Un fermoso agasallo que nos fai Guadi galego este 25 de novembro.
25/11/14
22/11/14
Felipe Senén pechará as Xornadas sobre Lingua e Cultura
O vindeiro xoves 27 o arqueólogo e escritor Felipe Senén pechará
as Xornadas sobre Lingua e Cultura que
se veñen celebrando ao longo deste mes
de novembro dentro da programación do
noso Colectivo.
Fundador e presidente de "Amigos dos Museos de Galicia". Realizou cen proxectos e realizacións para a valoración do patrimonio cultural da provincia da Coruña. É conferenciante sobre temas de arte e etnografía por toda Europa e América. É autor de múltiples publicacións sobre simboloxía, arte e arqueoloxía.
O relatorio de Felipe Senén titulado “Cultura galega: o estado da cuestión” dará comezo ás 20:30 horas, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior. A entrada é libre até completar o aforo do local.
16/11/14
LOIS DIÉGUEZ: o uso do galego desde a perspectiva dun escritor
Fotografía: "LA OPINIÓN" (A Coruña)
O terceiro dos relatorios das “Xornadas sobre Lingua e Cultura” que se están a desenvolver en Viveiro organizadas polo Colectivo Pensamento e Sementeira estará a cargo do escritor Lois Diéguez Vázquez.
O escritor monfortino, colaborador de xornais e revistas, presidente da asociación Lugo-Patrimonio é un activo conferenciante e tamén un inquedo viaxeiro por paises de África, Europa e Asia. Da súa ampla obra literaria destacamos en narrativa, A canción do vagamundo (1986), Monólogos do espello (1993), Viaxe ás terras encantadas de Lemos (1999), A casa de Galiaz (2003), O canto do Muecín (2007), A poutada do oso (2011) ou a última das súas publicacións Lugo, a cidade dos tesouros encantados.
En poesía Albre de espranza (1996), O ferrro dos días (1982) ou Ónfalos (2001).
En poesía Albre de espranza (1996), O ferrro dos días (1982) ou Ónfalos (2001).
Lois Diéguez falará o xoves 20 de novembro do uso da lingua galega desde a perspectiva dun escritor. O relatorio dará comezo ás 20:30 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro. A entrada ao acto é libre até completar o aforo da sala.
A cantautora SES nas XORNADAS SOBRE LINGUA E CULTURA
Fotografías: A Ribeira Dixital
A cantautora SES participou como relatora nas XORNADAS SOBRE LINGUA E CULTURA que se están a desenvolver durante o mes de novembro na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
SES falou, provocou un animado coloquio e tamén cantou acompañada pola súa guitarra. Como remate as persoas que encheron a sala tamén a acompañaron cantando "Labregha berghantiñana"-
11/11/14
SES intervén nas XORNADAS SOBRE LINGUA E CULTURA
Seguen as Xornadas sobre Lingua e Cultura que abriu en
Viveiro a semana pasada o profesor e escritor Carlos Callón. Este xoves 13 de
novembro a cantautora Mª Xosé Silvar, máis coñecida
como SES, intervirá na segunda sesión das Xornadas que están organizadas polo colectivo Pensamento e
sementeira.
Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Ademais
diso, é mestra e licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social.Foi no ano 2007 cando creou o grupo “Chámalle Xis!” xunto con outros tres amigos. Foron un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruña Son apadriñado por Santiago Auseron. Despois de máis de 30 concertos por toda Galiza con “ Chámalle Xis!” e logo de colaborar con grupos e artistas coma Zënzar, Xabier Díaz, Xosé Bocixa e Guillerme Fernández, en 2010 Sés gravou unha maqueta con tres temas “Tola atrás de ti”, “Admirando a condición” e “Se te vas”, producida por Airapro. En marzo de 2011 gravou o seu primeiro álbum de estudo chamado “Admirando a condición” e en 2013 presentou o segundo álbum “Co xenio destrozado”. Esta cantautora ten actuado en varias ocasións na comarca e tamén en Viveiro.
Mª Xosé Silvar, SES, será a encargada do segundo dos relatorios destas Xornadas e falará sobre a súa experiencia como cantautora en galego, e en feminino, con “letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario”
A intervención de SES dará comezo ás 20:30 horas na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal, na Praza Maior. A entrada é libre até completar o aforo..
01/11/14
Xornadas sobre Lingua e Cultura
CALLÓN, SES, DIÉGUEZ E FELIPE SENEN PARTICIPARÁN EN VIVEIRO NAS XORNADAS SOBRE LINGUA E CULTURA
O vindeiro xoves día 6 de novembro o profesor, escritor Carlos Callón abrirá en Viveiro as Xornadas sobre Lingua e Cultura que organiza o noso Colectivo.
Os relatorios terán lugar na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior e darán comezo ás 20:30 horas. Nos seguintes xoves do mes de novembro intervirán tamén: a cantautora Mª Xosé Silvar, SES; o escritor Lois Diéguez e pechará estas xornadas o museólogo e escritor Felipe Senén.
Carlos Callón, (Ribeira, 1978). Escritor, profesor e activista.
Profesor de Lingua e Literatura Galega en secundaria e pesquisador sobre sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un prolífico conferencista.
Entre os varios libros que publicou salientan os títulos Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros ), Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco e premio Fervenzas Literarias) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012).
É presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que presidiu entre 2002 e 2014.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)