Domingo 29 de maio de 2016, ás 17
horas desde a Praza Maior
Roteiro pola vila de Viveiro para coñecer espazos
e protagonistas
7 espazos para resumir a
pegada das Irmandadesen Viveiro:
1.-Praza Maior (Antiga
Casa Consistorial )
2.-Rúa Constanza de
Castro ( Teatro Pastor Díaz )
3.-Rúa Irmáns Vilar Ponte
( Antigo local da A.C. Sementeira )
4.-Rúa Pastor Díaz:( Casa
natal de Nicomedes Pastor )
5.-Rúa Pastor Díaz: (Casa
natal dos irmáns Vilar Ponte )
6.-Travesía da Marina (Lembranza
de César Parapar Sueiras )
7.-Para rematar nos
Xardíns de Noriega Varela onde estará o bus coa exposición itinerante.
( Guía o Roteiro
Francisco Luís Rodríguez
Guerreiro presidente do Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA).
1. Comezamos este roteiro na Praza Maior de
Viveiro fronte a fachada da antiga casa Consistorial onde actuará o músico David Bellas interpretando
unha peza co saxofón. Desde este punto sairemos co acompañamento musical do
cuarteto “Non cho digo”.
2. Imos logo a rúa Constanza de Castro, onde
está o Teatro Pastor Díaz ( antes Teatro Nemesio ). Aquí o actor Pepe Penabade
da compañía “Volta e Dalle” , lerá un breve texto lembrando o teatro na época
das Irmandades.
3.- Na rúa Irmáns Vilar Ponte paramos diante
do edificio onde nos anos 70 estivo o local da Agrupación Cultural Sementeira.
4.- Rúa Pastor Díaz. Casa natal de Nicomedes
Pastor.
5. Na rúaefronte á casa natal dos Vilar
Ponte o grupo “Ensemble de Vento da Banda de Música de Viveiro” interpretará a
“Alborada de Veiga”.
6.-Na Travesía da Marina, onde rexentou un
comercio César Parapar Sueiras, unha neta deste home das Irmandades, Paula
Naval Parapar, lembrará ao seu avó.
7.- Para rematar
nos Xardíns Noriega Varela onde, desde as 11 da mañá até as 8 da tarde, estará o
bus coa exposición itinerante que se poderá visitar.
No ano 1916 tiña lugar, na cidade da Coruña, un feito de grande
transcendencia no decorrer cultural e político da Galiza. A comezos dese ano
lanzábase a idea de constituír unha asociación cuxo primeiro nome, suxerido por
Aurelio Ribalta e Antón Villar Ponte, respondía á denominación de Liga de
Amigos do Idioma Galego. Poucos meses despois, o dia 18 de maio, na Real
Academia Galega, fundábase unha entidade que recibiu o nome de Irmandade dos
Amigos da Fala, a cal, en moi pouco tempo, pasou a se coñecer como as
Irmandades da Fala, cuxo obxectivo básico era a defensa, o pulo e o
espallamento do idioma galego para, posteriormente, se constituír como unha
plataforma en prol da lingua, a cultura e a identidade galega. Agora, ao se cumpriren 100 anos daquel acontecemento, a iniciativa ORA
GALEGA desexa conmemorar ese centenario cunha Volta pola Irmandade. Unha
exposición itinerante que leva o nome de iFala, en homenaxe ao conxunto de
homes e mulleres que hai cen anos traballaron para incrementar a nosa
autoestima, para defender a lingua, a cultura e a identidade galegas, para
conseguir a igualdade de dereitos para a muller e para atinxir a soberanía
estética, cultural e política da Galiza.
"A capela de San Martiño está no monte Castelo,
parroquia de Landrove, concello de Viveiro (Lugo); de por alí arrinca un túnel
que disque chega ata Bravos. A capela está rodeada de penedos, algúns con
cazoletas de diferentes formas. A auga que apoza nelas úsase para as dores dos
oídos, dos ollos e para os males da cabeza. Fáiselle romaría o domingo anterior
ao luns de Pascua, así que a festa varía entre o 10 de maio e o 13 de xuño.
A capela de san Roque sitúase no monte do mesmo nome nas proximidades de
Viveiro (Lugo) e ténselle festa o 16 de agosto. Este santo foi beneficioso
contra as pestes que afectaron a Viveiro e comarca no século XVI, e mesmo se
asegura que a imaxe do santo se apareceu nunha cova próxima á capela.
En certa ocasión San Roque e San Martiño tiveron unha discusión e cada santo
marchou para o seu monte. Mais non acabou aí a lea.
Desque chegaron cada un ao seu outeiro, San Roque comezou a tirarlle pedras a
San Martiño pero non lle atinaba. San Martiño burlábase da mala puntería de San
Roque e este enrabechouse tanto que lle tirou todas as pedras que había no seu
monte. Non deixou unha.
Por iso é que o monte de San Roque non ten unha soa pedra e, en cambio, o de
San Martiño de Castelo, non ten onde poñerlle máis".
( JANEIRO RODRÍGUEZ. Francisco J., Romarías e santuarios da
comarca de Viveiro, Concello de Viveiro e Deputación Provincial de Lugo, 2000.)
O domingo 22 de maio faremos o terceiro dos roteiros. Sairemos ás 10 da mañá do Polígono Industrial para subir ao Monte Castelo. Para se inscribir: 616 094 552 ou enviando un correo a pensamentoesementeira@gmail.com
Como xa deixamos escrito neste mesmo blogue, cando rematemos as
"Camiñadas polas Terras de Viveiro" habemos enviar ao Concello unhas
cantas reivindicacións. Unha delas vai ser, sen dúbida, que se sinalice adecuadamente o roteiro do Pozo da Ferida. Na última das "Camiñadas..." comprobamos que a pouca que existe está moi deteriorada.
Tamén habemos solicitar que se adecente o camiño que pola marxe dereita do río Xudreiro nos debería levar doadamente até o Pozo da Ferida. Está este camiño no máis absoluto abandono, cuberto pola maleza e cheo de carrachas.
Non se entende moi ben que existan sinais na estrada Lugo-Cabreiros que informan da existencia desta fermosa paraxe e que unha vez iniciado o camiño que nos debería levar ao Pozo a sinalización desapareza...
En fín, o desleixo, a indolencia, a desfeita, a ruína...
Foto: PeS
Aínda así esta é unha das Camiñadas que paga a pena facer. E máis nesta época na que o Loureiro ou Xudreiro leva moita auga.
Deixaremos para outra ocasión unha excursión na que deberíamos profundar arredor da Vila dos Ferreiros de San Xoán da Aguieira que, como nos conta Fernández Llano "debeu ser un grande complexo industrial no seu tempo". Sería interesante indagar por estas paraxes da fraga da Aguieira sobre a existencia dos restos da ermida de San Xoán e tamén --como escribe Fernández Llano--dun "Porto Madeiro, desde onde partían en barca os materiais fabricados polos ferreiros "polo Xudreiro abaixo até o Landro" para chegar a Viveiro.
O vindeiro domingo 15 de maio continuamos coas "Camiñadas polas Terras de Viveiro". Esta segunda camiñada, "De Valcarría ao Pozo da Ferida" vaise iniciar ás 10 da mañá desde o adro da igrexa de Valcarría. Faremos arredor de 8 quilómetros, en total. E se vos anotades, como na Camiñada anterior, teremos preparados uns petiscos para as dúas da tarde.
Para se inscribir: pensamentoesementeira@gmail.com ou chamando a este nº de teléfono 616 094 552
Este vídeo non é do espectáculo...mais publicámolo para que vos vaiades ambientando. O do xoves vai ser:
“PENDANCA E OSO,
un espectáculo aldaolado sobre o amor”
"Dúas poetas no escenario co corazón aberto
en canal e escarallándose. Iso é Pendanca e oso, unha fábula que conta e
canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade"
“PENDANCA E OSO,
un espectáculo aldaolado sobre o amor”
Das aventuras ou
desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas,
anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e
sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no
seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis
romántico e ó amor máis miserable. Dúas poetas no escenario co corazón aberto
en canal e escarallándose. Iso é Pendanca e oso, unha fábula que conta e
canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade.
DOCEVECIÑOS, UNHA PEZA DE DAVID CATÁ E UN CORO NO RECITAL “VIVEIRO DE
POEMAS”
O noso colectivo organiza o vindeiro xoves 5 de maio un recital onde
unha ducia de veciños e veciñas de Viveiro recitarán poemas de Manuel María. O
acto contará tamén coa estrea dunha peza da autoría de David Catá.A composiciónque leva por título “Sete pétalos de rosa. ( Homenaxe a Manuel
María)”seráinterpretadaao piano polo autoracompañado
polo violín do profesor J. Cabalar.
Patricia Álvarez
(panadeira), Adrían Ben (atleta), Moncho Bermúdez (músico), Flor Chao ( do
colectivo “Fraga das Saímas”), Andrés Díaz (Práctico de Porto), Xoel Eijo
(estudante), Alba Fernández( do
colectivo Aspanane), Suso Fernández (concelleiro de Educación), Margaret
Licklider (lectora de inglés), Cristina L. Felipe (xornalista), Teresa Penabad
(presidenta daCoral “Alborada” ) e Xosé
M. Vázquez “Leman” ( hosteleiro), recitarán 12 poemas de Manuel María.
O acto iniciarase coa
lectura de “Manuel María en Viveiro”, un texto que recolle as colaboracións do poeta nos
actos culturais da Vila ; proxectaranse vídeos realizados por Abella Albo e escoitarase
a interpretación de “O carro” por parte do Coro do Conservatorio Profesional de
Música de Viveiro dirixido polo profesor Álvarez Neira.
Segundo recollemos no interesante traballo da autoría de Henrique Fernández Llano " A rede fluvial de Viveiro e os muíños roldeiros e de maíca", no río Fotecova,desde Bustelo até as Aceas de Xunqueira "había 23 muíños sendo a maior aglomeración destes a partir de Cabandela e até Valdeflores". Mantiña daquela Llano--estamos a falar dos anos setenta do século pasado--que algúns aínda seguían en funcionamento "dándolle un tipismo único no seu xénero a todo o conxunto deste río, o máis característico sen dúbida de toda a comarca e, que baña coas súas excelentes augas, paraxes tan importantes e históricos como son entre outros, o Pazo de Bustelo ou dos Cabaleiros, San Martiño da Carreira, con ermida en honor a este Santo e logo xa case ao final do seu percorrido, o Convento de Valdeflores".
Ermida de san Martiño da Carreira Foto: PeS
Algúns camiñantes seguen a nos enviar fotos que tiraron nesta Rota dos Muíños do Fontecova. Aquí volas deixamos. Grazas pola súa colaboración.
Aquí vos deixamos algunhas das moitas fotografías que fixo Mariano Quintela da camiñada pola beira do Fontecova.
Fotos: Mariano Quintela
Aproveitando estas Camiñadas polas Terras de Viveiro o noso colectivo quer facer varias reivindicacións:
Aí vai a primeira:
É hora xa de recuperar algún dos muiños do Fontecova. Podería rehabilitarse para funcionar como aula de interpretación da Natureza.
Fotos: Mariano Quintela
Segunda reclamación:
Que se limpe o camiño de acceso á Capela da Sarna.
Foto: PeS
E unha pregunta:
E si no canto de enterrar tantos cartiños no mar, os de Costas recuperasen este muiño e desfixesen tal falcatruada?
Foto: PeS
Cando no mes de xuño rematemos as "Camiñadas...", faremos chegar a quen corresponda as reivindicacións que decidamos entre todas as persoas que estamos a participar nestas actividades.
Que vos parece?
Hoxe o agasallo vén da man do fotógrafo Paco López.:"A fervenza de Xunqueira". Publicámola para vos animar a participar neste primeiro roteiro das "Camiñadas polas Terras de Viveiro". Sairemos o domingo 24 de abril, ás 10 da mañá, desde a esplanada de Verxeis. Faremos o primeiro tramo do paseo fluvial até o muiño das Aceas, unha breve paradiña no Mosteiro de Valdeflores e xa seguiremos pola beira do Fontecova até a capela da Sarna.
A volta será por Magazos, onde arredor das 14 horas xuntaranse--as persoas que se anoten--para dar conta duns petiscos...
Para se inscribir: neste nº 616 09 45 52 ou no noso correo: pensamentoesementeira@gmail.com
O noso colectivo abre o domingo 24 de
abril o programa “Camiñadas polas terras
de Viveiro” coa rota dos muiños do Fontecova.
A xornada dará comezo ás
10 da mañá na esplanada de Verxeis. As persoas participantes farán o primeiro
tramo do paseo fluvial do río Landro. A primeira parada será no muiño das Aceas
para deseguido continuar até o Convento de Valdeflores. A rota dos muiños seguindo o
regato Fontecova chegará até a capela da Sarna. A volta será por Fontecova até
a Ruanova, en Magazos, onde os
camiñantes repoñerán forzas cuns petiscos.
Para participar nesta
actividade, que terá un percorrido aproximado de 9 quilómetros, hai que se
anotar chamando ao 616 09 45 52, antes do venres 22.
O colectivo viveirés ten programado
catro camiñadas máis: “De Valcarría ao Pozo da Ferida”, “Subida ao monte
Castelo”, “Suegos e Punta Socastro” e o Roteiro “Polas Covas de Covas “( A de
San Xoán vello e a da Doncela ).
O domingo 24 de abril damos comezo ás "Camiñadas polas terras de
Viveiro". Faremos o roteiro dos Muiños do río Fontecova saíndo desde
Verxeis . Pasaremos polo muiño das Aceas, Convento de Valdeflores,
Capela da Sarna...e faremos unha paradiña en Magazos con algunha
sorpresa. Atención ao programa!
O noso Colectivo está
a organizar un recital con poemas de Manuel María Fernández
Teixeiro, escritor ao que este ano se lle dedica o día das Letras. O acto, de formato
semellante ao realizado hai dous anos con poemas de Rosalía de Castro, contará
coa participación dunha ducia de persoas:
- X. M. Vázquez “Leman”, empresario da Hostelaría,
- Suso Fernández,
concelleiro de Facenda,
-Alba Fernández Jimenez, do colectivo ASPANANE,
- Andrés Díaz,
práctico de Porto en Celeiro,
-Patricia Álvarez, panadeira,
- Moncho Bermúdez,
músico,
- Flor Chao do colectivo Fraga das Saímas,
-Teresa Penabad, presidenta da
Coral ALBORADA,
- Adrián Ben, atleta,
- Xoel Eijo, estudante,
- Margaret Licklider,
lectora de inglés
- e Cristina L. Felipe, xornalista.
No recital que será de
entrada libre até completar o aforo do salón do Conservatorio Profesional de
Música de Música proxectaranse tamén vídeos e o acto pecharase coa actuación musical
dun Coro que estreará unha peza musicada do poeta da Terra Cha.
Pois non, non lles puxeron o santo... mais a xentiña ficou "santificada" con esta camiñada pola contorna de Santo Estevo.
Fermosa paraxe, xantar con sorpresa na sobremesa e traxecto de volta con canciós e moito humor. Agradecementos :
A Ramón, que fixo de guía;
a Marqués, pola sobremesa queimada;
a Luisa polo humor co que nos agasallou no autobús ,na viaxe de volta;
a todas as persoas que participaron na camiñada.
E a seguir. Axiña daremos conta dunha nova programación de Camiñadas.
( Se queredes ver as fotografías de Pedro Michelena, o enlace é este:
-9 horas: saída desde a O. de Turismo de Viveiro, en autobús. (Servizo gratuíto)
-10 horas: Barreiros. Comezo da camiñata. ( 9 quilómetros)
Guiada por membros da A. Cultural Irmandade Santo Estevo
-14.30 horas: Xantar en Barreiros ( 10 euros ) ( Hai que se anotar previamente )
-18 horas: Regreso a Viveiro
Temos aberta a inscrición para a actividade que inicia a nosa programación de Primavera o domingo 3 de abril.
Trátase dunha Camiñada pola contorna de Santo Estevo do Ermo que vai estar guiada por membros da Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo.
Para nos desprazar até a localidade de Barreiros teremos un autobús de 50 prazas, gratuíto.
Tamén se poderá participar nun xantar colectivo, en Barreiros, que vai ter un custe de 10 euros.
O número de teléfono para as inscricións é o do Colectivo: 616 094 552.
Pode pasar como na última "Camiñada...". Houbo xente que ficou sen praza no autobús.É por iso polo que, se tendes pensado participar, antotádevos canto antes.
Así é. Nunha fervenza e en Santo Estevo do Ermo (Barreiros) abrimos este ano a Programación PRIMAVERA 16.
Á excursión, aberta e
gratuita, será o domingo 3 de abril. Un autobús, que sairá desde a oficina de
turismo de Viveiro o primeiro domingo de
abril ás 9 da mañá, achegará ás persoas participantes a Barreiros. Desde esta
localidade mariñana os excursionistas percorreremos a pé e guiados por membros da
asociación cultural Irmandade Santo Estevo a fermosa paraxe da fonte de Augas
Santas e visitaremos os restos da ermida, a fervenza e a fonte de Santa Rosa.
Ao rematarmos o percorrido
a pé, que supón arredor dos 9 quilómetros, as persoas participantes poderemos
xantaren Barreiros para voltar arredor
das 6 da tarde a Viveiro.
O noso colectivo programará
ademais varias sesións de cineclube en abril; en maio o espectáculo“PENDANCA E OSO”, de Lucía Aldao e María Lado
e tamén estmos a organizar un recital cos versos de Manuel María que
protagonizarán unha ducia de veciños de Viveiro para celebrar así o día das
Letras deste ano.
O mércores 25 remata o ciclo de Cine de Humor con "Tempos Modernos".
Título orixinal: Modern Times Ano: 1936 Dirección: Charles Chaplin. Intérpretes: Charles Chaplin, Paulette Goddard,
Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley J. Sandford, Hank Mann. Duración: 87 min.
Será, no salón de actos do IES María Sarmiento, ás 20 horas.
O noso colectivo continúa coas proxeccións de cine. Este mércores 18 de novembro poderemos ver en Viveiro a segunda das películas
do Ciclo de Cine de Humor.
Trátase de “Mon oncle” ( “O meu tío” ) de J. Tati , da que o crítico M. A Palomo ten escrito:"A obra de Tati permanece como un
monumento luminoso á que poucos souberon achegarse. (...) nesta obra
inolvidábel arremete contra a sociedade de consumo e contra o mecanicismo que
afoga ao individuo. Así fai presente o absurdo da realidade cotidiana nun
prodixio de fantasía que encerra ás súas persoaxes en secuencias
deslumbrantes".
A proxección será no salón de actos do IES María Sarmiento e dará comezo ás 20 horas.
PeS PROPÓN INSTALAR UNHA ESCULTURA PARA CONMEMORAR O CENTENARIO DAS IRMANDADES DA
FALA
PENSAMENTO E SEMENTEIRA vén de lle propor á concelleira de Cultura de Viveiro, Lara
Fernández-Noriega, que reúna aos colectivos socio-culturais e veciñais para
programar entre todos a celebración durante o ano 2016 do centenario das
Irmandades da Fala.
No escrito rexistrado
hoxe no Concello polo colectivo recóllese que o vindeiro ano 2016 cúmprense os
cen da fundación das Irmandades da Fala, entidade que destacou pola defensa e o
uso do idioma galegoen todos os ámbitos
e onde os irmáns viveireses Antón e Ramón Vilar Ponte tiveron un importante
papel.
“Sendo coñecedores de que o
Concello de Viveiro vai contribuircoa programación dalgún acto arredor deste
centenario —sinala no seu escrito o colectivo— a aconmemoración non só debería reducirse á tradicional conferencia divulgativa sobre
as Irmandades e os irmáns Vilar Ponte”.
Así, PENSAMENTO E
SEMENTEIRA proponlle á Concelleira de Cultura que a celebraciónse prolongue ao longo de todo o2016 e que nas actividades que se desenvolvan se implique á totalidade
das asociacións socio-culturais e veciñais do Concello, para o que solicitan
que desde o Concello se faga unha convocatoria a todo o tecido asociativo de
Viveiro,
O noso colectivo adianta tres propostas que, de se celebrar a reunión,
presentaría para o seu debate. A primeira delas consistiría en que a
corporación municipal declarase o ano 2016 como “Ano das Irmandades da Fala”.
Tamén propoñen que as actividades de todo tipo que organicen as asociacións
durante o vindeiro ano leven como lema: “2016, ano das Irmandades da Fala”.
A última
das suxestións de PeS consiste en que se estude a instalación, ao rematar o ano
2016, dunhaesculturadedicada ás Irmandades da Fala e a Antón e
Ramón Vilar Ponte , no lugar que se considere máis adecuado, e que podería ser sufragado por suscrición popular e apoio de
entidades públicas e privadas.
mércores 11 de novembro 20 horas Salón de actos do IES María Sarmiento
Este mércores 11 de novembro dá comezo o cilo de Cine de Humor. A película que proxectaremos é "Crónicas diplomáticas". De seguido deixamosvos unha reseña publicada en "Blog de cine" por Alberto Abuín: “Crónicas diplomáticas”, un discurso maxistral
‘Crónicas diplomáticas’ (‘Quai D’Orsay’, Bertrand
Tavernier, 2013) móstranos por primera vez de forma moi clara o lado
humorístico dun autor, con todas as súas letras, que normalmente conmociona ao
espectador levándoo ao peor lado humano con xoias do calibre de ‘A
morte en directo’ (‘La mort en direct’, 1980) e ‘Hoxe comeza
todo’ (‘Ça commence aujourd'hui’, 1999) —relato sobre o ensino e
aeducación tan terrible como
necesario—, ou cantos ao jazz como a
imprescindíbel ‘Arredor da medianoite’ (‘Round Midnight’,
1986).
Films todos eles diferentes entre sí, aínda que ben visible o estilo de
Tavernier, coa cámara sempre á altura das personaxes, para coñecer as súas
miserias epoucas alegrías, e que con
‘Crónicas diplomáticas’ parece dar una vuelta de porca pasándoseao lado dacomedia más frenética, cecais como bálsamo —o mellor que existe, o único verdaderamente indestructíbel— ás hostias que nos está a dar a vida a todos os
niveiss. E ademais é unha adaptación dun
cómic. Christophe Blain
e Abel Lanzac son os autores do cómice tamemén os guionistas nol film deTavernier,
unha historia centrada no Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia, situado nun
lugar chamado Quai d’Orsay, utilizado case sempre para se
referir ao Ministerio, de aí o título
orixinal do film. Un film que basa todo o seu relato arredor da construción dun
discurso que p ministro Taillard —sensacional Thierry
Lhermitte— deberá pronunciar na sede das Nacións Unidas.
A vida con humor
Un discurso, que como moitos outros na historia do cine, supón un dos puntos
álxidos da película, neste caso, finalizando co mesmo. porén esta vez o
importante non é o discurso en sí, senón a grande cantidade de contratempos que
o ministro, axudado polo seu gabinete, no que entrou a traballar como encargado
da “linguaxe” Arthur Vlamick —un poco anódino Raphaël Personnaz—,
solventan na construción do citado discurso.
Tavernier declarou terse inspirado en clásicos da comedia como ‘Un,
dous, tres’ (‘One, Two, Three’, Billy Wilder, 1961) para a súa
película. O certo é que oritmo
frenético do film recorda sobre todo a da obra mestra de Wilder, sen chegar a
ser tan ferinte ideoloxicamente. Tavernier non se posiciona politicamente falando,
prefiere mostrar as idas e vindas dun gabinete as 24 horas do día sometido a unha
presión brutal debido a intereses internacionais.
Noutras palabras, Travernier mostra,
con sentido do humor, sen resultar nen cargante nen moralista, o desastroso
mundo que se agocha detrás da figura dun ministro, de calquer ministro de
asuntos exteriores. Cambadelas, puñaladas trapeiras, mentiras, ambición e
envexas motivan a todo a equipa do ministro, unha vida frenética á que Vlamick
debe adaptarse con igual de rapidez se non quer ser devorado no camiño. Todo
elo mentras o famoso discurso va construíndose e tomando forma a través de borranchos,
de retallos e sobre todo de subliñadoss cun rotulador amarelo específico, o
colmo da obsesión do ministro.
Inculto, mais convencido
Onde sí pon o dedo na chaga Tavernier
e o seu brillante equipa de guionistas é
no retrato case inculto do ministro e algún dos seus seguidores. Con frases tan
terríbeis como “os librosescríbense sós”,
ou “sei obonque é un libro polo subliñado que está”,
todo isto dito cunha mistura de seriedade
ehumor moi difícil de matizar —é o
milagre que obra Lhermitte—, e as contínuas citas a clásicos, sen entendelos,
transmite certo medo á hora de pensar nos nosos representantes.
Unha das cumes de ‘Crónicas diplomáticas’, e que vén ao
caso co comentado é precisamente a reunión entre o ministro e Molly Hutchinson
—a mítica Jane Birkin en o que case é un cameo—, onde a segunda fica completamente
estupefacta ante a rapidez de palabra do representante francés e a súa contínua
cita de grandes frases, misturando mesmo algunhas para construir frases sen
sentido, mais pronunciadas coa maior das conviccións.
E é aí onde a película de Tavernier se alza divertida e impiadosa —esos
portazos que fan que voen os papeis é unha metáfora sobre ls palabras perdidas o misturadas
que non ten comparanza—. A mensaxe pode ser clara, confusa, non dicir
absolutamente nada, ou ser a salvación eterna, o que verdadeiramente importa é
a convicción e elocuencia coa que é ditado o representado. Moitos creeranno, sen
saber nen entender que se ten construído a base de parvadas, mentiras ou
tópicos. Tavernier, aos seus case 73 anos, ten aínda moita corda”.
ALBERTO ABUÍN ( Blog de cine) (www.blogdecine.com)
A
primeira das actividades que o colectivo viveirés PENSAMENTO E
SEMENTEIRA realizou dentro da programación de outono resultou todo un
éxito. Máis de medio cento de camiñantes participaron na excursión polos
acantilados de Loiba o pasado domingo. A rota estivo guiada por membros
da Asociación Nordés de O Barqueiro.
Si. O 11 do 11...mais non ás 11. Será unhas horas antes, ás 20 horas deste segundo mércores de novembro.
O ciclo continuará , tamén os mércores 18 e 25, con dúas películas máis.
Seguiremos informando.