02/01/20
29/12/19
10/12/19
Decembro: Afirma Pereira
Continuamos coa nosa actividade, estes últimos tempos centrada nas reunións mensuais do Clube de Lectura. Remataremos pois, o ano con esta obra de Tabucchi . Entre as persoas que participan nesta actividade haberá que elixa o texto en portugués, quen o faga en español e mesmo quen se atreva co Sostiene Pereira en italiano.
06/11/19
Novembro: Capitaes da Areia
"De um início atribulado a uma carreira de sucessos, assim se resume a crônica de Capitaes da Areia..." a obra do escritor Jorge Amado escollida polo noso Clube de Lectura para este mes de novembro.
A nosa actividade como colectivo redúcese nestes últimos meses ás reunións do Clube de Lectura. Mentres agardamos que nos ingresen unha pequena axuda económica da Deputación de Lugo polas actividades desenvolvidas no 2018 e tamén pola resolución desa mesma institución da subvención solicitada para este 2019 que aínda hoxe--a poucos días de rematar o ano-- non se publicou.
E mentras tanto "sob a lua, nun vello trapiche abandonado, as crianças dormem..."
18/10/19
Outubro: "Randea do alento"
Seguimos no noso Clube de Lectura seleccionando un libro cada mes. Desta vez o escollido é Randea do alento, da escritora Herta Müller, unha escritora que en 2009 recibiu o Premio Nobel de Literatura, a xuízo do xurado "pola súa capacidade para describir coa concentración da poesía e a franqueza da prosa, a paisaxe dos seres desposuídos".
07/09/19
Setembro: viaxamos a Comala
O noso Clube de Lectura viaxa neste mes de setembro a Comala.
Temos poucas prazas libres mais, se quixerdes, aínda podedes participar.
18/08/19
Bichos de Miguel Torga
O noso Clube de Lectura non descansa en agosto.
A obra que estamos a ler este mes é Bichos, de Miguel Torga.
A anterior, Acceso no autorizado, de Belén Gopegui achegounos ao mundo das redes hackeadas e ás tramas de corrupción.
E para setembro, Pedro Páramo, de Rulfo.
11/07/19
19/06/19
Un relato de Kike Ferrari para comentar no Clube de Lectura
O vindeiro mércores 26 de xuño manteremos unha nova reunión do noso Clube de Lectura. Desta vez a obra que nos xunta é o relato Que de lejos parecen moscas do arxentino Kike Ferrari, unha "novela negra explosiva que se ten convertido nun fenómeno de culto".
A exposición "ARTE NATURAL EFÍMERA", adiada
O noso
Colectivo tiña programada facendo parte das actividades desta Primavera Cultural 2019 unha segunda
exposición de fotografía.
Tratábase de
“Arte Natural Efímera” de Suso Lista, “unha colección de fotografías nas que o
vento, o mar, a chuvia e a luz son—dicíase no texto da súa presentación—os auténticos
artistas, debuxando na área da Praia de Osmos unas formas que seguen patróns
universais mais que, ao igual que as pegadas dactilares, son únicas e
diferentes”.
Esta segunda
exposición iba estar aberta do 19 ao 27 de xuño, mais vímonos na obriga de
adiala xa que a sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, que algún día
contou cun sinxelo sistema de iluminación das obras expostas—imprescindíbeis á
hora de expór fotografía ou pintura— non existe na actualidade.
O Colectivo
PENSAMENTO E SEMENTEIRA que vén de clausurar a exposición A Cidade de Pepe Ventureira—
aberta ao público cunha pobrísima iluminación e polo cal xa pedimos desculpas ao
autor das fotografías—vese pois na obriga de adiar calquer tipo de mostra neste local mentres
non se dote dun sistema de iluminación apropiado.
13/06/19
10/06/19
"A CIDADE", exposición do fotógrafo Pepe Ventureira
O noso colectivo organiza neste mes de xuño, dentro da programación Primavera Cultural 2019, dúas exposicións de fotografía.
A primeira, A cidade, do fotógrafo Pepe Ventureira, estará aberta na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro desde o día 11 até o 18. Poderá visitarse os días laborabeis de 17:30 a 20:30 horas e o sábado e domingo de 12 a 14 horas.
Máis información sobre o fotógrafo e a súa obra nesta páxina:
https://www.pepeventureira.photography/
20/05/19
Luns 27 de maio: reunión do Clube de Lectura
CLUBE
DE LECTURA
Colectivo
PENSAMENTO E SEMENTEIRA
Viveiro
Data da vindeira reunión: luns 27 de maio de 2019.
Local: Cafetaría
“La Plata” ( R/ Pastor Díaz)
Hora: 19 horas.
Libro: “Cándido”
de Voltaire
18/05/19
07/05/19
"Cándido" de Voltaire
O "Cándido" de Voltaire é o libro que escolleron as persoas que fan parte do noso Clube de Lectura.
A reunión será o luns 27 de maio.
Cándido é a obra máis universal de Voltaire (...) impresionado polo terremoto de Lisboa de 1775, Voltaire indígnase contra os filósofos que queren demostrar que todo é para ben e que vivimos no mellor dos munoos posibles. A súa indignación fermentou en escepticismo e ironía. (Josep Ramoneda, Leccións de Literatura Universal) . Cándido no medio dun torbeliño de personaxes e aventuras, atopa a súa unidade na ridiculización do sistema filosófico de Leibnitz. (..,) o refrán do conto «todo é óptimo no mellor dos mundos posibles)) é unha distorsión que acentúa aínda máis a pregunta de cándido: ``se este é o mellor dos mundos posibles, ¿cómo serán daquela os demais?´´ (...) Cándido é un torbeliño de aventuras, un tolo correr que plasma na súa veloz evocación o absurdo dun mundo cheo de violencia, de arbitrariedade, de inxustiza (Elena Diego, Introducción a Cándido). Voltaire acometerá a reconstrucción dun discurso ortodoxamente irónico no seu relato máis sonado Cándido ou o optimismo (...). O optimismo reside no feito de atopar acertadamente o espacio onde establecernos. Resolver onde existir eríxese como clave para saber como existir (...). O personaxe, que cre provir dun paraíso, inserirase vagarosamente nun antiparaíso, onde o lector, bastante distanciado polos mecanismos irónicos de Voltaire, sabe que os valores representados por Cándido son só valores para o Cándido Cándido (Javier del Prado, historia da Literatura Francesa).
06/05/19
03/05/19
A Comuna do Barruzo
Luns 6 de maio de 2019
19:30 horas
Salón de usos múltiples do Concello de Viveiro
A COMUNA DEL BARRUZO.
Primeiro disco -libro en galego-asturiano para nenas, nenos
e adultos que ainda o son.
Dirección artística e
composicións:Ugia Pedreira
Producción musical,
grabación, mistura e composicións:
Pierrot Rougier.
Ilustracións:Mónica Justo.
Colaboradores: Rosa
Cedrón ( cello), Quim Farinha (violinos), Chus Diaz (sitar), Marina Oural
(declamación)
Idea orixen e productora
executiva: Mialmaproduciois Creativas.
Editorial:Noente
Paradise (aCentral Folque)
Maquetación: Ricardo
Cabanelas.
Masterización: Estudios
Abrigueiro.
Este disco libro situase e
inspirase no territorio Eo-Navia no Occidente asturiano, lugar onde moran os
habitantes da Comuna del Barruzo e os seres que a protexen. O disco libro
consta de 10 cancións escritas en galegoasturiano , unhas, de poetas da zona como Héctor Acebo, Quique
Roxíos, Belén Rico e Arturo Alvarez e as outras autorias son do bretón amigo da
Comuna Nicolás Kervazo, de Ugia Pedreira e Pierrot Rougier, estes últimos
cantores e compositores das músicas. Unha obra concebida entre as cosmovisións
de bretons, galegas e astures. É a COMUNA DEL BARRUZO unha oda á ruralidade
como fonte auténtica fonte de recursos para a supervivencia, unha alabanza á
natureza e polo tanto o seu máximo respeto e coidado, unha apoloxía dos
contrastes e diferencias. É a confirmación da riqueza de imaxinario, hipoteses,
patrimonio material e inmaterial que xera unha zona de tránsito, de fronteira
como o territorio entre estos dous rios, Eo-Navia. Este libro disco aporta un
traballo de alta calidade para abrir unidades didácticas pedagoxicas no ensino
do galego-asturiano e para constatar a importancia que ten a Arte achegada ao
territorio como columna vertebral duma comunidade que se respeta, que se coida
e se desenvolve nel.
Cada cantiga vai identificada
con un Ser Máxico que protexe a quen mora na Comuna del Barruzo e son
responsabeis de manter unha serie de valores necesarios para a boa convivencia.
A Nena Pisquela _ A Isla
dos Ventos_ Nayundes_ Irmá Florita_ A toba_ Natura_ O ser das Ervas_ O dicotín_
Gargallú_ A Encantada.
Os valores da Comuna del
Barruzo rexense por estes baremos: a ecologia como hàbito/ a creatividade como
saude / a curiosidade e a variación son motores da intelixencia / a non
exclusión de ningún ser dentro das linaxes / o aproveitamento do natural sen
manipulación / o soños como información valiosa de futuro/ o xogo como pilar de
relacionamento / a proximidade de recursos materiais e inmaterias como
sustentabilidade/ aceptación de todas as emocións como informativas para
mellorar a sua xestión / emponderamento da imaxinación e consentimento dos
páxaros na cabeza / tolerancia co aburrimento para verse desde fora e dentro /
o cambio como poder transformador / a improvisación como compañeira de camiños
Os ritmos das canciois van desde pop-rock a
orquestaciois máis clásicas de musica de cámara, a concepciois mais étnicas,
detalles de folk galegoastur, bretón, gaélico, da India, sons que recordan
debuxos de Miyasaki, tedes un reegee, ou rag-time, todas as músicas creadas
para ser bailabeis carregadas de detalles, de reminiscencias do pop-rock
internacional. A Comuna del Barruzo aposta pola expresión do movemento como
manifestación de vida e polo tanto de
aprendizaxe.
A modo pedagóxico cada letra leva indicado a
variedade instrumental que se interpreta para traballar a sua identificación na
escola, na casa onde quixerades, creandose asi paisaxes sonoras diferentes
adaptados a temática e ao Ser máxico, atoparedes desde cromorno antigo,
guitarras diferentes, sitar, cello, flautas, mandolinas, panderetas, caixon,
pandeiros, violinos, silvos, carraca, sintetizadores, samples…
As letras e poemas apelan a determinados
pontos da comarca en contexto co contexto social mundial, seguen unha liña de
humor e firmeza “sen infantilizar” o discurso e incentivando á pregunta e
cuestionamento como camiño posibel.
Facebook,
youtube , cachín clip:
29/04/19
A primeira das actividades da Primavera Cultural 2019
A sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, ateigada de veciñanza, foi o local onde se desenvolveu a primeira das actividades da Primavera Cultural 2019. O noso Colectivo organizou, xunto coa Asociación Mariña Patrimonio, a conferencia O sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII. O caso de Viveiro e Celeiro que foi impartida polo historiador Xosé M. Leal Bóveda.
O historiador, que hai anos imparteu aulas no Instituto Irmáns Vilar Ponte de Viveiro e que agora traballa como investigador externo da USC, mantivo o interese das moitas persoas que seguiron este acto divulgativo arredor do noso Patrimonio.
Desde o noso Colectivo damos as grazas a Xosé M. Leal e agardamos que agora o Concello de Viveiro tome nota e protexa os restos das Baterías de Celeiro e Covas tal e como propuxo a Asociación Mariña Patrimonio.
O historiador, que hai anos imparteu aulas no Instituto Irmáns Vilar Ponte de Viveiro e que agora traballa como investigador externo da USC, mantivo o interese das moitas persoas que seguiron este acto divulgativo arredor do noso Patrimonio.
Desde o noso Colectivo damos as grazas a Xosé M. Leal e agardamos que agora o Concello de Viveiro tome nota e protexa os restos das Baterías de Celeiro e Covas tal e como propuxo a Asociación Mariña Patrimonio.
26/04/19
16/04/19
As Baterías costeiras na Ría de Viveiro
CONFERENCIA
SOBRE AS BATERÍAS COSTEIRAS DE
VIVEIRO A CARGO DO HISTORIADOR XOSÉ MARÍA
LEAL
A actividade, organizada polo colectivo Pensamento e
Sementeira
e maila a asociación Mariña Patrimonio, terá lugar o xoves 25 de
abril en Viveiro.
O historiador Xosé María Leal Bóveda impartirá a
conferencia O
sistema defensivo litoral
no Cantábrico galego. Séculos XVII-
XVIII. O caso de Viveiro- Celeiro na
sala da planta baixa da
Biblioteca Municipal de Viveiro.
O acto, que
comezará ás 20h.00, conta coa colaboración do
Concello de Viveiro e ten como
finalidade dar a coñecer as baterías
costeiras de San Xoán e de Celeiro. Estes
bens culturais, malia a
súa importancia, son unas grandes descoñecidas do
patrimonio de
Viveiro e non contan na actualidade con ningún tipo de
protección.
06/04/19
PRIMAVERA CULTURAL 2019
O noso colectivo está a programar a “Primavera Cultural 2019”.
A primeira das actividades, o 25 de abril, estará
organizada en
colaboración coa asociación Mariña Patrimonio e consistirá nunha
charla do profesor Xosé María Leal Bóveda que dará a coñecer os
postos de
vixilancia que existiron na Ría de Viveiro.
Tamén en abril, o 29, darán comenzó as actividades
do Clube de
Lectura que nace agora dentro deste colectivo. A obra escollida
para esta ocasión é “Charamuscas” de Suso Lista. Nesta primeira
sesión do Clube
participará tamén o escritor que no mes
de
decembro pasado, presentou a súa obra en Viveiro.
Xa en maio e dentro desta mesma programación, vai
ser
presentado o proxecto musical e artístico “A Comuna do Barruzo”
por Ugia
Pedreira e Abel Pérez.
O colectivo Pensamento e Sementeira concretará nos
vindeiros
días outras actividades que farán parte desta “Primavera Cultural
2019”, como unha camiñada polo Rego dos Curuxos, no Viveiró
(Muras) ou unha
palestra arredor do activismo cultural na Mariña.
Pensamento e Sementeira está a organizar tamén
actividades para
conmemorar no mes der
outubro o 150 aniversario do nacemento
do poeta Antonio Noriega Varela
(1869-1947).
05/04/19
Nace un Clube de Lectura
O vindeiro luns 29 de abril manteremos a primeira das actividades do Clube de Lectura do noso Colectivo.
O libro que escollimos para dar comezo é "Charamuscas" de Suso Lista, un libro que xa foi presentado en Viveiro en decembro do pasado ano e do que o crítico Ramón Nicolás en La Voz de Galicia di que son:
"Historias erixidas con palabras cheas de salitre que agroman na fin da terra: ese lugar onde o mar e mais os barcos «forman parte dos nosos corpos e das nosas vidas». Relatos que valen para ese universo mais tamén para o mundo todo e que nos fan sentir felices por gozalas e valoralas".
Nesta primeira actividade do Clube de Lectura participará o autor do libro Suso Lista.
Así que xa o sabedes. De vos interesar participar esta actividade, poñédevos en contacto antes do 15 deste mes de abril co Colectivo (pensamentoesementeira@gmail.com) ou persoalmente coas persoas asociadas que van coordenar este Clube: Laura Fernández e Roberto Zueros.
01/02/19
Seguimos
Despois de celebrada a nosa Asemblea informamos a todas as persoas interesadas nas nosas actividades que o Colectivo está a constituir un Clube de Lectura en Viveiro.
As persoas interesadas en participa nesta nova actividade poden contactar cos coordenadores ( Roberto e Laura ) no seguinte enderezo electrónico:
pensamentoesementeira@gmail.com
Ademais desta nova actividade a Asemblea decidiu programar:
-Ciclos de cine
-Exposicións
-Mesas Informativas e Debates
-Camiñadas e excursións
-..e máis cousas das que xa vos iremos informando.
As persoas interesadas en participa nesta nova actividade poden contactar cos coordenadores ( Roberto e Laura ) no seguinte enderezo electrónico:
pensamentoesementeira@gmail.com
Ademais desta nova actividade a Asemblea decidiu programar:
-Ciclos de cine
-Exposicións
-Mesas Informativas e Debates
-Camiñadas e excursións
-..e máis cousas das que xa vos iremos informando.
24/12/18
16/12/18
03/12/18
27/11/18
..e David Bellas como músico convidado
Este xoves 29 de novembro, no segundo xoves musical deste Outono Cultural 2018, actuará o Coro da Mariña e tamén David Bellas que colabora como músico convidado neste concerto.
Será ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz.
Será ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz.
25/11/18
Pierrot Rougier e Ugia Pedreira codirixen O Coro da Mariña
Como se formou o Coro da Mariña?
Reproducimos aquí un texto publicado en otubro de 2015, cando a Asociación Veciñal O Cantal de Rinlo, contando coa colaboración da Oficina Galega doutros Asuntos do Movemento, buscaban voces para este Coro:
"A compositora e cantora Ugia Pedreira
xunto co artista bretón Pierrot Rougier e sua picariña Lua Avel chegaron ao
característico pobo de Rinlo e ali falaronlles do desaparecido coro rinlego.
Foi entón que amizades da Mariña próximas aos artistas apuxaronnos e
animaronnos à idea de que fosen eles quenes promoveran un coro diferente e
mixto parar a comarca e occidente de Asturies.
Recollendo diversos pareceres puxeronse
maos a obra, e desde o bon facer e entender da As. O Cantal de Veciños de Rinlo
é agora que se abre a convocatoria de voces para o futuro Coro da Mariña
que terá como local de xuntanza a Escola Vella de Rinlo, a antiga escola
indiana.
Faise pois unha chamada pública a quenes
queiran animarse a cantar en grupo, xente com ou sen formación musical,
profesionais e amadores, xente de 14 a cento e pico de anos que queiran
compartir esta aventura artística carregada de paixon e esencia da zona, xente
com distintos gostos musicais. Persoas unidas polo gosto de cantar en colectivo
e criar un espazo conxunto para desfrutar da saúde que produce O Cantar. O Coro
da Mariña é un espazo heterogeneo, un espazo de diversidade para todos os
mariñaos e mariñanas que atencionará aos gostos eclécticos, as
capacidades de cada quen e as necesidades individuais.
A temática do coro terá como fio
conducto O mar, a sua poética e sua cultura, harmonias e melodias que
teñan o mar como fonte de inspiración. Cancións de todos os estilos
musicais que sexa do gosto dos integrantes. Desde pop-rock, música popular
daqui, do mundo... Cancións en calquer idioma que sexa aceptado polos
integrantes podendo dar lugar a traducción cando conveña. Repertorio
variado non suxeito exclusivamente a partitura; técnica, arranxos vocais
múltiples, atención á expresividade corporal, á interpretación, aos xogos
vocais ...serán dinámicas a vivir xuntos cantando. Calquer canción é en
principio óptima para ser arranxada a voces por Pierrot Rougier e
guiada pola técnica e experiencia escénica da Pedreira. Esta idea de coro
expansivo como as ondas, adicado ao Mar é única e orixinal pola matriz do seu
nascimento, dous artistas que queren viver na sua comarca desde o que son e
podem dar e aportar en transparencia á sua comunidade. Polo tanto,
causalmente aunanse como esencia e recordo a imaxe dos festivais de cantos de
mariñeiros que ten Bretagne (diferentes pobos bretóns tán “hermanados” com
diferentes lugares da Mariña) e que ten Galiza nas suas tabernas e nas suas
músicas portuarias, dando forma a un coro mariñeiro único desde o norte da Mariña,
mar por medio."
23/11/18
Arredor do Coro da Mariña
Para coñecer algo máis do Coro da Mariña que vai actuar o vindeiro xoves 29 de novembro no Teatro Pastor Díaz, facendo parte do Outono Cultural 2018 programado polo noso Colectivo, reproducimos unha parte da entrevista realizada por Ramón González Rey no xornaldamarina.com, o 30 de maio pasado, a Ugia Pedreira, co-directora desta formación musical
"A artista de Vilaronte dirixe o Coro da Mariña, que reúne 30 vocalistas desde Viveiro ata Vegadeo"
Natural da aldea focega de Vilaronte, Ugía Pedreira é unha das vocalistas e autoras máis personais da música popular galega coa súa achega a Chouteira, Nordestinas ou Marful. A artista voltou á comarca coa súa familia e desde hai dous anos dirixe o Coro da Mariña, que xunta 30 cantantes desde Viveiro ata Vegadeo.
P. Como xurdiu o Coro da Mariña?
R. Regresei á Mariña co meu compañeiro, o músico Pierrot Rougier, e coa nosa nena Lua Awel. Vivimos durante una temporada en Rinlo e alí coñecín a belísima escola vella. Unha veciña, Laura, faloume do abandonado reloxio Canseco e de como xurdiu este edificio emblemático de Rinlo. Daquela soubemos que no pobo houbera un coro e foi como un sinal: por que non montar unha formación representativa da costa luguesa e occidente astur, que compartimos a mesma “nube gris” e o mesmo horizonte con prados que caen no mar.
Hai integrantes de case todos os puntos da bisbarra e do Occidente astur.
Si. Contamos cunhas 30 persoas e vén xente desde Viveiro, Cervo, Foz, Vilaronte,Barreiros, San Miguel de Reinante, Lugo, Ribadeo, Vegadeo e tamén de Rinlo. Hai persoas de 40 anos e outras que teñen 80, con diferentes niveis culturais e oficios variados. Hai ex profesores de instituto, unha percebeira, unha enfermeira, unha agricultora, o dono dunha funeraria, unha costureira.
CORO ABERTO
Está aberta a participación a quen queira entrar?
Está aberto a calquera persoa de calquera idade á que lle guste o canto e que sexa o suficientemente paciente e respectuosa para pertencer a un colectivo que ama cantar en xuntanza. O noso arranxista, Pierre, está moi pendiente da capacidade que ten o individuo cara a música e arranxa as voces segundo as súas habilidades. O coro baséase na xestualidade e expresión natural dos integrantes do grupo, poñemos en valor a diferenza como parte da súa forza. A enerxía que produce ten máis que ver co rock que coa polifónica de vila.
REPERTORIO
O repertorio do coro é variado, pero de temática mariñeira.
Cantamos desde ‘Llévame hasta el mar‘ do falecido Manolo Tena ata ‘Serpientes de mar‘ de Silvio Rodríguez. Tamén unha peza dos Beach Boys, a canción cantábrica ‘Chalaneiro’, unha versión galega de ‘Viento del norte‘, de Nando Agüeros, que cantou esta mesma interpretación no ‘Luar’, ‘Alfonsina y el mar‘…
Como activista da música, como ve a súa saúde na Mariña?
En todas as terras do mundo hai unha música popular que identifica o territorio. Aquí, a música tradicional de pandeireta ou gaita non foi raíña. Pero si hai interesante pouso de repertorio de ida e volta americano, de música portuaria, ao ser zona de transición tamén ese feedback coa tonada asturiana adaptada ao modo galego, composición de autores descoñecidos, música dos bailes, rondallas… Hoxe cos medios de comunicación de masas, todo vén dado e pagado e hai que saber buscar apara atopar de improviso a naturalidade da música. Creo que se abandona o rural. Faltan proxectos enraizados no rural enfocados no ben común, que creen comunidade e habiliten espazos de xuntanza.
16/11/18
O 29 de novembro, outro XOVES MUSICAL
Seguimos coas actividades deste Outono Cultural.
E despois da actuación das mulleres de Batuko Tabanka agora toca anotar outra data na axenda: xoves 29 de novembro. O Coro da Mariña, dirixido por Pierrot Rougier e Ugia Pedreira, no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
E despois da actuación das mulleres de Batuko Tabanka agora toca anotar outra data na axenda: xoves 29 de novembro. O Coro da Mariña, dirixido por Pierrot Rougier e Ugia Pedreira, no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)