezaremos a camiñada polos acantilados de Loiba: os areais de O Picón, Ribeira Grande, Ribeira do Carro, as furnas... todo un percorrido por esta fermosa paraxe. E se cadra sentaremos no famoso "banco" para descansarmos da camiñada.
Se queres participar connosco nesta actividade podes porte en contacto co Colectivo e inscribirte no seguinte enderezo:
pensamentoesementeira@gmail.com
CAMIÑADA POLOS ACANTILADOS DE LOIBA
domingo 8 de novembro de 2015
10 horas: Saída desde Viveiro ( En autobús ) 10:30 horas: Comezo da Camiñada. ( Desde o areal de Esteiro, en OBarqueiro ) 14 horas: Descanso para xantar.* 17:30 horas: Saída en autobús para Viveiro. 18 horas: Chegada a Viveiro
Esta actividade organizada polo Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA é libre e gratuita. Conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Asociación NORDÉS ( O Barqueiro ) * As persoas que queiran xantar na praia de Esteiro terán que comunicalo antes do día 6. ( Custe do xantar: 12 euros )
A fotografía do "Banco máis famoso...ecétera" é de Dani Caxete
NOVO ESPOLIO NO XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE ESTABAÑÓN -VIVEIRO
ADEGA, MariñaPatrimonio e Pensamento e Sementeira presentamos no Servizo de
Protección da Natureza da Garda Civil unha denuncia polo posible espolio na
vila romana de Estabañón, situada na praia da Area do concello de Viveiro.
Unha vez máis, este importante sitio arqueolóxico foi vítima da acción
irresponsable e ilegal dos “caza-tesouros” que, nesta ocasión, escavaron na
zona en que o Servizo de Costas do Ministerio de
Medio Ambiente realizou en 2007 unha cata arqueolóxica. Esta cata no seu
momento foi ridiculamente protexida e na actualidade atópase totalmente
desprotexida, tal e como temos xa denunciado noutras ocasións. Sen dúbida, un xacemento importante coma este, sen
ningún tipo de protección, con catas abertas e con material arqueolóxico á
vista, constitúe un reclamo para os furtivos do Patrimonio. Lamentablemente, os espoliadores, os temporais e as
desafortunadas intervencións de Costas están afectando gravemente o xacemento
de Estabañón. Por iso, as asociacións denunciantes demandamos
novamente á Dirección Xeral de Patrimonio Culturas que se adopten con urxencia
as medidas necesarias que eviten a desaparición e o espolio deste ben
patrimonial.
Se o logo do Gremio de Escritores Gastronómicos é este --unha culler na pluma estilográfica-- como podería ser o do noso Colectivo?
Admítense propostas.
"Na outra banda do mar construen o navío: o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben que están a construir a torre de cristal da miña infancia. Non saben que cada peza, cada caderna maxistral é unha peza do meu ser. Non saben que no interior da quilla está a médula mesma da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer está o perfume máxico da vida. Que cando no remate ergan a vela, e na enxarcia tremole vagorosamente no ar será o meu corazón quen sinta o vento, será o meu corazón".
ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
Calafates, caderna, quilla, galipote, enxarcia...
Grazas Fran Fra polas palabras coas que nos agasallaches no improvisado asteleiro da tertulia.
Grazas polo teu traballo e por ese grande entusiasmo co que construes os navíos.
Grazas, tamén ao Avilés polo fermoso poema.
A exposición "AS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DO ARCO ÁRTABRO ATÉ RIBADEO" segue aberta na Sala de Usos Múltiples do Concello, na Praza Maior.
Pódese visitar até o 30 de maio en horario de mañá ( de 11 a 14 horas ), e tarde ( de 18 a 20 horas ).
O CARPINTEIRO
DE RIBEIRA FRAN FRA INTERVIRÁ O SÁBADO 23 NUNHA TERTULIA EN VIVEIRO
Fran Fra, carpinteiro de ribeira en activo,
intervirá o vindeiro sábado 23 de maio nunha tertulia programada dentro
das actividades que, arredor do patrimonio marítimo e fluvial, organiza o noso
colectivo.
A tertulia desenvolverase no mesmo local onde
está aberta ao público a exposición "As embarcacións tradicionais do arco
ártabro até Ribadeo", o local de usos multiples do Concello, na
Praza Maior de Viveiro.
O sábado pasado abriuse esta mostra arredor do
patrimonio marítimo e fluvial cunha charla que estivo a cargo do especialista
Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.
Na tertulia deste sábado 23, que dará comezo ás
19 horas, proxectaranse vídeos sobre o traballo dos carpinteiros de
ribeira.
O sábado 16 de maio abrimos na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro a exposición "As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo". Esta mostra estará aberta até o 30 de maio. No acto intervirá Víctor Fernández González, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.. A primeira das actividades dentro de destas xornadas arredor do noso patrimonio marítimo e fluvial dará comezo ás 19 horas. A entrada será libre até completar o aforo.
VÍCTOR FERNÁNDEZ DA FGCMF E FRAN FRA CARPINTEIRO
DE RIBEIRA INTERVIRÁN NUNHAS XORNADAS SOBRE O PATRIMONIO MARÍTIMO E FLUVIAL.
O noso Colectivo programou para a segunda quincena de maio, en Viveiro, unhas
xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial.
Esta nova actividade dará
comezocoa inauguraciónda exposición “Embarcacións
tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo” que terá lugar o sábado
16 de maio, ás 19 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro.
Coincidindo co acto de inauguración desta mostra, que permanecerá aberta até o
día 30, o colectivo viveirés convidou a Víctor Fernández Gonzalez, directivo da
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, para falar sobre o noso
patrimonio marítimo.
Outro dos actos que se terán lugar dentro destas xornadas será o sábado 23 de maio e consistirá nunha
tertulia con Fran Fra,o único
carpinteiro de ribeira activo na nosa comarca