REPRODUTOR DE MÚSICA

O Meu Pais - Miro Casabella
Loading the player...

05/04/19

Nace un Clube de Lectura


O vindeiro luns 29 de abril manteremos a primeira das actividades do Clube de Lectura do noso Colectivo.

O libro que escollimos para dar comezo é "Charamuscas" de Suso Lista, un libro que xa foi presentado en Viveiro en decembro do pasado ano e do que o crítico Ramón Nicolás en La Voz de Galicia di que son:

"Historias erixidas con palabras cheas de salitre que agroman na fin da terra: ese lugar onde o mar e mais os barcos «forman parte dos nosos corpos e das nosas vidas». Relatos que valen para ese universo mais tamén para o mundo todo e que nos fan sentir felices por gozalas e valoralas".


Nesta primeira actividade do Clube de Lectura participará o autor do libro Suso Lista.

Así que xa o sabedes. De vos interesar participar esta actividade, poñédevos en contacto antes do 15 deste mes de abril co Colectivo (pensamentoesementeira@gmail.com) ou persoalmente coas persoas asociadas que van coordenar este Clube: Laura Fernández e Roberto Zueros.