O noso colectivo colabora unha vez máis coa coa Asociación NORDÉS.E aquí vos deixamos a súa proposta:
Hoxe traémosvos o peche dun ciclo adicado ao mundo das algas. Nesta terceira edición, na praia de San Román (O Vicedo), damos por finalizado o noso achegamento á esencia do mar para que cada un encamiñe a súa propia relación con este gran produto das nosas costas.
As algas presentáronse coma "un mundo por descubrir" na nosa primeira toma de contacto, fai xa dous anos na praia da Ribeira do Carro (Loiba). Con José Antonio Canoura aprendimos os tipos, os usos e a tradición que existía detrás da súa recollida. Co tempo, entendimos o seu valor culinario e achegámonos a disfrutar o produto directamente do mar gracias á empresa conserveira "Mar de Ardora" (Ortigueira). E, logo de entender a súa importancia nos mares e no noso prato, chega o momento de cambiar de aires, seguir o vento do noroeste cara San Román e recoller a tradición que alí tamén existiu.
Por iso, o sábado 23 de xullo, contaremos coa empresa Mar de Ardora para falarnos sobre este mundo, descoñecido aínda para moitos. Nordés agardavos para escoitalos dende as 11 da mañá no "Restaurante de Areagrande" (San Román). Logo, camiñaremos polo areal ata achegarnos á zona onde proliferan as algas e poderemos ver, tocar e poñer en práctica o dito durante a charla.
Chegados a este punto, só nos queda outra forma de acercarnos ás algas: a degustación! No Chiringuito "Abrela" teñen preparado un menú con algas para todos nós, por 20€/persoa: pizza de cogumelos con algas, risotto de azafrán e gambas con alga nori e salpicón de merluza con vinagreta de espaguete de mar, máis o postre, as bebidas e o café.
Nordés tamén pensou naquela xente que non se pode achegar pola mañá á actividade ou á degustación! E que vos propoñemos? Unha ruta de pinchos con algas, de balde, nos seguintes locais, dende as 8 da noite: "Chiringuito Abrela" (praia da Abrela), o "Café-bar Alba" (O Folgueiro), o "Restaurante Casa Fanego" (San Román) e o "Restaurante Areagrande" (San Román). Máis adiante informarémosvos do nome de cada pincho/tapa.
Nesta actividade temos un tope de 60 persoas para a comida, polo que si vos interesa, apuntádevos axiña a través do 653756454 (Ricardo) ou en asociacion.nordes@gmail.co
Queremos agradecer a colaboración a "Mar de Ardora", a todos os negocios de restauración do cartel e ao "colectivo Pensamento e Sementeira" de Viveiro, que nos acompañarán nesta xornada.